Saltar ao contido

Aethelstan de Kent

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Aethelstan de Wessex»)
Modelo:BiografíaAethelstan de Kent
Nome orixinal(ang) Æthelstan Editar o valor en Wikidata
Biografía
Mortedécada de 850 Editar o valor en Wikidata
Rei de Kent
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaCasa de Wessex Editar o valor en Wikidata
FillosEthelweard (?) Editar o valor en Wikidata
PaisAethelwulf de Wessex (probabelmente)
Ecgberht de Wessex (posiblemente) Editar o valor en Wikidata  e Osburga (probabelmente)
Redburga (posiblemente) Editar o valor en Wikidata
IrmánsEtelsvita
Aethelbald de Wessex
Aethelberht de Wessex
Aethelred I de Wessex
Alfredo o Grande Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Wessex-197

Aethelstan, finado en 852, o fillo máis vello do rei Aethelwulf de Wessex, era rei de Kent en 839, so a autoridade de seu pai que o nomeou.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

As últimas versións da Crónica Anglosaxoa describen a Aethelstan como irmán de Aethelwulf, pero as versións A, B e C, e a Crónica de Etelveardo, afirman que era fillo de Aethelwulf.[2] Algúns historiadores argumentan que é máis probábel que fose un irmán, incluíndo Eric John, en 1966,[3] e Ann Williams, en 1978.[4] No entanto, en 1991, Ann Williams describiuno como fillo de Aethelwulf,[5] e isto é agora xeralmente aceptado polos historiadores, inclusive Frank Stenton,[2] Barbara Yorke,[6] e D.P. Kirby.[7]

Cando Aethelwulf se tornou rei dos saxóns occidentais en 839 coa morte de seu pai, Egberto de Wessex, nomeou a Aethelstan para gobernar Kent, Essex, Surrey e Sussex. É denominado rei na Crónica anglosaxoa e a crónica de Aethelweard chámao "Rei dos Moradores en Kent, dos saxóns do leste, dos saxóns do Sur e de Surrey". Atestou unha serie de cartas de seu pai como rei os anos de 840.

En 851, Aethelstan e o mordomo Ealhhere derrotaron unha frota e un exército viquingos en Sandwich, Kent, descrito por Frank Stenton como "a primeira batalla naval rexistrada da historia inglesa".[8] Aethelstan non é mencionado despois de 851 e probabelmente morreu antes de Aethelwulf ir para Roma en 855, xa que non foi incluído no réxime de goberno do reino durante a ausencia de seu pai.[9] En 853, Ealhhere morreu nunha grave derrota dos homes de Kent e Surrey fronte aos viquingos e, como Aethelstan non é mencionado como participante na batalla, seguramente, xa estaba morto daquela.[10]

Durante unhas escavacións en Old Minster, Winchester, apareceu soterrado o corpo dun mozo de entre 25 e 35 anos de mediados do século IX. Polo tocado e a localización na nave especulouse sobre a súa condición real e se barallou como posibilidade que fose Aethelstan.[11]

  1. Nelson, Janet L. (23 de setembro de 2004). "Æthelwulf". oxforddnb.com (en inglés). doi:10.1093/ref:odnb/8921. Consultado o 26 de novembro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 Stenton (1971), p. 236, n. 1
  3. John (1966), p. 41, n. 1
  4. Williams (1978), "Some notes", pp. 145, 225, n. 10
  5. Williams (1979), "Athelstan"
  6. Yorke (1990), p. 148
  7. Kirby (2000), p.160
  8. Stenton (1971), p. 244
  9. Keynes & Lapidge (1983), pp. 69, 231-2, 235
  10. Smyth (1955), p. 11
  11. Yorke (2021), p. 65

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]