Aeroporto de Faa'a
Aparencia
Aeroporto de Faa'a Aéroport international de Tahiti Fa'a'ā
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Operador | SETIL - Aéroports | ||
Cidade/Illa | Tahití | ||
Localización | Papeete | ||
Elevación (msnm) | 2 metros / 5 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
04/22 | 3 420 | 11 220 | asfalto |
Estatísticas (2017) | |||
Pasaxeiros | 1 291 807[1] |
O aeroporto internacional de Faa'a (IATA: PPT, OACI: NTAA) é un aeroporto na comuna de Faa'a, na illa de Tahití da Polinesia Francesa. Atópase a 5 quilómetros ao suroeste do centro da cidade de Papeete, a súa capital. Tahití está na parte noroeste da Polinesia Francesa e este é o único aeroporto internacional nesta Colectividade de Ultramar Francesa. Foi inaugurado no ano 1960.A aeroliña rexional Air Tahiti e a internacional Air Tahiti Nui teñen as súas sedes nas instalacións do aeroporto.
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Aeroliñas | Destinos
|
---|---|
Air France | Os Ánxeles, París-Charles de Gaulle[2] |
Air New Zealand | Auckland |
Air Tahiti | Ahe, Anaa, Atuona, Arutua, Bora Bora, Fakarava, Hao, Huahine-Fare, Kaukura, Makemo, Manihi, Mataiva, Maupiti, Moorea, Niau, Nuku Hiva, Raiatea, Raivavae, Rangiroa, Rarotonga, Rimatara, Rurutu, Takaroa, Tatakoto, Tikehau, Totegegie, Tubuai-Mataura |
Air Tahiti Nui | Auckland, Os Ánxeles, París-Charles de Gaulle,[2] Toquio-Narita |
Aircalin | Nouméa |
French Bee | París-Orly, San Francisco (comezan en maio de 2018)[3] |
Hawaiian Airlines | Honolulu |
LATAM Chile | Illa de Pascua, Santiago de Chile |
United Airlines | Estacional: San Francisco (comeza en outubro de 2018)[4] |
Accidentes e incidentes
[editar | editar a fonte]- O 13 de xullo de 1973 o voo 816 de Pan Am, operado por un Boeing 707, esnafrouse no mar xusto despois da engalaxe. 78 dos seus 79 ocupantes morreron.[5]
- O 12 de setembro de 1993 o voo 72 de Air France, un Boeing 747-400 procedente dos Ánxeles, saíu da pista na aterraxe batendo co arrecife no final da mesma. O morro do aviónquedou somerxido na auga pero non houbo vítimas mortais.[6]
- O 24 de decembro de 2000 o voo 481 de Hawaiian Airlines, un DC-10-10, saíu da pista durante unha forte treboaa. Non houbo vítimas mortais.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Union des aéroports français (ed.). "Statistiques annuelles". Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2017. Consultado o 29 de marzo de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 Travel Codex (ed.). "Air Tahiti Nui and Air France propose JV to fix problematic Paris – Papeete routes". Consultado o 29 de marzo de 2018.
- ↑ RadioNZ (ed.). "May launch for French Blue's Tahiti flights". Consultado o 29 de marzo de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "United adds Tahiti service from Oct 2018". Consultado o 29 de marzo de 2018.
- ↑ Aviation Safety Network (ed.). "PanAm flight PA816". Consultado o 30 de maio de 2018.
- ↑ Aviation Safety Network (ed.). "Flight AF072". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2012. Consultado o 30 de maio de 2018.