Alcanforeiro
Alcanforeiro | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Un alcanforeiro senlleiro e vello, cunha idade estimada de 1000 anos, no Xapón | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Cinnamomum camphora (L.) J.Presl |
O alcanforeiro[1], tamén coñecido como alcanforeira ou canforeira[2] (Cinnamomum camphora), é unha árbore da familia das lauráceas que acada dimensións de até vinte e cinco metros de altura, de copa piramidal e follas alternas, orixinaria de Extremo Oriente, da madeira do cal se obtén o alcanfor por destilación.
Os alcanforeiros do Pazo de Rubiáns en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) figuran no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]A planta procede do Extremo Oriente, sendo moi común na China, no Xapón e en Taiwán. Cultívase tamén en numerosos países de clima cálido e nas rexións costeiras do Pacífico nos Estados Unidos.
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha árbore grande que pode acadar os vinte e cinco metros de altura coas pólas febles. As folla son persistentes, alternas, pecioladas, de forma ovalada, coriáceas e acuminadas, de cor verde brillante e con tres nervios principais que presentan na súas axilas unhas pequenas glanduliñas. As flores son brancas amarelentas e aparecen en maio-xuño agrupadas en panículas corimbosas dispostas nas súas axilas. O froito é unha baga en forma de globo de cor arroibada que torna a negro cando vai chegando.
Principios activos
[editar | editar a fonte]- O aceite de alcanfor ou cánfora obtense pola destilación da súa madeira.
Propiedades
[editar | editar a fonte]- En grandes doses é narcótico e irritante, porén, en doses miúdas é sedante, antiespasmódico, diaforético, antihelmíntico e balsámico.
- En aplicación externa pode aliviar as dores de cabeza e neuralxias. (preferentemente con alcol alcanforado).
- Tamén se utiliza o alcol alcanforado para aliviar as dor de moas.
- Cómpre utilizarse baixo control médico pois a súa intoxicación produce dor gástrica e vómitos, febleza e rixidez muscular. Os paxaros son moi sensíbeis aos seus vapores e se se expoñen a eles poden finar en só 15 minutos.[3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Cinnamomum camphora foi descrita por (L.) J.Presl e publicado en O Prirozenosti rostlin, aneb rostlinar 2: 47. 1825.[4]
Cinnamomum: nome xenérico que provén do grego Kinnamon o Kinnamomon, que significa madeira doce. Este termo grego probabelmente provén do hebraico quinamom, o cal ten orixe nunha versión anterior ao termo Kayu manis, que na linguaxe de Malaisia e Indonesia tamén quere dicir madeira doce.
camphora: epíteto latino que significa "alcanfor".[5]
- Camphora camphora (L.) H.Karst.
- Camphora hahnemannii Lukman.
- Camphora hippocratei Lukman.
- Camphora japonica Garsault
- Camphora officinarum Nees
- Camphora officinarum Bauh.
- Camphora officinarum var. glaucescens A.Braun
- Camphora vera Raf.
- Camphorina camphora (L.) Farw.
- Cinnamomum camphoriferum St.-Lag.
- Cinnamomum officinarum Nees ex Steud.
- Laurus camphora L. basónimo
- Laurus camphorifera Salisb.
- Laurus gracilis G.Don
- Ocotea japonica (Garsault) Thell.
- Persea camfora Spreng.
- Persea camphora (L.) Spreng.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alcanforeiro.
- ↑ Nomes comúns galegos en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C), A Coruña, Deputación da Coruña, 2000; "Bioloxía fundamental" en Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; Diccionario galego de termos médicos, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2002; e Termos esenciais de botánica, Santiago de Compostela, 2004
- ↑ Dr.Berdonces i Serra. Gran Enciplopedia de Plantas Medicinales ISBN 84 305 8496-X
- ↑ "Alcanforeiro". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 25 de maio de 2013.
- ↑ En Epítetos Botánicos
- ↑ Alcanforeiro en PlantList
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alcanforeiro |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- AFPD. 2008. African Flowering Plants Database - Base de Donnees des Plantes a Fleurs D'Afrique.
- Berendsohn, W.G., A. K. Gruber & J. A. Monterrosa Salomón. 2009. Nova Silva Cuscatlanica. Árboles nativos e introducidos de El Salvador. Parte 1: Angiospermae - Familias A a L. Englera 29(1): 1–438.
- Flora of China Editorial Committee. 1988-2013. Flora of China (Checklist & Addendum). Unpaginated. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong (eds.) Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
- Killeen, T. J., E. García Estigarribia & S. G. Beck. (eds.) 1993. Guía Árb. Bolivia 1–958. Herbario Nacional de Bolivia & Missouri Botanical Garden, La Paz.
- Linares, J. L. 2003 [2005]. Listado comentado de los árboles nativos y cultivados en la república de El Salvador. Ceiba 44(2): 105–268.
- Molina Rosito, A. 1975. Enumeración de las plantas de Honduras. Ceiba 19(1): 1–118.
- Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.
- Werff, H. v. d. 1993. Cinnamomum (Lauraceae). 3 pp.
- Wunderlin, R. P. 1998. Guide Vasc. Pl. Florida i–x, 1–806. University Press of Florida, Gainseville.
- Zuloaga, F. O. 1997. Catálogo de las plantas vasculares de la Argentina. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 74(1–2): 1–1331.
- Flora of China Editorial Committee. 2008. Flora of China (Menispermaceae through Capparaceae). 7: 1–499. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong (eds.) Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.