Saltar ao contido

A princesa prometida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A princesa prometida
Ficha técnica
Título orixinalThe Princess Bride
DirectorRob Reiner
ProdutorRob Reiner
Andrew Scheinman
Norman Lear
GuiónWilliam Goldman
IntérpretesCary Elwes
Robin Wright
Mandy Patinkin
Chris Sarandon
André the Giant
Christopher Guest
Fred Savage
Wallace Shawn
Billy Crystal
Carol Kane
MúsicaMark Knopfler
FotografíaAdrian Biddle
MontaxeRobert Leighton
Distribuidora20th Century Fox (USA)
Vestron Pictures (Internacional)
MGM Studios (VHS/DVD)
Estrea25 de setembro de 1987
Duración98 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAventuras, Fantasía
Orzamento$15 000 000[1]
Recadación$30 857 814
Na rede
http://www.princessbrideforever.com/
IMDB: tt0093779 Filmaffinity: 579602 Allocine: 3326 Rottentomatoes: m/princess_bride Mojo: princessbride Allmovie: v39218 TCM: 87152 Metacritic: movie/the-princess-bride TV.com: movies/the-princess-bride
Discogs: 46535 Netlix: 60000361 Editar o valor en Wikidata

A princesa prometida (en inglés: The Princess Bride) é un filme estadounidense dirixido por Rob Reiner que se estreou en 1987. Está baseada na novela homónima de 1973, da autoría de William Goldman, que combina comedia, aventura, amor e fantasía. O filme foi dirixido por Rob Reiner sobre un guión do propio Goldman. Entre outros actores, Billy Crystal, Peter Falk ou Fred Savage atópanse no elenco.

A narración está enmarcada por unha escena en que un neno enfermo na cama acepta sen ganas que o seu avó lle lea unha "historia de princesas e vinganza". O filme segue o fío da historia, interrompida polos comentarios do neno, cada vez máis interesado, e do avó:

Unha fermosa moza de nome Buttercup vive nunha granxa no país de Florin. A cada orde que dá ao seu criado Westley, este responde sempre "como desexe", e a fai rapidamente. Buttercup acaba por darse de conta que a frase "como desexe" significa que a ama. Xúranse fidelidade eterna e Westley marcha procurar fortuna para poder casar. Porén, o seu barco é atacado polo terrible pirata Roberts, coñecido por non deixar superviventes. Cinco anos máis tarde, crendo a Westley morto, Buttercup casa de mala gana co príncipe Humperdinck, herdeiro do trono de Florin.[2]

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Produción

[editar | editar a fonte]

Dende 1973, ano da publicación da novela de William Goldman, 20th Century Fox asegurou os seus dereitos de adaptación en 500 000 dólares. Richard Lester foi contratado para dirixir o filme e a produción estaba a piques de comezar cando o director de produción de Fox foi despedido. O proxecto deixouse de lado e Goldman mercou todos os dereitos de adaptación. Máis tarde, Rob Reiner namorouse da novela e conseguiu asegurar os dereitos de adaptación grazas ao apoio financeiro de Norman Lear.[3]

A rodaxe tivo lugar do 18 de agosto ao decembro de 1986 en Bakewell, Burnham Beeches, Castleton, os cantís de Moher, Sheffield e os estudos Shepperton.

A música do filme foi composta por Mark Knopfler, a excepción dos créditos finais compostos e interpretados por Willy DeVille.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. BoxOfficeMojo.com
  2. The New York Times (ed.). "Princess Bride". 
  3. Goldman, William (2000). Which Lie Did They Tell? (en inglés). Bloomsbury. p. 25-27. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]