Antigo cemiterio xudeu de Praga
O antigo cemiterio xudeu de Praga (en checo: Starý židovský hřbitov) atópase no barrio xudeu de Praga (na República Checa), o Josefov. Foi empregado dende o século XV (a súa tumba máis antiga, a de Avigdor Kara, que data de antes de 1439) até o ano 1787.
O seu antecesor foi outro cemiterio chamado «O xardín xudeu», situado no Barrio novo de Praga e atopado recentemente grazas a diversas escavacións arqueolóxicas.
O número de tumbas de xente enterrada é incerto, porque hai varias capas de tumbas. En calquera caso, estimouse que hai aproximadamente 12 000 tumbas aparentemente visibles, nas cales descansan máis de 100 000 xudeus.[1]
Algunhas das persoas máis famosas enterradas no cemiterio son Mordecai Maisel (1601), Rabbi Judah Loew (1609), David Gans (1613) e David Oppenheim (1736).
Historia
[editar | editar a fonte]Non está claro cando foi fundado exactamente o cemiterio. Isto foi tema de discusión de moitos expertos. Algúns deles aseguran que o cemiterio data do século V. Outros en cambio dátano na primeira metade do século XV, xa que a tumba máis antiga pertence ó rabino e poeta Avigdor Kara (1439) e atribúen a súa fundación ao rei Otakar II de Bohemia.
De acordo coa Halajá, os xudeus non deben destruír tumbas xudías, e tampouco se lles permite transportar unha tumba a outro lugar. Isto significa que cando o cemiterio quedou sen espazo e conseguir terra extra era imposible, máis capas de terra emprazáronse sobre as tumbas existentes, de maneira que as tumbas vellas quedaban desprazadas e enterradas baixo as novas capas de terra. Isto explica porqué as tumbas do cemiterio están emprazadas tan preto as unhas das outras. Ó final, o cemiterio acumulou máis de doce capas de terra.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antigo cemiterio xudeu de Praga |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- PAŘÍK, Arno a Vlastimila HAMÁČKOVÁ, Pražské židovské hřbitovy = Prague Jewish Cemeteries = Prager jüdische Friedhöfe, Praha: Židovské muzeum v Praze, 2008.