Antoine Busnois
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1430 (Gregoriano) Béthune |
Morte | 6 de novembro de 1492 (Gregoriano) (61/62 anos) Bruxas |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Francia |
Actividade | |
Ocupación | compositor , escritor , poeta |
Xénero artístico | Música clásica e liturgical music (en) |
Movemento | Música renacentista |
Lingua | Francés medio, latín medieval e lingua neerlandesa |
Antoine Busnois, tamén coñecido como Antoine Busnoys, nado na vila francesa de Béthune arredor de 1430 e finado o 6 de novembro de 1492 en Bruxas, na rexión flamenga de Bélxica, foi un compositor e poeta de principios do Renacemento pertencente á escola borgoñoa. Aínda que tamén é salientable como compositor de música sacra (particularmente motetes), foi un dos máis nomeados compositores profanos do século XV. Foi a figura principal da escola de Borgoña tardía, logo da morte de Guillaume Dufay.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É probable que fose discípulo de Johannes Ockeghem en Tours. Cara a 1460 estaba na corte de Borgoña. Máis tarde traballou na igrexa de San Salvador de Bruxas, como director dos cantantes, cargo que exerceu ata a súa morte en 1492.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]A súa produción máis importante é de cancións profanas: máis de sesenta que se conservan nun manuscrito proveniente da corte de Borgoña, probablemente copiado por el mesmo. A maioría ten textos en francés, son a tres voces e utilizan estruturas fixas, sobre todo a de rondó (a metade delas).
No tocante á música relixiosa, consérvanse misas, un credo, himnos, un magnificat e un motete. As misas utilizan a técnica do cantus firmus, e unha delas baséase na soada fanfarra L'homme armé.[3]
Misas[editar | editar a fonte]
De atribución dubidosa[editar | editar a fonte]
Motetes e magnificats[editar | editar a fonte]
De atribución dubidosa[editar | editar a fonte]
Música profana[editar | editar a fonte]
|
Obras de atribución conflitiva[editar | editar a fonte]
|
Discografía
[editar | editar a fonte]- 2004. Busnois: Missa O crux lignum, Motets, Chansons. Orlando Consort (Harmonia Mundi)
- 2008. Busnois, L'Homme armé. Cantica Symphonia, Giuseppe Maletto (Glossa)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Higgins, Paula. "Antoine Busnuys". En Grove Music Online Arquivado 11 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine.. Ed. L. Macy.
- ↑ Gleason, Harold et al. Music in the Middle Ages and Renaissance. Alfred Music, 1988. Páxina 99.
- ↑ Taruskin, Richard. «Antoine Busnoys and the "L'Homme armé" Tradition». JAMS, 39 (2):255–293, 1986.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Higgins, Paula. "Antoine Busnoys". Grove Music Online. Ed. L. Macy.
- Higgins, Paula. Antoine Busnoys: Method, Meaning, and Context in Latexa Medieval Music. Oxford University Press, 1999.
- Taruskin, Richard. "Antoine Busnoys and the L'Homme armé Tradition". En JAMS, 39 (2):255–293, 1986.
- Atlas, Allan W. (ed.): Renaissance music. W. W. Norton, 1998. La música del Renacimiento. Akal, 2002.
- Atlas, Allan W. (ed.): Antología de la música del Renacimiento. Akal, 2002.
- Gallico, Claudio: Historia de la música, 4. La época del humanismo y del Renacimiento. Turner, 1986.
- Gleason, Harold et al. Music in the Middle Ages and Renaissance. Alfred Music, 1988.
- Reese, Gustave. Music in the Renaissance. W. W. Norton, 1954. La música en el Renacimiento. Alianza, 1995 [1988].