Ainda Estou Aqui
Ainda Estou Aqui | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Ainda Estou Aqui |
Director | Walter Salles |
Produtor |
|
Guión |
|
Baseado en | Ainda Estou Aqui de Marcelo Rubens Paiva |
Intérpretes | |
Música | Warren Ellis |
Fotografía | Adrian Teijido |
Montaxe | Affonso Gonçalves |
Estudio |
|
Distribuidora |
|
Estrea | Festival de Venecia: 1 de setembro de 2024 |
Duración | 135 minutos |
Orixe | ![]() ![]() |
Xénero | Biográfico, drama |
Orzamento | 8 millóns de reais[1] |
Recadación | 15,1 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Ainda Estou Aqui é un filme franco-brasileiro de 2024 dirixido por Walter Salles a partir dun guión de Murilo Hauser e Heitor Lorega. A historia do filme baséase nas memorias homónimas de Marcelo Rubens Paiva, publicadas en 2015. Está protagonizado por Fernanda Torres e Fernanda Montenegro como Eunice Paiva, unha nai e activista que enfronta a desaparición forzada do seu marido, o político disidente Rubens Paiva, durante a ditadura militar no Brasil.[3]
Pouco despois da súa estrea nos cinesmas brasileiros o 7 de novembro de 2024 a través de Sony Pictures Releasing International, o filme foi o obxectivo dun boicot infrutuoso da extrema dereita brasileira.[4][5][6] Recadou 12,3 millóns de dólares cun orzamento de produción de 1,5 millóns de dólares, converteuse no filme brasileiro máis exitoso dende a pandemia de COVID-19.[2][7][8]
Foi escollido como candidato do Brasil para o Óscar ó mellor filme internacional na 97ª edición dos premios, clasificándose na lista curta de decembro.[9]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Fernanda Torres como Eunice Paiva[10]
- Fernanda Montenegro como Eunice Paiva (de vella)
- Selton Mello como Rubens Paiva
- Guilherme Silveira como Marcelo Rubens Paiva
- Antonio Saboia como Marcelo Rubens Paiva (adulto)
- Valentina Herszage como Vera Paiva
- Maria Manoella como Vera Paiva (de vella)
- Luiza Kosovski como Eliana Paiva
- Marjorie Estiano como Eliana Paiva (de vella)
- Barbara Luz como Nalu Paiva
- Gabriela Carneiro da Cunha como Nalu Paiva (de vella)
- Cora Mora como Maria Beatriz Facciolla Paiva
- Olívia Torres como Maria Beatriz Facciolla Paiva (adulta)
- Pri Helena como Maria José (Zezé)
- Humberto Carrão como Félix
- Maeve Jinkings como Dalva Gasparian
- Caio Horowicz como Ricardo Gomes Pimpão
- Camila Márdila como Dalal Achcar
- Charles Fricks como Fernando Gasparian
- Luana Nastas como Helena Gasparian
- Isadora Ruppert como Laura Gasparian
- Daniel Dantas como Raul Ryff
- Maitê Padilha como Cristina
- Carla Ribas como Martha
- Dan Stulbach como Bocaiuva Cunha
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ainda Estou Aqui" (en portugués). 7 de novembro de 2024. Consultado o 21 de novembro de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 "I'm Still Here". Box Office Mojo. Consultado o 17 de novembro de 2024.
- ↑ Wiseman, Andreas (28 de maio de 2024). "Walter Salles' Directorial Comeback 'I'm Still Here' Sells To Sony Classics For North America & Raft Of International Territories Out Of Cannes Market". Deadline. Consultado o 29 de maio de 2024.
- ↑ "Perfis de direita pregam boicote a 'Ainda Estou Aqui' nas redes". F5 (en portugués). 12 de novembro de 2024. Consultado o 13 de novembro de 2024.
- ↑ "Boicote a 'Ainda Estou Aqui' é vergonhoso e ignorante – e não funciona". UOL (en portugués). 20 de novembro de 2024. Consultado o 6 de decembro de 2024.
- ↑ "Brazil film portraying notorious crime during dictatorship strikes chord: 'It hasn't been overcome'". The Guardian. 4 de decembro de 2024.
- ↑ "Brazilian film 'I'm Still Here' tops box office, forcing nation to reckon with dictatorship trauma". AP News (en inglés). 2024-12-30. Consultado o 2025-01-08.
- ↑ Tartaglione, Nancy (2024-12-22). "Walter Salles' 'I'm Still Here' Nears $11M In Brazil; 7th Biggest Local Title This Century". Deadline (en inglés). Consultado o 2025-01-08.
- ↑ "Brazil picks "I'm Still Here" for the 2025 Oscar race". Agência Brasil. 24 de setembro de 2024. Consultado o 21 de novembro de 2024.
- ↑ "Os detalhes do novo filme de Walter Salles com Fernanda Montenegro | Em Cartaz". VEJA (en portugués). Consultado o 29 de maio de 2024.