Armando Hart
Nome orixinal | (es) Armando Enrique Hart Dávalos |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 13 de xuño de 1930 A Habana, Cuba |
Morte | 26 de novembro de 2017 (87 anos) A Habana, Cuba |
Causa da morte | Insuficiencia respiratoria |
Ministro de Cultura | |
Actividade | |
Ocupación | político, escritor |
Partido político | Movemento do 26 de xullo Partido Comunista de Cuba |
Familia | |
Cónxuxe | Haydée Santamaría Cuadrado |
Fillos | Celia Hart |
Premios | |
Armando Enrique Hart Dávalos, nado na Habana o 13 de xuño de 1930 e findado na mesma cidade o 26 de novembro de 2017, foi un dirixente estudantil reformista, intelectual, avogado, revolucionario, político e educador cubano. Como dirixente do Movemento 26 de xullo participou activamente na Revolución cubana, sendo posteriormente ministro de Educación de Cuba entre 1959 e 1965 e ministro de Cultura desde 1976 a 1997.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cursou estudos universitarios na Universidade da Habana onde destacou como dirixente estudantil reformista nas primeiras mobilizacións contra a ditadura de Fulgencio Batista.
Iniciouse na vida política como membro do Partido Ortodoxo e logo pasou a formar parte do Movemento Nacional Revolucionario. En 1956 foi un dos fundadores do Movemento 26 de xullo integrando a súa primeira dirección nacional.
En 1957 foi detido pola ditadura de Fulgencio Batista e condenado a varios anos de prisión por pertencer ao Movemento 26 de xullo, que iniciara a loita armada contra Batista, pero logrou fuxirse. Pouco despois foi designado Coordinador Nacional do Movemento 26 de xullo. En xaneiro de 1958 foi detido novamente e permaneceu en prisión até o triunfo da Revolución cubana, sendo liberado polo comandante do G-2 cubano Raimundo Torres Raído.
Instalado o novo goberno baixo a presidencia de Manuel Urrutia Lleó foi designado Ministro de Educación, cargo no que pertenceu até 1965. Nesa función organizou unha Campaña Nacional de Alfabetización en 1961 que reduciu considerablemente o analfabetismo en Cuba, reducíndoo de máis dun 20% en 1958 ao 3,9% ao finalizar a mesma.
Desempeñouse como ministro de Cultura desde a constitución dese organismo en 1976 até 1997. Logo foi designado director da Oficina do Programa Martiano. Membro do Partido Comunista de Cuba desde a súa constitución en 1965, foi secretario de Organización do Comité Central, primeiro secretario do Comité Provincial do Partido na antiga provincia de Oriente e membro do Buró Político desde 1965 até 1991.
Foi así mesmo presidente da Sociedad Cultural José Martí. Faleceu na capital cubana o 26 de novembro de 2017 por mor dunha insuficiencia respiratoria.[1]
Obras
[editar | editar a fonte]- Del trabajo cultural (1970)
- Cambiar las reglas del juego (1983)
- Cultura en Revolución (1990)
- Cubanía, cultura y política (1993)
- Perfiles (1995)
- Una pelea cubana contra viejos y nuevos demonios (1995)
- Hacia una dimensión cultural del desarrollo (1996)
- Cultura para el desarrollo, el desafío del siglo XXI (2001)
- Ética, cultura y política (2001)
- La Condición Humana (2005)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fallece el intelectual y político cubano Armando Hart Dávalos". Cuba Debate (en castelán). 26 de novembro de 2017. Consultado o 16 de outubro de 2021.