Saltar ao contido

Arenaria (ave)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Arenaria

Arenaria interpres en plumaxe reprodutivo.

Arenaria melanocephala en plumaxe reprodutivo.
Arenaria melanocephala en plumaxe reprodutivo.

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Infraclase: Neoaves
Orde: Charadriiformes
Familia: Scolopacidae
Xénero: Arenaria
Brisson, 1760
Especie tipo
Tringa interpres
Linnaeus, 1758
Especies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

Arenaria é un xénero de aves da familia dos escolopácidos, integrado por só dúas especies, que son coñecidas vulgarmente co nome de virapedras.[1]

Son limícolas estreitamente relacionadas coas especies do xénero Calidris, polo que algús autores considáranas membros da tribo dos calidriinos.[2]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1760 polo zoólogo e filósofo francés Mathurin Jacques Brisson,[3][4][5] no traballo:

Brisson, M.-J.; Dwight, J.; Laetvaerennydt; Martinet, F. N.; Tucker, M. B.; Vaernewyck. (1760): Ornithologie, ou, Méthode contenant la division des oiseaux en ordres, sections, genres, especes & leurs variétés : a laquelle on a joint une description exacte de chaque espece, avec les citations des auteurs qui en ont traité, les noms quils leur ont donnés, ceux que leur ont donnés les différentes nations, & les noms vulgaires. 6: 1-543, pls: I-VI.[3]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

o nome científico Arenaria Brisson tirouno do adxectivo latino arēnārius, -a, -um, "que vive na area", derivado de arēna, -æ, "area"".[6]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuise tamén polos sinónimos:[3][4]

  • Arenarius Dumont, 1805
  • Morinella Meyer & Wolf, 1810
  • Strepsialis Hay, 1841
  • Strepsilas Illiger, 1811
  • Strepsilus Nuttall, 1834
  • Cinclus Merrem, 1804
  • Cinclus Möhring, 1758

No xénero recoñécense as seguintes dúas especies:[3][4][5]

Características

[editar | editar a fonte]
Arenaria interpres en plumaxe invernal
A. melanocephala en plumaxe invernal

Ambas as especies son limícolas de tamaño mediano. A súa lonxitude adoita estar entre os 20 e os 25 cm, cunha envergadura alar entre os 50 e os 60 cm, e unha masa corporal entre os 110 e os 130 g. Comparadas con outras limícolas, a súa constitución é rexa, e con picos curtos, lixeiramente revirados, en forma de cuña. O seu forte pescozo e os seus picos potentes e lixeiramente revirados están adaptados á súa técnica de alimentación.[7]

Son estritamente costeiros, e prefiren as praias pedregosas ás de area, e adoitan compartir espazo na praia con outras especies de limícolas, como o pilro escuro. Como o seu nome vulgar indica, estas especies viran pedras, algas e elementos similares en busca de presas, diversos invertebrados que baixo estes elementos se ocultan e que constitúen o seu principal alimento, dieta que complementan con peixes en descomposición. Ao alimentarse, poden facelo de maneira illada, en grupos pequenos, ou incluso en grandes bandadas; nesta última agrupación é a maneira en que realizan as migracións.[7]

Reprodúcense no alto Ártico, e son migratorios.[7]

Constrúen niños solitarios cerca da costa. Esconden o niño entre a vexetación. As femias poñen ovos de co verdecente con manchas apardazadas, que son chocados por ambos os proxenitores. Os ovos eclosionan despois de 22 a 24 días.[7]

O seu aspecto en voo é rechamante, con manchas brancas no dorso, ás e cola.[7]

Distribución

[editar | editar a fonte]

Habitan en praias mariñas de todo o mundo, aínda que nidifican só nas rexións árticas.[8]

Nidifican entre maio e principios de agosto en rexións árticas de Alasca, Canadá, Groenlandia, Islandia, o norte da Europa continental e Asia. No inverno migran cara ao sur en busca de climas máis adecuados, chegando até a costa pacífica de Estados Unidos, no caso de Arenaria melanocephala, e nas costas de África, Asia, Europa, Oceanía, Suramérica (até o arquipélago da Terra do Fogo). Unha parte da poboación que chega ao hemisferio sur non regresa ao norte ao chegar o outono austral, pasando todo o inverno nas mesmas praias onde invernan, e cambiando a súa plumaxe pola reprodutora, aínda que non manifestan actitudes de nidificación.

  1. Conde Teira, M. A. (1999): "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada". Chioglossa 1: 121-138. Consultada o 5 de setembro de 2022.
  2. Thomas, Gavin H.; Wills, Matthew A. & Székely, Tamás (2004): "A supertree approach to shorebird phylogeny". BMC Evolutionary Biology 4: 28. (Texto completo).
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Arenaria Brisson, 1760 no GBIF. Consultado o 5 de setembro de 2022.
  4. 4,0 4,1 4,2 Arenaria Brisson, 1760 na BioLib. Consultada o 5 de setembro de 2022.
  5. 5,0 5,1 Arenaria Brisson, 1760 no WoRMS. Consultado o 5 de setembro de 2022.
  6. Jobling, James A (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4, páxina 54.
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Svensson, Lars et al (2010): Collins Bird Guide 2nd ed. New York: HareprCollins. ISBN 978-0-0072-6814-6.
  8. Clements, J. F., T. S. Schulenberg, M. J. Iliff, B. L. Sullivan & C. L. Wood. (2011): The Clements checklist of birds of the world: Version 6.6. Consultada o 7 de setembro de 2022.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]