Saltar ao contido

Abrahán

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Abraham»)

Modelo:BiografíaAbrahán

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(he) אַבְרָם Editar o valor en Wikidata
2167 a. C. ↔ 1792 a. C. Editar o valor en Wikidata
Morte2050 a. C. ↔ 1638 a. C. Editar o valor en Wikidata (174/175 anos)
Hebrom, Estado de Palestina (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaTúmulo dos Patriarcas (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Profeta Relixións abrahámicas
Patriarca
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaCanaán
Mesopotamia Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoHebreos Editar o valor en Wikidata
Relixiónsen valor Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Palestina Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpastor, father of faith (en) Traducir, Profeta Editar o valor en Wikidata
CelebraciónRelixións abrahámicas, Islam, cristianismo e xudaísmo Editar o valor en Wikidata
Día de festividade relixiosa9 de outubro Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeSara
Agar (personaxe bíblica)
Quetura Editar o valor en Wikidata
FillosIsmael
 () Agar (personaxe bíblica)
Midiã
 () Quetura
Jisbaque
 () Quetura
Sua
 () Quetura
Medã
 () Quetura
Zinrã
 () Quetura
Jocsã
 () Quetura
Bakol
 ()
Isaac
 () Sara Editar o valor en Wikidata
PaisTerah Editar o valor en Wikidata  e Amathlaah Editar o valor en Wikidata
IrmánsNaor
Harã
Sara Editar o valor en Wikidata
ParentesSara, irmá consanguínea Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Circuncisión
Pacto Abraâmico (pt) Traducir
Sacrificio de Isaac
Batalha do Vale de Sidim (pt) Traducir
Conflito entre Abraão e Lot (pt) Traducir
visión Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Católica, (sec:Abraham)
Enciclopedia de Otto
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Editar o valor en Wikidata
Sacrificio de Abrahán, icona rusa.

Abrahán[1] (en hebreo: אַבְרָהָם, Avraham; en árabe ابراهيم, Ibrāhīm)[2] é o patriarca do xudaísmo, recoñecido polo cristianismo e un profeta moi importante do islam. A historia da súa vida é relatada no libro da Xénese[3] e no Corán,[4] pero non hai ningunha evidencia histórica da súa existencia. As datas tradicionais da súa biografía sitúanse entre o 2166 a.C. e 1991 a.C. Segundo a tradición xudía, naceu no ano 1948 da Creación, equivalente ao ano 1812 a.C.

O seu nome orixinal era Abram (en hebreo אַבְרָם Avram), e era descendente do fillo de Noé, Sem.[5][6][7] Aínda que a súa muller era estéril, Deus prometeulle que da súa descendencia fariase unha gran nación, razón pola que cambiou o seu nome por "Abrahán", que significa pai de multitudes. O truncado sacrificio de Isaac é unha das escenas máis representadas da súa vida nas artes, que é un dos pasaxes bíblicos máis coñecidos.

Na Xénese, o libro do Antigo Testamento que rexistra a vida de Abrahán, presenta o seu papel como un individuo que debe cumprir un pacto monoteísta establecido entre el e Deus (Xehová o cal tamén foi transliterado como "Yehowah" ou "Yahweh")[8][9][10]. O Corán presenta historias sobre Abrahán e os seus descendentes que son similares ás que hai na Biblia.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Abrahán aparece citado por primeira vez no libro da Xénese co nome de Abram ata que Yahvé lle cambia o nome e o chama Abrahán.[11] O relato indica que Abrahán significa "pai dunha multitude" (en hebreo: goyim ab-Hamon).[12] Con todo, os especialistas non aceptan a definición da narración sobre a etimoloxía de Abrahán xa que, aínda que ab- significa "pai", -hamon non é o segundo elemento e -raham non é unha palabra hebrea, a palabra en hebreo para "multitude" é rabim. Johann Friedrich Karl Keil suxire que en hebreo existiría a palabra raham (רָהָם) co significado de "multitude", en analoxía co de ruhâm árabe que ten este significado, pero non hai ningunha proba que apoie as súas teorías[13] Outra posibilidade é que o primeiro elemento debe ser abr-, que significa "cabeza", pero isto demanda un segundo elemento pouco claro, -aham. David Rohl suxire que o nome provén da lingua acadia e significa "o pai que ama",[14] aínda que os especialistas cren que hai que buscar unha orixe que se fundamente na lingua hebrea.

Características

[editar | editar a fonte]

Segundo a tradición/lenda, naceu no século XX antes de Cristo na cidade babilónica de Ur (hoxe Iraq ). Deus, comunícalle a Abrahán que de se trasladar á Terra de Canaán a súa semente será bendicida e levantará unha gran nación. Así, Abrahán e a súa tribo nómade chegan ó que hoxe se coñece como deserto do Negev (sur de Israel). En Bersebá fúndase a primeira base estable da tribo de Abrahán.

Como era tradicional nos pobos semitas, Abrahán foi polígamo, cunha muller chamada Sara tivo a Isaac, e con Agar tivo a Ismael.

No que se coñece como Áqueda, Deus pediulle a Abrahán o sacrificio do seu primoxénito Isaac para poñer a proba a súa fe. No último minuto, un anxo detivo o brazo de Abrahán que estaba a piques de asasina-lo seu fillo.

Abrahán e Melquisedec, por P. P. Rubens, 1625 (Washington DC, National Gallery of Art)
Abrahán con Alzines de Mambré, segundo Gustave Doré
Abrahán expulsa a Agar e Ismael, por Pierre-Joseph Verhagen, 1781 (Anveres, Museum voor Schone Kunsten)
Tumba dos patriarcas en Hebron
Tumba dos patriarcas en 1913
Cenotafio de Abrahán na tumba dos patriarcas
Gabriel para o brazo de Abrahán listo para sacrificar o seu fillo que a tradición islámica identifica con Ismael, ilustración otomá
Sacrificios de Isaac, por Rembrandt, 1636 (Munic, Alte Pinakothek)
Expulsión de Agar e Ismael, gravado de Gustave Doré, 1866
Abrahán errante de Heinrich Kirchner, 1957 (Erlangen, Burgberggarten)
Icona rusa do século xvii (Moscova, Museo Andrei Rublev)
Escultura en Emmauskirken (Frederiksberg, Dinamarca)

En xeral, os especialistas están de acordo en admitir que non hai nada na Xéneseque se relacione coa historia de Canaán do comezo do II milenio a. C.: ningún dos reis mencionados non é coñecido, Abimelec non podía ser filisteo – xa que os filisteos aparecerían varios séculos despois-, Ur non podía ser coñecida como "Ur dos caldeos" ata o comezo do I milenio a. C., e Laban non podía ser arameo porque os sirios non se converteron nunha entidade política identificable ata o século XII.[15] Joseph Blenkinsopp, profesor emérito da Universidade de Notre Dáme especialista en estudos bíblicos, sinala que durante as últimas catro ou cinco décadas aumentou o consenso de que a narración de Abrahán que aparece na Xénese ten as súas orixes nos círculos literarios dos séculos V e VI a. C. reflectíndose coa situación da comunidade xudía baixo o dominio dos babilonios e o comezou do Imperio Persa.[16] Blenkinsopp describe dúas conclusións sobre Abrahán que son amplamente aceptadas polos especialistas sobre a Biblia: a primeira é que, excepto na tríade" Abrahán, Isaac e Xacobe," non é clara e queda inequivocamente testemuñada na Biblia antes do exilio de Babilonia (non aparecen, por exemplo, os textos proféticos anteriores a este momento). A segunda é que, durante o período persa, pasouse a servir de modelo de quen se foi de Babilonia para volver a Xudá.[17] Máis aló da historia de Abrahán (e a de Isaac e Xacobe) serve como propósito teolóxico logo da destrución de Xerusalén, do Templo e da realeza davídica: malia a perda de todo isto, os tratos de Xehová cos antepasados poñen unha base histórica que abre a esperanza cara a un futuro que se podería recuperar.[18] Hai un consenso básico en considerar que a conexión con Farán, Siquem e Betel é secundaria e que se orixinou cando se identificou como o pai de Xacobe e cos antepasados das tribos do norte. A súa relación con Mambré e Hebrón, no outro lado (no sur, no territorio de Xerusalén e de Xudá), suxiren que esta rexión foi o fogar onde se orixinou o seu culto.[19]

Cronoloxía

[editar | editar a fonte]

Os literarios bíblicos, que cren que a Creación se fixo nunha data recollida nas Escrituras, datan a vida de Abrahán entre 1812 a.C. e o 1673 a.C. Tentando atopar correlacións entre os reis e as nacións mencionadas no Xénese cos achados arqueolóxicos; Abrahán sería un patriarca que viviu entre os séculos VII e VI a.C. A ausencia de inscricións sobre a súa figura, é porque Abrahán era un nome moi común e non aparece ningunha figura destacada na zona de Ur con ese nome, levan a pensar que é unha figura mítica, inspirada en varios líderes locais.

O Texto masoterico estándar do Tanakh dá como o ano de nacemento de Abrahán en 1948 despois da Creación, ou en 1948 AM (Anno Mundi). As outras dúas tradicións textuais principais teñen diferentes datas: a Septuaginta, traducida ao grego, sitúaa no 3312 AM e a versión samaritana da Torá, o 2247 AM. As tres fontes documentais coinciden en que Abrahán morreu á idade de 175 anos.[20]

Houbo máis de douscentos intentos para conseguir que coincidisen a cronoloxía bíblica coas datas históricas. Dous dos intentos máis influentes foron a data da tradición xudía, que di que Abrahán viviu de 1812 a.C. a 1637 a.C, e a proposta realizada o século xvii polo arcebispo James Ussher que afirmaba que viviu 1976 a.C. 1801 a.C. O que se pode dicir cun certo grao de validez é o que se desprende do texto estándar hebreo da Xénese que sitúa a vida de Abrahán na primeira parte do milenio II a.C.[21]

Lugar de nacemento

[editar | editar a fonte]

Durante os séculos XI e XII, os rabinos Salomón ben Yishaq (Rashi) e Abrahán ben Meir ibn Ezra estaban de acordo en que a terra natal de Abrahán foi Ur Kaśdim, máis coñecida como Ur de Caldea, un lugar de Mesopotamia fundado polos descendentes de Cam, o fillo de Noé.[22] Algúns estudos máis actuais sobre o xudaísmo identifican este lugar como o da cidade estado sumeria de Ur.[23][24] Pero a cidade é só un dos candidatos a ser o lugar actual da antiga Ur Kasdim, segundo un debate de 1927.[25]

O rabino Nahmánides (Bonastruc ça Porta), coñecido no xudaísmo co acrónimo Rambán (de Rabbi Moshe ben Nahman), foi un erudito xudeu medieval do século xiii que estaba en desacordo con Rashi e ibn Ezra sobre o lugar de nacemento de Abrahán. Os argumentos de Ramban eran que Ur Kaśdim foi poboada por descendentes de Cam e, polo tanto, non podía ser o lugar de nacemento de Abrahán porque era descendente de Sem. A pesar destes argumentos, hai un acordo xeneralizado de que a familia de Abrahán, baixo a dirección do seu pai, Tareh, viviran en Ur Kaśdim antes de ser chamado para ir a Canaán.[22]

Os tres rabinos tamén coinciden en considerar que a patria de Tareh foi Charan, un lugar bíblico coñecido como Farán na Xénese,[26] onde se atopa a casa de Tareh.[22][27] Como este asentamento foi establecido polos descendentes de Sem, só Ramban supón que Charan debería ser o lugar de nacemento de Abrahán. Tamén concluíu que Tareh e os seus tres fillos, co tempo, fóronse de Charan en Ur Kaśdim e, máis tarde, por orde de Yahvé foron a Canaán. Por suposto, detivéronse na cidade natal de Tareh, Charan, onde o pai quedou no canto de ir a Canaán.[22]

O pai de Abrahán, Tareh, era o xefe da sétima xeración de descendentes de Sem (orixe mítica dos pobos semitas, dos que forman parte os xudeus), que volveu poboar a Terra despois do Diluvio universal. Esta xenealoxía lígao directamente cos primeiros homes, o que reforza o seu carácter de patriarca.

Importancia

[editar | editar a fonte]

O xudaísmo, o cristianismo e o islam chámanse "relixións abrahámicas", porque esta persoa desempeña un papel moi importante nas súas crenzas:

  • No xudaísmo, Abrahán é considerado o patriarca bendito de Deus, a quen Deus prometerá que o seu fillo faría unha gran nación.[28] Israel, o cal recibiría a Terra Prometida,[29] por virtude do pacto entre Deus e Abrahán, manifestado coa circuncisión; polo tanto, Abrahán é considerado como o "primeiro xudeu".
  • No cristianismo, ademais de ser o home por medio do cal Deus faría a nación da que viría Xesucristo, é tamén o modelo de fe en Deus, e por virtude da súa fe, o pai dos cristiáns . A súa disposición para ofrecer o seu fillo en sacrificio obedecendo a Deus foi unha "sombra" ou "exemplo" de Deus ofrecendo o seu fillo Xesús en sacrificio pola humanidade.
  • No islam, segundo o Corán, Abrahán é un enviado de Deus (en árabe rassul) e pai de Ismael, o cal é o pai dos árabes. Como para os cristiáns, o acto de ofrenda do seu fillo é considerado como o exemplo absoluto de submisión (en árabe islam) a Deus, polo tanto é o modelo da súa concepción relixiosa.

A miúdo como oración dise descansar con Abrahán despois da morte, querendo dicir que se irá a un lugar seguro, protexido e próximo a Deus.

Abrahán segundo a historia da Xénese

[editar | editar a fonte]

Na Xénese, Abrahán era o patriarca dos hebreos que asinou o pacto con Deus mediante a circuncisión; el mesmo tiña noventa e nove anos cando se cortou a pel do prepucio. O seu nome orixinal era Abram pero Deus cambioullo para significar que a súa descendencia sería incontable e recibiría a Terra Prometida.

Segundo a tradición xudía, a súa familia vivía no exilio pero o seu pai foi autorizado a volver ao seu pobo natal de Ur de Caldea coa súa familia. Unha vez instalados, Tareh construíu varias imaxes a ídolos pagáns pero o seu fillo Abrahán seguía fiel o Señor, o deus dos seus antepasados. Unha vez, Abrahán quedou só ante o altar feito polo seu pai. Colleu un bastón e rompeu todas as imaxes excepto unha, á que lle puxo o pau nunha man. Cando chegou Tareh, preguntoulle que pasara e Abrahán díxolle que os deuses pelexaran entre eles. Tareh non o creu e enviou a Abrahán o palacio do rei Nimrod.

O rei Nimrod empezou a construción da Torre de Babel para chegar ao Ceo e matar o Creador. A tribo de Assur non estivo conforme e emigrou cara ao norte, onde construíu a cidade de Nínive. Abrahán decidiu quedar para discutir con Nimrod, e demostrarlle que a súa actitude era absurda. Nimrod ordenou matar Abrahán, que se salvou por milagre. Segundo a tradición xudía, era o ano 1996 da Creación, ou sexa en 1764 a.C.

Ao cabo duns anos volveu a Ur, ata que decidiron ir vivir a outra terra co seu pai Tareh, a súa muller e a vez sobriña Sara,[30] e o seu sobriño Lot. Durante a viaxe, o seu pai Tareh permaneceu no oasis de Haran. Mentres estaban acampados, segundo unha tradición xudía, o rei Nimrod queimou o oasis para matar a Abrahán.

Durante a súa vida viaxou varias veces entre Hebrón e Exipto, onde tivo problemas cos rexentes de ambas as rexións, Abimelec e o faraón, que desexaban a súa muller Sara, porque era moi bela. En Canaán houbo pelexas entre escravos de Lot e de Abrahán que fixeron que os dous parentes e amigos se separasen. Entón, Lot foi vivir ás cidades de Sodoma e Gomorra. Oito anos despois, houbo unha guerra entre Xinar, Elassar, Elam e Goïm contra Sodoma, Gomorra, Adma, Seboiïm e Soar. Despois dunhas batallas no Val de Sidim (actualmente mar Morto), gañaron os primeiros e saquearon todas as cidades rivais. Entón, Lot foi feito prisioneiro. Cando se decatou Abrahán, fixo unha expedición coa que salvou a Lot e a moitos prisioneiros máis.

Pensando que a súa muller era estéril, tivo un fillo, Ismael, coa escrava Agar. Segundo o Corán islámico, Abrahán e o seu fillo Ismael fixeron a Kaaba (o lugar máis sacro do islam) nun lugar onde Adán xa fixera un altar en honra a Deus. Cando Ismael tiña catorce anos, Deus fíxolle o agasallo de poder procrear un fillo á avanzada idade del, cen anos, e noventa, a súa muller. Este fillo foi Isaac. Os xudeus considéranse descendentes de Isaac e os árabes de Ismael, polo que ambos os pobos crúzanse os herdeiros verdadeiros de Abrahán. Os primeiros para descender do fillo anunciado por Deus e os segundos para descender do primoxénito de Abrahán. Pouco despois de nacer Isaac, Abrahán repudiou Agar e o seu fillo Ismael, convertendo Isaac no único herdeiro, por orde divina[31]

Un día Deus díxolle que tomase o seu fillo (Isaac segundo a Biblia, Ismael segundo os musulmáns) e que llo ofrecese en sacrificio. Cando estivo a piques de matalo mandoulle que non o fixese, porque xa vira que o obedecía e xa non lle facía falta. En compensación, Abrahán sacrificoulle un cordeiro. Tras a morte de Sara colleu a Quetura como segunda esposa que lle deu seis fillos: Zimran, Jocxan, Medan, Midian, Ixbac e Xúah estes, cando foron maiores, Abrahán obrigounos a deixar as súas terras e ir a terras afastadas.

Morreu aos cento setenta e cinco anos e foi enterrado polos seus fillos Isaac e Ismael na Tumba dos Patriarcas, terra que el mesmo comprara para enterrar a Sara.

Abrahán (Ibrahim) é un dos profetas máis importantes do islam; é chamado "Pai" ou "Amigo de Deus" polos musulmáns que se consideran como os seus máis dignos descendentes, á vez como predicador do monoteísmo e como pai de Ismael (Ismail) antes de Isaac (Ishaq). En efecto, Ismael, o seu fillo máis vello, é considerado como o devanceiro dos árabes mentres que Isaac o é dos xudeus: Xudá vén sendo fillo de Xacob (tamén coñecido como Israel), este fillo de Isaac e polo tanto neto de Abrahán. (Xacob foi pai de doce fillos e unha filla, das súas catro mulleres. Os doce fillos son os que formaron as coñecidas doce tribos de Israel).

O islam ensina que o fillo que Abrahán ofrece a Deus en sacrificio é Ismael non Isaac, argumentando que a Biblia foi reescrita por rabinos: a Biblia xudía presenta a Isaac como o "fillo único" do patriarca. Agora ben, Isaac ten un irmán máis vello que só el, antes de que Isaac non viñese ao mundo, puido ser chamado "fillo único".[32] As tribos árabes ismaelitas, entre as que se conta a do profeta Mahoma, os coraixitas, considéranse tradicionalmente como descendentes directos de Ismael, inducindo unha filiación entre Mahoma e Abrahán .

Segundo a tradición musulmá, Abrahán é enterrado en Hebron.

O hajj ou peregrinación obrigatoria á Meca (un dos cinco alicerces do islam) reconstitúe os pasos de Abrahán, Agar e Ismael mentres que deambulaban polo deserto ata esta cidade. A piques de morrer de sede no deserto, Abrahán, Agar e o seu fillo son salvados por intervención divina grazas a unha fonte que os musulmáns sitúan preto da Kaaba e que chaman Zamzam, que prové aínda hoxe en día auga a máis de 3 millóns de peregrinos cada ano.

O Eid al-Adha ("festa do sacrificio"), a festa máis importante do islam, celebra o fin do hajj e conmemora o sacrificio de Ismael que Abrahán quería facer en sinal de obediencia e submisión á vontade de Deus. Nesta ocasión e en recordo do acto do profeta, os musulmáns sacrifican (na medida dos seus medios) un cordeiro ou outro animal que comparten en familia e, en sinal de caridade, cos pobres.

Abrahán e os anxos no sacrificio de Isaac ás Portas do Paraíso , 1452, por Lorenzo Ghiberti (Florencia, Battistero do Duomo)

No Corán

[editar | editar a fonte]

Abrahán é citado varias veces no Corán, e a sura 14 leva tradicionalmente o seu nome. Nel evócase a súa mocidade, en particular a súa pelexa co seu pai quen simboliza a antiga crenza politeísta. O Corán evoca igualmente o seu descubrimento da fe monoteísta, presentada como unha emanación da súa razón: segundo a pasaxe que relata este episodio, Abrahán busca un deus e designa primeiro unha estrela como o seu señor. Cando esta desaparece, fai o mesmo coa Lúa e logo co Sol, pero termina por renegar de todos os ídolos adorados polo seu pai e os seus contemporáneos, terminando para virarse cara a "Aquel quen creou (a partir da nada) os Ceos e a Terra".[33]

No Corán, Abrahán un día decide non participar nunha festa solemne, pretextando que está enfermo, e aproveita a ausencia dos outros para destruír todas as imaxes de ídolos do seu pobo, a excepción dunha delas. Acusado deste acto de destrución sacrílega, afirma que é o ídolo restante, o máis grande, que é o responsable, e desafiou aos outros aldeáns de facelo testemuñar, tentando así demostrar que se trataba só dunha simple estatua, e non dun ser divino. Para estes actos, Abrahán é condenado a ser queimado, pero Deus salvao.

Este episodio é propio da tradición hebraica, sobre todo na pasaxe do Midrash Abrahán, os ídolos de Nemrod . Segundo o Corán, inspira máis tarde a Mahoma, cando volve do exilio, na toma da Meca, onde destrúe todos os ídolos.

Abrahán é o esposo de Sara, reputada pola súa beleza, e que presenta como a súa irmá. Esta atrae a atención do faraón, que tenta abusar dela. Deus intervén e o faraón, paralizado, non consegue tocala. O faraón devólvelle a Abrahán a súa esposa e ofrécelle numerosos presentes, que este se nega a aceptar. Propón a Sara tomar unha escrava entre as catrocentas mozas do seu reino. Elixe a que ten un estatuto superior a todas as demais, Agar, a quen aprecia desde o seu primeiro encontro.[34] Ibrahim, seguindo o consello de Sarah que é estéril, casa entón con Agar que lle dá un fillo: Ismael.

Sara fixo expulsar a Agar e Ismael. Vagan polo deserto e serían mortos de sede se o arcanxo Gabriel non viñese a indicar a Agar un pozo cheo de auga. A tradición musulmá designa xeralmente este punto de auga como o pozo de Zamzam, na Arabia Saudita. A carreira de Agar lamentándose de non atopar auga para darlla ao seu fillo moribundo é reproducida cada ano polos peregrinos musulmáns no momento do hajj na Meca no transcurso dunha xornada particular entre Safa e Marwah ( saʿīy, سَعْيي, carreira; esforzo; investigación).

É entón que chega a orde divina de sacrificar a Ismael,[35] este fillo único que ten grande importancia aos ollos de Abrahán. A tradición sitúa este evento preto da Meca, no lugar designado como Mina. O relato coránico non nomea explicitamente o fillo sacrificado, pero o contexto suxire fortemente que é Ismael, xogando sobre a ambigüidade do "fillo único".[36] As narracións do hadith son, en cambio, máis explícitas.

Tres anxos, baixo a forma de homes, anúncianlle o nacemento dun fillo de Sara (Isaac), a pesar da súa vellez e a esterilidade da súa muller que é tamén menopáusica. Segundo al-Tabari, trátase dos tres arcanxos Gabriel, Miquel e Rafael. Os anxos fanlle saber igualmente que son enviados por Deus para destruír o pobo do seu sobriño, Lot, que será salvado el e a súa familia exceptuado a súa muller, que forma parte dos condenados.

Reconstrúe a "Casa Sacra do Altísimo" (a Kaaba) coa axuda de Ismael, construída orixinalmente por Adán e destruída polo diluvio nos tempos de Noé, Deus ordenou a Abrahán de reconstruíla no lugar onde deixara ao seu fillo máis vello establecerse. Deus ensinoulle igualmente como resucitará as mortes o día da Resurrección.

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-11-08. 
  2. "Abraham". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 28. 
  3. Xénese, 11-25
  4. Qur'an, Al-An'am, verso 84
  5. Xénese, 11:10-32
  6. Xénese, 14:13
  7. Wilson, M. (1989). Our Father Abraham: Jewish roots of the Christian Faith (en inglés). pp. 3, 4. ISBN 978-0-8028-0423-5. 
  8. http://www.encyclopedia.com/topic/Jehovah.aspx
  9. Gérard Gertoux, THE NAME OF GOD YeHoWaH.
  10. Prefacio a la New American Standard Bible (en inglés)
  11. Xénese, 17:5
  12. Freedman; Meyers & Beck (2000). Eerdmans dictionary of the Bible. pp. 9. ISBN 978-0-8028-2400-4. 
  13. Keil, K.F. (1869). "vol. 1". Biblical commentary on the Old Testament. pp. 224. 
  14. Rohl, David (2002). The Lost Testament. ISBN 0712669930. 
  15. McNutt, Paula. Reconstructing the Society of Ancient Israel (en inglés). p. 41. Consultado o 2 de xaneiro do 2016. 
  16. Blenkinsopp, Joseph. Judaism, the first phase (en inglés). p. 39. Consultado o 3 de xaneiro do 2016. 
  17. Blenkinsopp, Joseph. Judaism, the first phase (en inglés). p. 38. Consultado o 3 de xaneiro do 2016. 
  18. Albertz, R (2003). Society of Biblical Literature, ed. Israel in exile: the history and literature of the sixth century B.C.E. p. 246. 
  19. K. van der Toorn, Bob Becking, Pieter Willem van der Horst (ed.). Dictionary of Deities and Demons in the Bible (en inglés). Wm. B. Eerdmans Publishing. pp. 3–4. Consultado o 3 de xaneiro do 2015. 
  20. Grisda.org (ed.). "G.F. Hasel, "Chronogenealogies in the Biblical History of Beginnings"". Arquivado dende o orixinal o 18-09-2009. Consultado o 02-03-2010. 
  21. Newadvent.org, ed. (01-11-1908). ""Biblical Chronology", Catholic Encyclopedia (1913)". Consultado o 02-03-2010. 
  22. 22,0 22,1 22,2 22,3 Singer, Binyamin (2005). "Ramban: Classic Themes in Nachmanides' Chumash Commentary". Ramban: Bereishis & Shemos 1. pp. 89–91. 1568713428, ISBN 9781568713427. 
  23. Keene, Michael (1996). This is Judaism. pp. 8. 
  24. Scharfstein, Sol. Jewish History and You, 2002, p. 10
  25. Dundes, Alan (1988). The Flood Myth. p. 89. 
  26. Xénese 11: 31,32
  27. Xénese 12: 1
  28. Xénese, 17:5-6
  29. Xénese, 17:8
  30. Xénese, 20: 12
  31. Xénese, 21:12
  32. "El sacrifici d'Isaac, o d'Ismael?" (en francès). 
  33. Corán, 6 75-79
  34. Tabarî, La Crònica: Història dels Profetes i dels reis. 1. La Ruche. pp. 77–78. 
  35. O sacrificio de Isaac, ou de Ismael?
  36. Xénese , 22: 2; Corán 37: 99-111

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]