Albert Bandura
Albert Bandura, nado en Mundare o 4 de decembro de 1925 e finado en Stanford, California, o 26 de xullo de 2021,[1] foi un psicólogo ucraíno-canadense de tendencia condutual-cognitiva, profesor da Universidade Stanford, recoñecido polas súas achegas á teoría da aprendizaxe social e a súa evolución ao sociocognitivismo, así como por postular a categoría de autoeficacia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ao longo da súa carreira foi responsable de grandes contribucións en campos moi diferentes da psicoloxía, incluíndo a teoría social-cognitiva, terapia e psicoloxía da personalidade. Tamén tivo unha influencia decisiva na transición entre o condutismo e a psicoloxía cognitiva. É responsable do experimento do boneco Bobo sobre o comportamento agresivo na infancia.
Recibiu o título de Doutor Honoris Causa en universidades como La Sapienza, Indiana, Leiden, Berlín ou Salamanca.[2]
Bandura foi nomeado presidente da American Psychological Association en 1974, e en 1980 da Western Psychological Association (WPA), e en 1999 presidente honorario da Asociación Psicolóxica Canadense.
Obra
[editar | editar a fonte]- Adolescent Aggression (1959, xunto con R. H. Walters). Ronald Press: Nova York.
- Social Learning through Imitation. University of Nebraska Press: Lincoln, NE.
- Principles of behavior modification (1969). Nova York: Holt, Rinehart and Winston.
- Psychological modeling: conflicting theories (1971). Chicago: Aldine·Atherton.
- Aggression: a social learning analysis (1973). Englewood Cliffs, N.J.: Prentice-Hall.
- Social Learning & Personality Development (1975). Holt, Rinehart & Winston, INC: NJ.
- Analysis of Delinquency and Aggression (1976, xunto con Emilio Ribes-Inesta). Lawrence Erlbaum Associates, INC: New Jersey
- Social Learning Theory (1977). Englewood Cliffs, NJ: Prentice Hall.
- Social Foundations of Thought and Action: A Social Cognitive Theory (1986). Englewood Cliffs, N.J.: Prentice-Hall.
- Self-efficacy: the exercise of control (1997). Nova York: W.H. Freeman.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Albert Bandura, Leading Psychologist of Aggression, Dies at 95". The New York Times. Consultado o 29 de xullo de 2021.
- ↑ "Prof. Dr. Albert Bandura (Universidad de Stanford) Dr. Honoris Causa por la Universidad de Salamanca" (en castelán). 23 de xaneiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2012. Consultado o 13 de xuño de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Psicólogos dos Estados Unidos de América
- Psicólogos do Canadá
- Pedagogos do Canadá
- Pedagogos dos Estados Unidos de América
- Nados en 1925
- Finados en 2021
- Doutores honoris causa pola Universidade Xaime I
- Doutores honoris causa pola Universidade de Otava
- Doutores honoris causa pola Universidade de Leiden
- Doutores honoris causa pola Universidade Sapienza de Roma
- Doutores honoris causa pola Universidade de Salamanca
- Profesores da Universidade Stanford