Saltar ao contido

Alan Stacey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlan Stacey

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de agosto de 1933 Editar o valor en Wikidata
Essex, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte19 de xuño de 1960 Editar o valor en Wikidata (26 anos)
Circuíto de Spa-Francorchamps, Bélxica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un, piloto de motociclismo Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaReino Unido Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo
Motociclismo Editar o valor en Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor en Wikidata

Alan Stacey nado en Broomfield, Inglaterra o 29 de agosto de 1933 e finado en Circuíto de Spa-Francorchamps, Liexa, Bélxca, foi un piloto de carreiras británico. Comezou a súa relación con Lotus cando construíu un dos kits de MkVI ofrecidos pola compañía. Logo de correr neste coche, continuou construíndo un Eleven, participando ocasionalmente en Le Mans baixo o paraguas do equipo Lotus. Durante os anos seguintes pasou moito tempo desenvolvendo coches de Lotus de Gran Premio, especialmente o 16 con motor dianteiro e logo o 18. Participou en 7 Grandes Premios de Fórmula 1, debutou o 19 de xullo de 1958. Non logrou puntos de campionato. Tamén participou en varias carreiras fóra de campionato de Fórmula Un.

Coches deportivos

[editar | editar a fonte]

Stacey participou con P.H. Ashdown nun Lotus 1098 de c.c. nas 24 Horas de Le Mans de 1957. Terminaron 9º cunha velocidade media de 159´458 km/h. Os catro primeiros lugares foron para os equipos británicos de Jaguar Racing.[1] Stacey pilotou un Lotus-Climax á vitoria en Aintree, nunha carreira en xullo de 1959 para coches deportivos de 1400cc a dous litros. O seu tempo foi 37 minutos 39.4 segundos.[2]

Os restos do coche de Alan Stacey logo do seu accidente mortal no Gran Premio de Bélxica de 1960. Na inserción, Stacey antes da carreira.

Stacey morreu durante o Gran Premio de Bélxica de 1960, en Spa-Francorchamps, cando se estrelou a 190 km/h. logo de ser golpeado na cara por un paxaro na volta 25, mentres que se atopaba sexto no seu Lotus 18-Climax[3][4] (O mesmo tipo Lotus que Stirling Moss, Jim Clark e Innes Ireland).[5]

Stacey saíuse da estrada pola parte interior da curva de Burnenville (a mesma curva onde Moss estrelárase o día anterior),[3] subiu un noiro dun metro de alto, penetrou tres metros de setos grosos e caeu nun campo.[6] Morreu uns minutos despois que Chris Bristow,[7] que pilotaba un Cooper pertencente ao equipo de Yeoman Credit. Os dous ingleses perderon a vida a uns centos de metros, na mesma curva á dereita na que Moss accidentouse o día anterior. Moss abandonou con fractura de pernas, tres costelas e o nariz. Nunha edición da revista Road and Track, o amigo e compañeiro de Stacey Innes Ireland escribiu un artigo sobre a morte de Stacey, no que afirmaba que algúns espectadores afirmaban que un paxaro batera con Stacey cando se achegaba á curva, posiblemente golpeándoo e deixándoo inconsciente, ou posiblemente matándoo rompéndolle o pescozo, antes de que o coche se estrelase.[8]

Personalidade

[editar | editar a fonte]

Stacey foi descrito como tranquilo e gregario. A súa condución era "conservadora" segundo un observador. Tiña unha perna artificial e confabulóuse cos seus compañeiros de equipo para enganar aos controis médicos para participar en Le Mans. Cruzaba as súas pernas poñendo a de verdade arriba, á hora de comprobar os seus reflexos. Entón os seus compañeiros de escudería tosían con forza. Stacey descruzaba as súas pernas e volvíaas a cruzar cando o médico volvíase cara a el, de novo coa verdadeira arriba. Valíase dunha empuñadura de guiador de motocicleta sobre a panca de cambios para regular a velocidade do motor ao reducir de marcha, porque non podía facer «punta-tacón».

Feitos recentes

[editar | editar a fonte]

O orixinal Lotus VI de Stacey foi adquirido ao seu dono pola familia Stacey e someteuse a unha restauración completa, nas mans dun amigo da escola de Stacey, VSCC, o piloto da Bentley Drivers Club e membro da Historic Grand Prix Drivers Association Ian Bentall, quen orixinalmente axudara a construír o coche. O Lotus aínda está en mans da familia Stacey e fai aparicións ocasionais nas pistas.

Resultados Completos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Escudería Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Pts.
1958 Team Lotus Lotus 16 Climax L4 ARX
MON
NED
500
BEL
FRA
GBR
Ret
ALE
POR
ITA
MOR
NC 0
1959 Team Lotus Lotus 16 Climax L4 MON
500
NED
FRA
GBR
8
ALE
POR
ITA
USA
Ret
NC 0
1960 Team Lotus Lotus 16 Climax L4 ARX
Ret
NC 0
Lotus 18 Climax L4 MON
Ret
500
NED
Ret
BEL
Ret
FRA
GBR
POR
ITA
USA
  1. Jaguars Sweep Top Four Places, New York Times, 24 de xuño de 1957, Page 40.
  2. Jack Brabham First In Auto Grand Prix, New York Times, 19 de xullo de 1959, Page S1.
  3. 3,0 3,1 2 Rookie Drivers Die In Grand Prix, New York Times, 20 June 1960, p.40.
  4. Kettlewell, Mike. "Spa: A Course for Courage", in Northey, Tom, editor. World of Automobiles (London: Orbis, 1974), Volume 18, p.2105.
  5. Man and Machine, New York Times, 8 de abril de 1968, p.66.
  6. Why Men Race With Death, New York Times, 1 October 1961, p.SM37.
  7. Man and Machine, New York Times, 8 de abril de 1968, Page 66.
  8. Thomas O'Keefe, Clark and Gurney, The Best of Both Worlds, Atlas F1, Volume 7, Issue 5.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]