Alisma plantago-aquatica
Alisma plantago-aquatica | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
A Alisma plantago-aquatica é unha especie de planta acuática pertencente á familia da alismatáceas.
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha planta herbácea perenne que alcanza 10-100 cm de lonxitude cunha raíz fibrosa e bulbosa con varias follas basais de 15-30 cm de lonxitude formando unha roseta, estas son oblongas ou lanceoladas, subcordadas na base con peciolos longos e acanalados parecidos aos do xénero Plantago. O talo floral é triangular e alcanza un metro de altura, xorden directamente da raíz e terminan nunha inflorescencia con pequenas e numerosas flores brancas ou rosadas que se dispoñen nunha panícula piramidal laxa, formando aneis ou feixes ao redor do talo. A corola ten tres pétalos e o cáliz tres sépalos. O froito é un aquenio cunha semente.
Distribución
[editar | editar a fonte]É nativa do Hemisferio Norte, en Europa, Asia e Norteamérica.
Hábitat
[editar | editar a fonte]Medra en lugares húmidos e pantanosos, beiras dos ríos, pozas e encoros.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A palabra alisma dise provén do celta e significa "auga", en referencia ao seu hábitat onde crece. Os primeiros botánicos nomeárona plantago pola semellanza das súas follas.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Alisma plantago-aquatica foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 1: 342. 1753.[2]
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ https://www.gbif.org/species/2865101
- ↑ "Alisma plantago-aquatica". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 3 de novembro de 2012.
- ↑ Sinónimos en Tela Botánica
- ↑ "Alisma plantago-aquatica". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 14 de outubro de 2009.