Al-fakik
Aparencia
Al-fakik | |
---|---|
Al-Fakik (centro cara a esquerda) visto dende a sonda Cassini no 17 de febreiro do 2005 O cráter Kerwan. O norte está cara a dereita. | |
Descubridor | Cassini |
Tipo de accidente xeolóxico | Cráter |
Accidente xeolóxico de | Encélado |
Coordenadas | 35,52 ° N 306,55 ° O[1] |
Diámetro | 15,2 km[1] |
Procedencia do nome | Recibe o seu nome en referencia a Ahmad, un dos heroes dos contos das Mil e unha noites.[1] |
Al-Fakik é un cráter de impacto no hemisferio norte da lúa de Saturno, Encélado. Al-Fakik foi observado por primeira vez en imaxes tomadas pola sonda Cassini durante a misión de sobrevoo de Encélado, acontecida en febreiro de 2005. Está situado a 35,52 ° N e 306,55 ° O, e ten un diámetro de 15,2 quilómetros. [1] A topografía do cráter de impacto aparece moi afundida, suxerindo que o cráter sufriu unha significativa relaxación viscosa dende a súa formación. Ademais, as fracturas perturbaron a marxe sueste do cráter.
Al-Fakik leva o nome do irmán cego e linguateiro do barbeiro de Bagdad, cuxa historia está narrada nos contos das Mil e unha noites.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Planetary Names: Crater, craters: Al-fakik on Enceladus". Consultado o 18-08-2020.