Alytes
Sapos parteiros | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Alytes obstetricans | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
Alytes cisternasii Boscá, 1879. |
Alytes é un xénero de anfibios da familia Alytidae (antes Discoglossidae), xeralmente chamados sapos parteiros, que se encontran na maior parte de Europa e noroeste de África.[1] As características destas ras similares a sapos é o seu coidado parental ás crías; os machos portan unha cadea de ovos fertilizados no seu dorso. A femia expele a cadea de ovos, que o macho fertiliza externamente. Despois, o macho enróscaa arredor das súas patas para protexelos dos predadores acuáticos. Cando están listos para facer eclosión, o macho vai a augas pouco profundas, onde libera os cágados que saltan dos seus ovos á auga. Existen cinco especies de Alytes no oeste de Europae, norte de África e na illa de Mallorca. En Galicia vive a especie Alytes obstetricans.
Poden atoparse nas neves dos Pireneos, vivindo a altitudes de 1500–1800 m en áreas como o macizo de Néouvielle. A diferenza da lingua delgada que teñen moitos anfibios, estes sapos teñen unha lingua redonda e aplanada; o nome da familia na que estaban incluídos previamente, Discoglossidae, significa "lingua redonda". En partes de Francia, estes animais viven en dunas de area preto do mar. Comparten o seu hábitat con Epidalea calamita (sapo corriqueiro).
Descrición
[editar | editar a fonte]Existen cinco especies de sapos parteiros en Europa occidental, norte de África e Mallorca. Son animais tímidos e nocturnos que manifestan a súa presenza pola chamada repenicante que fan. Durante o día agóchanse baixo pedras e troncos ou en túneles, a miúdo en solos secos e areosos, os cales son máis fáciles de escavar usando as patas anteriores e fociños. Saen ao luscofusco para buscar comida, pero sempre volve aos mesmos sitios onde se agochan antes do amencer. Durante o inverno, hibernan nun burato ou tobo que fose abandonado por un animal pequeno.
Alimentación
[editar | editar a fonte]Saen arredor da área preto do lugar onde se agochan de noite para procurar alimento. Usan o extremo da súa longa e pegañenta lingua para capturar as súas presas, entre as que están escaravellos, grilos, moscas, eirugas, cempés, formigas e milpés. Aliméntanse tamén de materia vexetal. Mastigan cos seus dentes diminutos e córneos. Os sapos novos comen as mesmas presas pero de menor tamaño que os adultos.
Defensas
[editar | editar a fonte]O dorso do sapo está cuberto de pequena verrugas, as cales soltan un veleno cheirento cando o sapo é manipulado ou atacado. O veleno é tan poderoso que o sapo ten poucos inimigos ou predadores. O veleno tamén axuda a manter a cadea de ovos que están sobre as costas do macho seguros ante ataques. Con todo, o propio sapo non ten veleno polo que poder caer presa de peixes e insectos.
Adaptacións en Mallorca
[editar | editar a fonte]En Mallorca a especie Alytes muletensis está adaptada a condicións climáticas duras e secas. Só se atopa en canóns profundos das montañas do norte da illa. Ten un corpo aplanado, que lle permite meterse en gretas estreitas entre as rochas do seu hábitat. A única humidade dispoñible son pequenas pozas cheas de auga da chuvia en saíntes rochosos. Nacen e desenvólvense nesas pozas.
Filoxenia
[editar | editar a fonte]En 2004 Martínez-Solano e colaboradores propuxeron a seguinte filoxenia para este xénero[2]
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Especies
[editar | editar a fonte]Imaxe | Nome binomial e autor | Nome común | Distribución |
---|---|---|---|
Alytes cisternasii (Boscá, 1879) | Portugal e oeste de España | ||
Alytes dickhilleni (Arntzen & García Paris, 1995) | Sueste de España | ||
Alytes maurus (Pasteur & Bons, 1962) | Marrocos | ||
Alytes muletensis (Sanchiz & Adrover, 1979) | Illa de Mallorca | ||
Alytes obstetricans (Laurenti, 1768) | Sapo parteiro común ou sapiño comadrón | Bélxica, Francia, Alemaña, Luxemburgo, Países Baixos, Portugal, España (incluída Galicia), Suíza e o Reino Unido |
En laboratorios
[editar | editar a fonte]A apoptose (un tipo de morte celular programada) foi observada por primeira vez en cágados de Alytes en 1842 por Carl Vogt.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Frost, D.R. «Alytes»]. Amphibian Species of the World: an Online Reference. Version 6.2. (en inglés). Nova York, EEUU: Museo Americano de Historia Natural. Consultado o 14 de abril de 2015.
- ↑ I. Martinez-Solano, H. A. Goncalves, J. W. Arntzen, M. Garcia-Paris: Phylogentic relationships and biogeography of midwife toads (Discoglossidae: Alytes). En: Journal of Biogeography. Nr. 31, 2004, S. 603-618.
- Carl Vogt: Untersuchungen über die Entwicklungsgeschichte der Geburtshelferkröte. (Alytes obstetricians), Solothurn: Jent und Gassman, (1842), p. 130.
- Arthur Koestler, The Case of the Midwife Toad, Londres: Hutchinson, 1971.