Saltar ao contido

Aale Tynni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAale Tynni

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fi) Aale Maria Tynni-Haavio Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fi) Aale Maria Tynni Editar o valor en Wikidata
3 de outubro de 1913 Editar o valor en Wikidata
Gatchina, Rusia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte21 de outubro de 1997 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Helsinqui, Finlandia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Hietaniemi Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Helsinki Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor en Wikidata
Ocupacióntradutora, escritora, poetisa, crítica Editar o valor en Wikidata
Participou en
1948Xogos Olímpicos de 1948 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMartti Haavio (1960–1973)
Kauko Pirinen (1940–1960), divorcio Editar o valor en Wikidata
FillosMatti Pirinen
 () Kauko Pirinen Editar o valor en Wikidata
PaiKaapre Tynni Editar o valor en Wikidata
IrmánsMartta Tynni Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm3392552 Musicbrainz: 19f11436-b329-4400-add5-759e11d699e1 Discogs: 740086 Editar o valor en Wikidata
Aale Tynni en 1948

Aale Tynni, nada o 3 de outubro de 1913 e finada o 21 de outubro de 1997, foi unha poeta e tradutora finlandesa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aale Tynni naceu nunha pequena aldea ingria filla de Kaapre Tynni, profesor, xornalista e un dos líderes da causa ingria que en 1919 tivo que se refuxiar en Finlandia[1] coa súa familia. Aale estudou literatura na Universidade de Helsinqui pasando ao se licenzar a ensinar lingua finesa. Aínda que comezou a escribir xa de nena, o seu primeiro poemario apareceu en 1938 co título de Kynttiläsydän. Durante a segunda guerra mundial traballou axudando ás vítimas de bombardeos e en 1940 casou co historiador Kauko Pirinen e seguiu publicando poesía, onde reflicte os sentimentos da maternidade, Lähde ja matkamies (1943), Lehtimaja (1946), Soiva metsä (1947). En 1960 divorciou e casou co poeta Martti Haavio. Publicou literatura infantil como Kultainen aapinen (1957) pero sobre todo Tynni é coñecida polas súas traducións de poesía ao finlandés, en especial pola antoloxía Tuhat Laulujen Vuotta (1957) onde traduce poesía europea desde a Idade Media ata a época contemporánea, pero publicou moitos outros libros de tradución: poesía moderna francesa en Tulisen järjen aika (1962), eddas en Eddan sankarirunot (1980) e Eddan jumalrunot (1982), escolma poética de 21 premios nobel Kaksikymmentäyksi Nobel-runoilijaa (1976) e os sonetos de William Shakespeare (1965) e libros de poesía de William Wordsworth e William Butler Yeats.

  1. "Inkeri.com". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2012. Consultado o 24 de decembro de 2012.