Saltar ao contido

Apollo 17

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Apollo 17
Insignia da misión
Insignia da misión
Datos da misión
Misión: Apollo 17
Nome dos módulos: Módulo de mando:
America
Módulo lunar:
Challenger
Rampla de lanzamento: Centro Espacial Kennedy, Florida
LC 39A
Engalaxe: 7 de decembro de 1972
05:33:00 UTC
Aluaxe: 11 de decembro de 1972
19:54:57 UTC
20° 11' 26.88" N
30° 46' 18.05" E
Taurus-Littrow
Tempo AEV lunar: 1º: 7 h 11 min 53 s
2º: 7 h 36 min 56 s
3º: 7 h 15 min 8 s
Total: 22 h 3 min 57 s
Paseo en CM: 1 h 5 min 44 s
Tempo na superficie da Lúa: 74 h 59 min 40 s
Cantidade de mostras: 110.52 kg (243.65 lb)
Amaraxe: 19 de decembro de 1972
19:24:59 UTC
17°53′S 166°7′O / -17.883, -166.117
Duración: 12 días 13 h 51 min 59 s
Número de órbitas lunares: 75
Tempo en órbitas lunares: 147 h 43 min 37.11 s
Masa: CSM 30.369 kg;
LM 16.456 kg
Foto da tripulación
E-D: Schmitt, Cernan (sentado) e Evans
E-D: Schmitt, Cernan (sentado) e Evans
Outras misións
Anterior misión Seguinte misión
Apollo 16 Proxecto de probas Apolo-Soiuz
Lanzamento do apollo XVII.

O Apollo XVII foi a última misión do programa Apolo da NASA. Enviado ó espazo o 7 de decembro de 1972 por un foguete Saturno V, desde a plataforma 39 A do complexo de Cabo Kennedy, en Florida (EUA). Coñeceuse oficialmente como AS-512 e foi o encargado de enviar os últimos astronautas á Lúa, pois as tres seguintes misións foran canceladas por recortes de presuposto. Despois do Apolo 17, as cápsulas Apolo restantes foron empregadas nos programas Skylab e Apolo-Soiuz.

A tripulación do Apollo XVII estaba composta polo comandante Eugene Cernan, o piloto do módulo lunar e xeólogo Dr. Harrison H. Schmitt, chamado Jack, e o piloto do módulo de mando Ronald E. Evans.

A denominación das naves, privilexio do comandante, foi Challenger para o módulo lunar e America para o módulo de mando.

O comandante Gene Cernan foi o último ser humano que pisou a superficie da Lúa nos Montes Taurus, xunto ao Cráter Littrow. O 19 de decembro a cápsula amarou en augas do océano Pacífico, poñendo fin á misión.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.