A cova dos mouros
A cova dos mouros | |
---|---|
Título orixinal | A cova dos mouros |
Autor/a | Xabier Barreiro Liz |
Ilustrador/a | Xabier Barreiro Liz |
Orixe | galiza |
Lingua | galego |
Colección | Meiga Moira (nº 5) |
Xénero(s) | literatura xuvenil |
Editorial | Baía Edicións |
Data de pub. | 2000 |
Formato | tapa branda |
Páxinas | 160 |
ISBN | ISBN 978-84-962526-38-9 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A cova dos mouros é unha novela de aventuras para nenos do ano 2000, escrita por Xabier Barreiro Liz.
Características
[editar | editar a fonte]Estrutúrase en dezanove capítulos. Dun xeito realista nun principio, cóntase como Abdul, un rapaz mouro que vive en Compostela e que se dedica a venderlles postais aos turistas, vese inmerso nun mundo fantástico. Lendo un libro no Museo do Pobo Galego descobre as lendas das covas dos mouros e os seus tesouros e decide introducirse nunha cova. Deste xeito percorre diferentes paisaxes e lugares moi estraños, coma o mundo-sombra, no que coñece diferentes sistemas de vida e traballo; viaxa por diferentes dimensións espaciais e coñece diversos personaxes que lle axudan no seu cometido -o sapo greñudo, a deusa Xema, os mineiros das doas de sal, unha xeneta, o anano-esponxa...- e que lle desvelan unha das condicións necesarias para conseguir o tesouro: perder catro obxectos -un mercado, un regalado, un amigo e unha cousa valiosa. O protagonista decátase de que o tesouro non é algo material, como esperaba, senón máis ben un estado de ánimo: a súa felicidade interior. Abdul unha vez que consegue o seu obxectivo deixa o mundo marabilloso e volve a Santiago de Compostela.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na páxina da editorial Arquivado 08 de decembro de 2021 en Wayback Machine.