Andrés Palop
Nome orixinal | (es) Andrés Palop Cervera | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 22 de outubro de 1973 (51 anos) L'Alcúdia, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Outros nomes | La pantera de l'Alcúdia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 184 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 77 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1995 - 2014 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 2008 | Eurocopa de Fútbol Austria/Suíza 2008 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Sitio web | andrespalop.com | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Andrés Palop Cervera, nado en L'Alcúdia (Valencia) o 22 de outubro de 1973, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de porteiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formado na canteira do Valencia CF, a tempada 1997/98 foi cedido ao Villarreal CF, que por entón xogaba na Segunda División Española. Co submarino amarelo fixo historia, ao lograr esa tempada o ascenso a Primeira división, por primeira vez na súa historia. Na máxima categoría Palop seguiu defendendo a portería do Villarreal con notables actuacións. Ao termo da tempada e consumado o descenso vilarrealense, o Valencia CF decidiu fichalo de novo.
En Valencia permaneceu seis tempadas nas que o club cultivou múltiples éxitos (dúas ligas, unha Copa da UEFA, unha Supercopa de Europa e dous subcampionatos da Liga de Campións da UEFA). Con todo, Palop sempre estivo á sombra de Santiago Cañizares, e en seis anos só foi aliñado en 43 partidos de liga.
O verán de 2005 abandonou Valencia para incorporar ao Sevilla FC, onde axiña se converteu nun dos alicerces do equipo. Na súa primeira tempada conquistou a Copa da UEFA, o primeiro trofeo europeo na historia do club. O título reeditouse a seguinte tempada e Palop xogou un papel destacado. O 15 de marzo de 2007, Palop converteuse no heroe da xornada para o seu equipo, xa que este perdía 2-1 co Shakhtar Donetsk de Ucraína nos oitavos de final da Copa da UEFA e no tempo de desconto fixo o gol do empate rematando de cabeza un saque de esquina.[1] Na final, xogada o 16 de maio de 2007 contra o RCD Espanyol, Palop converteuse unha vez máis no heroe do seu equipo ao parar tres lanzamentos durante a quenda de penaltis, na que o Sevilla FC se impuxo 3 penaltis a 1 tras concluír o tempo regulamentario co resultado de 1-1 e a prórroga con 2-2. Nese partido foi designado MVP do mesmo.[2]
A tempada 2006/07 tamén conquistou a Supercopa de Europa e a Copa do Rei, ademais de terminar a liga en terceira posición, logo de pelexar durante toda a tempada polo título.
O día 19 de maio de 2010 logrou unha nova Copa do Rei co Sevilla FC tras imporse ao Atlético de Madrid no Camp Nou de Barcelona por 0-2. Como homenaxe a Antonio Puerta, decidiu pór a camiseta co número 16 para recoller a copa de mans do Príncipe Felipe.
En xuño de 2013 fichou polo Bayer Leverkusen por unha tempada.
Selección nacional
[editar | editar a fonte]O 20 de agosto de 2007 foi convocado por primeira vez pola Selección de fútbol de España como recambio de urxencia do lesionado Iker Casillas, con vistas a un partido amigable contra Grecia,[3] aínda que non chegou a debutar.
Posteriormente foi incluído no combinado español que participou na Eurocopa 2008.[4] Tras a vitoria na final, Palop vestiu a camiseta de Luís Miguel Arconada para recibir o trofeo, como homenaxe ao ex porteiro internacional cuxo fallo na final da Eurocopa 1984 supuxo a derrota española ante Francia,[5] un xesto que emocionou a Arconada.[6] Curiosamente, é campión de Europa coa Selección Española sen debutar, polo que non conta como internacional.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Campionatos nacionais
[editar | editar a fonte]Copas internacionais
[editar | editar a fonte]Distincións individuais
[editar | editar a fonte]Título | Equipo (*) | País | Ano |
---|---|---|---|
Mellor xogador da final da Copa da UEFA | Sevilla FC | España | 2007 |
Trofeo Arconada | Sevilla FC | España | 2009 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O porteiro Palop forza a prórroga cun gol de cabeza e o Sevilla entra en cuartos". Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2008. Consultado o 08 de xullo de 2010.
- ↑ "Palmarés".
Andrés Palop, MVP da Final da Copa da UEFA 2007, distinción outorgada pola UEFA.
[Ligazón morta] - ↑ Casillas non viaxará a Grecia e Luís chama a Palop
- ↑ "Palop: "Las especulaciones, cumplidas"".
- ↑ Diario Marca. "Palop: "Arconada se merecía este homenaje"". Consultado o 3 de xullo de 2008.
- ↑ Mundo Deportivo. "Arconada alucinou co xesto de Palop". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2008. Consultado o 16 de xullo de 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1973
- Nados na provincia de Valencia
- Futbolistas da Comunidade Valenciana
- Gardametas de fútbol
- Xogadores do Valencia CF Mestalla
- Xogadores do Villarreal CF
- Xogadores do Valencia CF
- Xogadores do Sevilla FC
- Xogadores do Bayer Leverkusen
- Futbolistas gañadores da Eurocopa
- Adestradores de fútbol de España
- Adestradores do CD Alcoyano