Apolipoproteína C
Aparencia

En bioloxía molecular, a apolipoproteína C é unha familia de catro apolipoproteínas de baixo peso molecular, denominadas C-I (ou C1), C-II (ou C2), C-III (ou C3) e C-IV (ou C4), que son compoñentes que se encontran na superficie de lipoproteínas como os quilomicrons, VLDL, e HDL. En situación de xexún, as apolipoproteínas C están principalmente asociadas coas HDL. Durante a absorción das graxas da dieta, as apoplipoproteínas C redistribúense preferentemente na superficie de lipoproteínas ricas en triglicéridos como os quilomicron e as VLDL.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |