Alfredo Kraus
Aparencia
Alfredo Kraus, nado nas Palmas de Gran Canaria o 24 de novembro de 1927 e finado en Madrid o 10 de setembro de 1999, foi un recoñecido tenor e mestre de canto, canario.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De nai española e pai austríaco, está considerado un dos grandes tenores líricos lixeiros da segunda metade do século XX. A súa interpretación máis coñecida foi a do personaxe Werther da ópera homónima de Jules Massenet.
En 1991, recibiu o Premio Príncipe de Asturias das Artes, colectivamente, con Victoria de los Ángeles, Pilar Lorengar, Teresa Berganza, Montserrat Caballé, José Carreras e Plácido Domingo.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Albert, Antonio (18 de outubro de 1991). "Premios Príncipe de Asturias". elpais.com (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
![]() |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |