Saltar ao contido

Andrew Bogut

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAndrew Bogut

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de novembro de 1984 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Melbourne, Australia Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustralia Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Utah
St John's Regional College (en) Traducir
Dandenong High School (en) Traducir
UC Senior Secondary College Lake Ginninderra (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura213 cm Editar o valor en Wikidata
Peso118 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2005 Editar o valor en Wikidata -
LinguaLingua inglesa e lingua croata Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNational Basketball Association e Baloncesto masculino da División I da NCAA Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoPivote Editar o valor en Wikidata
Convocado porMilwaukee Bucks Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Seleção Australiana de Basquetebol Masculino (pt) Traducir
2003-2005 Utah Utes men's basketball (en) Traducir
2005-2012 Milwaukee Bucks
2012-2016 Golden State Warriors
2016-2017 Dallas Mavericks
2017-2017 Cleveland Cavaliers Editar o valor en Wikidata
Participou en
2019Campionato do Mundo de Baloncesto de 2019
16 de outubro de 2018Tempada 2018-19 da NBA
2016Xogos Olímpicos de 2016
2015Campeonato Oceânico de Basquetebol de 2015 (pt) Traducir
2008Xogos Olímpicos de 2008
2006Campionato mundial de baloncesto de 2006
2004Xogos Olímpicos de 2004 Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webandrewbogut.net Editar o valor en Wikidata
Twitter: andrewbogut Instagram: andrewbogut Editar o valor en Wikidata

Andrew Michael Bogut, nado o 28 de novembro de 1984 en Melbourne, Victoria, é un xogador de baloncesto australiano que na actualidade xoga nos Sydney Kings da National Basketball League australiana. É fillo de croatas emigrantes a Australia. Mide 2,13 metros e xoga de pivote.

Os seus comezos en Australia

[editar | editar a fonte]

Con 15 anos de idade, foi cortado da selección júnior do Estado de Victoria, e esa amarga experiencia fíxolle tentar mellorar. Asistiu ao "Instituto Australiano de Deportes", un centro de alto rendemento para deportistas novos do seu país, e no seu último ano alí fixo 29 puntos e 14,5 rebotes, sendo convocado pola súa selección para disputar o Campionato do Mundo Júnior de 2003, onde conseguiron a medalla de ouro, sendo nomeado mellor xogador do torneo.

Universidade

[editar | editar a fonte]

Xa en Estados Unidos, acudiu á Universidade de Utah, onde na tempada do seu debut, 2003-2004, fixo case un dobre-dobre, acabando con 12,5 puntos e 9,9 rebotes por partido. Foi nomeado novato do ano da súa conferencia, a Mountain West Conference. Ese verán acudiu coa selección australiana aos Xogos Olímpicos de Atenas 2004, onde fixo 14,8 puntos, 8,8 rebotes e 1,2 tapóns.

Despois dunha sólida aínda que pouco espectacular tempada de novato, no seu segundo ano despuntou: fixo 20,4 puntos, 12,2 rebotes (2º na División I da NCAA), 2,3 asistencias, e 1,8 tapóns, anotando un 62% de tiros de campo (8º na División I). Tamén liderou a liga en dobres-dobres, con 26. Ao acabar a tempada fóronlle concedidos diversos premios, entre eles o Naismith College Player of the Year e o John R. Wooden Award, sendo o primeiro xogador non norteamericano en conseguir ambos os trofeos.

Non foi ningunha sorpresa que Bogut fixésese co número 1 do Draft da NBA de 2005, sendo elixido por Milwaukee Bucks. O seu primeiro ano entre os profesionais non foi fácil, aínda que acabou facendo 9,4 puntos e 7 rebotes por partido, que lle fixeron ser elixido no mellor quinteto de rookies do ano. Na súa segunda tempada consolidouse no seu xogo, subindo os seus números até os 12,3 puntos e 8,8 rebotes por partido. Na tempada 2007-08 as estatísticas melloraron até os 14.3 puntos, 9,8 rebotes, 1,7 tapóns, 0,8 roubos e 34,9 minutos por encontro. O seu punto negro desta tempada foi un xesto obsceno que dedicou a un espectador en casa dos Toronto Raptors, o cal lle custou unha sanción de 25.000 dólares. O 3 de abril de 2010, durante un encontro contra os Phoenix Suns en Milwaukee, Bogut sufriu un importante dano ao facerse unha luxación no cóbado dereito, rotura da man dereita e unha escordadura do pulso despois de caer ao chan logo dun mate.[1] Durante esta tempada 2009-2010 Bogut despuntara facendo 15,9 puntos , 10,3 rebotes e 2,6 tapóns por partido.

O 13 de marzo de 2012, foi traspasado aos Golden State Warriors xunto a Stephen Jackson a cambio de Monta Ellis, Kwame Brown e Ekpe Udoh.[2]

  1. Bucks lose Bogut for the season
  2. "Warriors trade Ellis, Brown to Bucks for Bogut, Jackson". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2012. Consultado o 14 de marzo de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]