Anna Gabriel
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ca) Anna Gabriel i Sabaté 13 de setembro de 1975 (49 anos) Sallent, España |
Deputada do Parlamento de Cataluña | |
26 de outubro de 2015 – 28 de outubro de 2017 (disolución do parlamento) Lexislatura: XI Lexislatura do Parlamento de Cataluña Circunscrición electoral: Barcelona Electa en: Eleccións ao Parlamento de Cataluña 2015 | |
Concelleira de Sallent | |
2003 – 2011 | |
Datos persoais | |
Residencia | Xenebra (2018–) |
Educación | Universidade Autónoma de Barcelona |
Actividade | |
Lugar de traballo | Barcelona |
Ocupación | política, profesora de dereito público, educadora social |
Empregador | Universidade Autónoma de Barcelona |
Partido político | Candidatura d'Unitat Popular (2002–) |
Membro de | |
Participou en | |
2021 | Stop JJOO 2030 |
marzo de 2019 | Manifesto por un novo internacionalismo dos pobos en Europa |
Familia | |
Nai | Maribel Sabaté Sánchez |
Anna Gabriel i Sabaté, nada en Sallent en 1975, é unha educadora social, mestra de dereito e política catalá. É deputada no Parlamento de Cataluña pola CUP dende setembro do 2015.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Sallent, un concello obreiro con importante tradición anarquista e pertence a unha familia mineira comprometida coa loita social. O seu pai emigrou dende Minas de Riotinto e chegou a Sallent para traballar na mina e súa nai, nada en Sallent, provén dunha familia mineira de Murcia e militou no PSUC. O seu avó era da CNT, o mesmo que o seu bisavó.[1]
Diplomouse en educación social e despois licenciouse en dereito e realizou un máster en dereitos sociolaborais na Universidade Autónoma de Barcelona. É mestra da Facultade de Dereito da Universidade Autónoma de Barcelona e foi técnica da Dirección Xeral de Atención á Infancia da Generalitat de Cataluña e dos concellos de Manresa e Gironella.
Comezou a militancia política ós 16 anos no eido local, na Plataforma Antifeixista e o Agrupament Roques Albes. Despois de estudar educación social, traballou en diferentes concellos e entidades como educadora da rúa e participou na fundación da Coordinadora d'Associacions per la Llengua Catalana.[2] Está afiliada á Confederación Xeral de Traballo e é membro de Endavant e do colectivo Terra i Llibertat. Milita dende 2002 na CUP, onde defende o feminismo como un dos alicerces fundamentais da formación, aposta por plans de igualdade nos concellos, ademais dun plan de choque contra o feminicidio[3] e para a paridade.[4]
Foi portavoz da campaña Independència per canviar-ho tot e rexedora do concello de Sallent entre os anos 2003 e 2011. Presentouse coa CUP ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2004 como número tres. Durante a lexislatura 2012-2015 traballou como coordinadora do grupo parlamentario da CUP.[5] Nas Eleccións ao Parlamento de Cataluña 2015, foi candidata da CUP - Crida Constituent despois de ser escollida en primarias e escollida deputada por Barcelona.
Traslado a Suíza
[editar | editar a fonte]En febreiro de 2018 foi chamada a declarar polo Tribunal Supremo de España en referencia ó referendo de independencia de 2017.[6] A ex-deputada trasladouse despois a Suíza asegurando que non iría ó Tribunal Supremo porque segundo ela en España non tería un xuízo xusto.[7] Un representante da Oficina Federal de Xustiza de Suíza dixo que Suíza non colaboraría en caso de orde de extradición.[8]
En xullo de 2022 fíxose público que Anna Gabriel compareceu voluntariamente ante o Tribunal Supremo de España para regularizar a súa situación procesual.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ VilaWeb, ed. (22 de outubro de 2012). "Anna Gabriel Sabaté (Sallent): ?Som una prova pilot, un laboratori: la fórmula CUP s?està inventant?". Cop de CUP. Viatge a l'ànima i a les arrels de les Candidatures d'Unitat Popular. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2015. Consultado o 27 de setembro de 2015.
- ↑ González Liste, Ana (31 de xullo de 2015). "Baños : “La CUP sí pactará para romper con el Estado”". El País (Barcelona: Grupo PRISA). Consultado o 29 de setembro de 2015.
- ↑ La Haine, ed. (25 de setembro de 2015). "Entrevista a Isabel Vallet y Anna Gabriel". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2015. Consultado o 4 de outubro de 2015.
- ↑ Regió 7 (ed.). "La CUP tria la sallentina Anna Gabriel de número dos per a "l´etapa clau" que obre el 27-S". Consultado o 31 de xullo de 2015.
- ↑ "Los diez diputados electos". La Vanguardia: 21. 4/10/2015.
- ↑ "La CUP mantiene la incógnita sobre si Gabriel declarará en el Supremo". El Periódico (en castelán). 19 de febreiro de 2018.
- ↑ "Anna Gabriel no irá a declarar ante el Supremo y se plantea pedir asilo político en Suiza". La Vanguardia.
- ↑ "Spain: Judge orders arrest of separatist if she returns". ABC news. 21 de febreiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2018. Consultado o 21 de febreiro de 2018.
- ↑ "Anna Gabriel compareix davant Pablo Llarena al Tribunal Suprem espanyol". VilaWeb (en catalán). Consultado o 2022-07-20.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anna Gabriel |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- “La independència només és possible sense CiU” Entrevista a Anna Gabriel 2015
- Entrevista a Vilaweb. 29 de outubro de 2015
- Anna Gabriel: "Municipalisme: propostes per a la ruptura". Arquivado 16 de outubro de 2019 en Wayback Machine. Capítulo do libro Perspectives II. 2014.