Saltar ao contido

Alexandre Herculano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlexandre Herculano

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de marzo de 1810 Editar o valor en Wikidata
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte13 de setembro de 1877 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Santarém, Portugal Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMosteiro dos Xerónimos Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor, historiador, poeta, político Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoRomanticismo Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Obálky knih,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX967541 Find a Grave: 168603480 Editar o valor en Wikidata

Alexandre Herculano de Carvalho e Araújo, nado en Lisboa o 28 de marzo de 1810 e finado en Vale de Lobos (Santarém) o 13 de setembro de 1877, foi un escritor romántico e historiador portugués. Escritor da xeración romántica, desenvolveu os temas da incompatibilidade do home co medio social, e afirmou a responsabilidade ética do escritor.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia de clase media, a cegueira do seu pai impídelle acudir á universidade e ten que ocupar o seu posto de funcionario. En desacordo co absolutismo monárquico participou en agosto de 1831 nunha revolta contra do absolutismo miguelista, e viuse obrigado a fuxir a Inglaterra para exiliarse en Francia, alí as lecturas de Augustin Thierry, François Guizot ou Victor Hugo marcaríano fondamente. En 1832 integrado na expedición de Pedro IV de Portugal volveu a Portugal e dirixe a biblioteca de Porto ata 1836, trasladouse a Lisboa e en 1837 asumiu a dirección do xornal Panorama e no xornal tamén publicou narracións históricas e algúns estudos.

En 1840 saíu elixido deputado polo Partido Cartista (conservador), en desacordo co golpe de estado de Costa Cabral deixou a política, accedeu ao posto de bibliotecario de Ajuda, dedicouse a estudar e escribir. En 1843 apareceu O Bobo, en 1844 publicou Eurico, o Presbítero e O Pároco da aldeia, como historiador publicou História de Portugal (1846-1850), a primeira escrita con rigor histórico, e História da Origem e Estabelecimento da Inquisição em Portugal (1853-1859).

En 1851 tralo golpe de estado da Regeneração, Herculano colaborou co novo goberno, pero o seu enfrontamento con Fernando Pereira de Melo, entón ministro de obras públicas, levouno á oposición e a concorrer ás eleccións municipais en Belém, do que saíu elixido alcalde e fundou en 1856 o Partido Progresista Histórico. En 1866 retirouse ao campo, preto de Santarém, onde morreu.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]