Saltar ao contido

Albawings

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Albawings
IATA
2B
OACI
AWT
Indicativo
ALBAWINGS
Fundaciónfebreiro de 2015
Inicio das operaciónssetembro de 2016
Aeroporto principalaeroporto de Tirana-Nai Tareixa
Frota2
Destinos9[1]
Páxina web: https://albawings.com

Albawings é unha aeroliña albanesa con sede en Tirana e baseada no aeroporto de Tirana-Nai Tareixa. No presente é a única aeroliña de Albania que opera voos regulares. A compañía voa dende o seu centro de conexións a varios destinos en Italia.[1]

Albawings foi fundada en febreiro de 2015 por dous empresarios, Gentian Kole e Dhimitër Tola.[2] Albawings obtivo o seu certificado de operador da Autoridade de Aviación Civil de Albania o 4 de febreiro de 2016.[3] O primeiro avión da compañía, un Boeing 737-500, foi bautizado como "Spirit of Tirana".[4]

O 11 de decembro de 2016 o seu segundo avión foi entregado por Bruce Dickinson. O avión alugado era un Boeing 737-400 propiedade de Cardiff Aviation e foi bautizado "Sir Norman Wisdom", que foi un actor moi popular en Albania durante o réxime comunista de Enver Hoxha, principalmente polo seu papel de Mr. Pitkin.[5]

Boeing 737-500

En febreiro de 2018 a frota de Albawings estaba formada polos seguintes avións:[6]

Frota de Albawings
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
C Y Total
Boeing 737-500 1 126 126
Boeing 737-400 1 170 170
Total 2
  1. 1,0 1,1 Albawings (ed.). "Our Destinations". Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2019. Consultado o 7 de xuño de 2018. 
  2. Albawings (ed.). "Our story". Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2019. Consultado o 7 de xuño de 2018. 
  3. ch-aviation (ed.). "Start-up Albawings takes delivery of first B737 aircraft". Consultado o 7 de xuño de 2018. 
  4. Italiavola (ed.). "Albawings.com, il Boeing 737/500 Spirit of Tirana". Consultado o 7 de xuño de 2018. 
  5. Wales Online (ed.). "Iron Maiden's Bruce Dickinson flies the Sir Norman Wisdom plane to Albania". Consultado o 7 de xuño de 2018. 
  6. Planespotters (ed.). "Albawings Fleet Details and History". Consultado o 7 de xuño de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]