Saltar ao contido

Anne DeMarinis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAnne DeMarinis
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsica, guitarrista Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoRock alternativo Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra Editar o valor en Wikidata

Anne DeMarinis é unha artista e músico. Foi membro da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth durante un breve período de tempo no ano 1981 facendo labores de teclista. Tamén achegou voces, xunto con Kim Gordon e Thurston Moore, en tres temas no seu único concerto que fixo coa banda, o día 18 de xuño de 1981. Os temas levaban por nome "Noisefest #1", "Noisefest #2" e "Noisefest #3". Tamén tocou a guitarra no concerto na canción "Noisefest #4". Deixou o grupo antes de que o EP de estrea da banda fose gravado.