Aldolase
Aparencia
Unha aldolase é un encima que cataliza unha reacción aldol (na que se crea un aldol) ou a súa inversa (na que se cliva un aldol). Hai moitos encimas aldolases, pero moitas veces denomínase simplemente aldolase [1][2](sen máis especificación) ao encima da glicólise e gliconeoxénese que ten como nome completo frutosa-bisfosfato aldolase, que é a aldolase máis coñecida, e que se pode presentar en forma de tres isocimas distintos chamados aldolases A, B e C.
- Artigo principal: Frutosa-bisfosfato aldolase.
Outras aldolases
[editar | editar a fonte]Como dixemos, a aldolase por antonomasia é a frutosa-bisfosfato aldolase da glicólise, pero existen moitos outros encimas aldolase, como son os seguintes:
- 17a-hidroxiproxesterona aldolase
- 2-deshidro-3-desoxi-6-fosfogalactonato aldolase
- 2-deshidro-3-desoxi-D-pentonato aldolase
- 2-deshidro-3-desoxiglucarato aldolase
- 2-deshidro-3-desoxi-L-pentonato aldolase
- 2-deshidro-3-desoxi-fosfogluconato aldolase
- 2-deshidropantoato aldolase
- 3-desoxi-D-mano-octulosonato aldolase
- 4-(2-carboxifenil)-2-oxobut-3-enoato aldolase
- 5-deshidro-2-desoxifosfogluconato aldolase
- Benzoín aldolase
- Desoxirribosa-fosfato aldolase
- Dihidroneopterina aldolase
- Dimetilanilina-N-óxido aldolase
- Cetotetrosa-fosfato aldolase
- Lactato aldolase
- L-fuculosa-fosfato aldolase
- Fenilserina aldolase
- Ramnulosa-1-fosfato aldolase
- Esfinganina-1-fosfato aldolase
- Tagatosa-bisfosfato aldolase
- Treonina aldolase
- Trimetilamina-óxido aldolase