Saltar ao contido

Alfonso de Portago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlfonso de Portago

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de outubro de 1928 Editar o valor en Wikidata
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte12 de maio de 1957 Editar o valor en Wikidata (28 anos)
Guidizzolo, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura183 cm Editar o valor en Wikidata
Peso70 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un, piloto de automobilismo, piloto de motociclismo, golfista Editar o valor en Wikidata
Membro de
DeporteBobsleigh
golf Editar o valor en Wikidata
Participou en
1956Xogos Olímpicos de Inverno de 1956
24 Horas de Le Mans Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeDorian Leigh (1954–)
Carroll McDaniel (1949–) Editar o valor en Wikidata
FillosAndrea Portago
 () Carroll McDaniel
Anthony de Portago
 () Carroll McDaniel
Kim de Portago
 () Dorian Leigh Editar o valor en Wikidata
PaisAntonio Cabeza de Vaca y Carvajal Editar o valor en Wikidata  e Olga Beatrice Leighton Editar o valor en Wikidata

Olympic.org: alfonso-de-portago Find a Grave: 10126980 Editar o valor en Wikidata

Alfonso Antonio Vicente Eduardo Angel Blas Francisco de Borja Cabeza de Vaca y Leighton, Marqués de Portago, máis coñecido como Alfonso de Portago, nado en Londres o 11 de outubro de 1928 e finado en Italia o 12 de maio de 1957, foi un piloto de carreiras español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Londres, foi educado en Biarritz,[1] en Francia.[2] Falaba catro idiomas. Portago era herdeiro dun dos títulos máis respectados en España[3] e era millonario.[2] Entre os seus devanceiros estaban un explorador, un gobernador de Madrid, e un heroe de guerra. O seu pai era español, Antonio Cabeza de Vaca que morreu durante o descanso nun partido de polo a temperá idade. A súa nai chamábase Olga Leighton e era irlandesa. Ela tamén tiña unha filla chamada Sol. O primeiro marido de Olga, Francis John Mackey, tiña 40 anos máis que ela. Suicidouse, porque sufría unha enfermidade terminal e deixou a Olga unha enorme fortuna feita como fundador de Household Financial.[4]

Portago medía 1,83 m de altura e pesaba 77 kg.[3] De Portago gañou unha aposta de 500 $ a idade de 17 anos cando voou co seu avión por debaixo dunha ponte. Participou dúas veces na carreira de obstaculos Grand National no hipódromo de Aintree. Como un gentleman jockey, malia que manter o seu peso ara toda unha loita.[3]

Piloto de carreiras

[editar | editar a fonte]

de Portago comezou nas carreiras de autos deportivos en 1953 logo da súa reunión co importador de Ferrari nos Estados Unidos, Luigi Chinetti, quen lle pediu que fora o seu copiloto na Carreira Panamericana.[1] Máis tarde correu el só nun modelo de Ferrari Sport propio en 1954 nos 1000 quilómetros de Bos Aires.[1] de Portago gañou seis grandes carreiras, incluíndo a carreira de automóbiles Tour de France, o Gran Premio de Oporto, e a Copa do Gobernador de Nassau (dúas veces). Entre os entusiastas dos coches deportivos, de Portago era coñecido como o home de dous coches, debido aos moitos freos queimados, embragues, transmisións, e coches esnaquizados pola do que era responsable. A miúdo necesitou varios coches para terminar unha carreira.

Participou en 5 Grandes Premios do Campionato do Mundo de Fórmula Un, debutou o 1 de xullo de 1956. O seu mellor resultado foi un segundo lugar no Gran Premio do Reino Unido de 1956 (nunha unidade compartida con Peter Collins), anotou un total de catro puntos de campionato. En 1953 competiu con Luigi Chinetti na Carreira Panamericana. Durante o Gran Premio do Reino Unido de 1955 en Silverstone, Portago saíu despedido do seu Ferrari a 140 km/h logo de perder o control sobre unha mancha de aceite. Foi hospitalizado cunha perna rota.[3]

Bobsleigh

[editar | editar a fonte]

Tamén foi corredor de bobsleigh, recrutou a varios curmáns co fin de formar o primeiro equipo de bobsleigh de España para os Xogos Olímpicos de Inverno de 1956 en Cortina d'Ampezzo.[5] Fixera só dous ou tres prácticas en Suíza antes de comprar un par de zorras. Co manexo de Portago, o bobsleigh de dous homes terminou cuarto para sorpresa dos equipos tradicionais, perdendo a medalla de bronce por 0.16 segundos.[5] Foi introducido no bobsleigh por un americano de Beloit, Wisconsin, Edmund Nelson, co quen máis tarde se asociou co fin de gañar a carreira do Tour de Francia do automóbil.

Portago tamén gañou unha medalla de bronce na zorra para dous homes no Campionato Mundial de Bobsleigh de 1957 en St. Moritz.

Memorial ás vítimas de Mille Miglia en lugar do fatal accidente de Portago, en Cavriana

Portago e o seu copiloto Edmund Nelson morreron o 12 de maio de 1957[6] nun accidente durante a Mille Miglia dese ano, nun tramo de estrada recta entre Cerlongo e Guidizzolo, no territorio comunal de Cavriana[1] aproximadamente o 70 km de Brescia, o punto de saída e meta da carreira. O accidente tamén provocou a vida de nove espectadores, entre eles cinco nenos.[1] Explotoulle un pneumático cando ía no terceiro lugar no[6][7]Ferrari 335 S trompeando contra á multitude que contemplaba a carreira. Corría a 240 km/h cando o pneumático rebentou. O 335 desprazouse ao longo da cuneta no lado esquerdo da estrada, e logo cruzou á outra cuneta, causando a morte de nove espectadores en total. Dous dos nenos mortos foron alcanzados por un fito de concreto da estrada que foi arrincado da terra polo coche de Portago e botado contra a multitude. Os corpos de Portago e Nelson quedaron gravemente desfigurados baixo o Ferrari, que estaba ao revés. O corpo de Portago estaba partido en dúas seccións.

Como T.C. Browne escribiu: "O inevitable sucedeu cando Alfonso [...] de Portago detívose xunto á bancada, correu cara á valla, bicou a Linda Christian, volveu correndo ao seu Ferrari e marchou cara ao seu destino, matandose a se mesmo, ao seu copiloto, a 10 espectadores, e a Mille Miglia".[8]

Resultado completos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 Pos. Puntos
1956 Scuderia Ferrari Ferrari D50 Ferrari V8 ARX MON 500 BEL FRA
Ret
GBR
2 †
ALE
Ret
ITA
Ret
15º 3
1957 Scuderia Ferrari Ferrari D50A Ferrari V8 ARX
5 *
MON 500 FRA GBR ALE PES ITA 20º 1
† Indican unidade compartida con Peter Collins
* Indican unidade compartida con José Froilán González
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Alfonso Antonio Vicente Eduardo Angel Blas Francisco de Borja Cabeza de Vaca y Leighton, marchese di Portago". Consultado o 4 xuño 2013. 
  2. 2,0 2,1 "Daredevil Sportsman Perishes", Los Angeles Times, maio 13, 1957, Page 1.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Marquis at the Wheel", New York Times, marzo 17, 1957, Page SM40.
  4. Leigh, Dorian (1980). The Girl Who Had Everything. p. 94. ISBN 9780385143318. 
  5. 5,0 5,1 Viva F1. "Formula One at the Olympics". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2012. Consultado o 2012-07-26. 
  6. 6,0 6,1 Forix (retrieved 24 outubro 2012)
  7. Or fourth-place, media did not make it clear at the time Forix (retrieved 24 outubro 2012)
  8. The road races, Motor Trend 100 Years of the Automobile, 1985, ISBN 0-8227-5092-9, p. 233.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Wallechinsky, David (1984). "Bobsled: Two-man". The Complete Book of the Olympics: 1896 – 1980. New York: Penguin Books. p. 558. 
  • Dolcini, Carlo. Alfonso de Portago. L'ultima corsa. Silea. ISBN 978-88-7911-532-2. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]