AVUS
AVUS | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
Datos | |
Carreiras | |
Localización | Berlín, Alemaña |
Lonxitude | 8´300 km |
Curvas | 4 |
Volta rápida (1959) | 2:04.5 |
Piloto récord | Tony Brooks |
Escudería récord | Ferrari |
Coordenadas | |
Vista do Circuíto | |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
O AVUS siglas de Automobil-Verkehrs- und Übungs-Straße («Estrada de tráfico e formación de automóbiles») é un autódromo situado ao sueste de Berlín, Alemaña. Composto por dúas longas rectas conectadas por dúas pinzas, actualmente atópase inactivo desde 1998 e forma parte da Autobahn A115.
Circuíto
[editar | editar a fonte]O proxecto do circuíto, a cargo do Automóbil Club de Alemaña, xurdiu no ano 1907. Logo de varias demoras por problemas de financiamento, o AVUS inaugurouse en setembro de 1921. O AVUS albergou o primeiro Gran Premio de Alemaña, disputado con automóbiles de Gran Turismo no ano 1926.
Orixinalmente, a pista compúñase de dúas rectas unidas por dúas curvas amplas e chatas, que se circulaba en sentido antihorario. Pero dado o enfrontamento entre os circuítos de AVUS e Nürburgring, a curva norte foi redeseñada en 1937 ao agregarse un peralte de 43º. Debido a que non había ningunha barreira na parte superior, moitos pilotos de carreiras morreron ao perder o control do seu vehículo e voar por encima do muro. Durante o goberno nacionalsocialista alemán, a curva sur foi demolida para unir ambas as rectas á rede de autoestradas.
Logo da segunda guerra mundial, volveuse a correr no AVUS nunha versión reducida a 8.300 metros. A Fórmula 1 competiu por única vez nese lugar o Gran Premio de Alemaña de 1959, pois o circuíto de Nürburgring estabase a remodelar. Despois de que varios pilotos sufrisen accidentes na curva norte, esta tamén se demoleu en 1967. Desde entón e ata 1998, o AVUS albergou carreiras do Deutsche Tourenwagen Meisterschaft e a Fórmula 3 alemá en versións do trazado recortadas, con chicanes e curvas sen peraltes.
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto do AVUS
[editar | editar a fonte]Ano | Piloto | Auto | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1959 | Tony Brooks | Ferrari | 2:09:31.6 h | 8´299 km | 60 | 230´686 km/h | 2. agosto | Alemaña |
Galería
[editar | editar a fonte]-
AVUS en 1922.
-
Carreira de 1955, dous coches na curva peraltada norte
-
Saída da carreira de 1932, con Manfred von Brauchitsch diante
-
AVUS carreira, 1931
-
Mercedes-Benz W25 Frecha de prata aerodinámico na curva peraltada, 1937
-
Actualmentea torre e un motel
-
Ciclistas no antigo trazado do AVUS.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: AVUS |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- 1936 Summer Olympics official report. Volume 2. pp. 644–7, 682-5, 932-5.
- FORIX about the AVUS track
- Historic Purpose Built Grand Prix Circuits on Google Maps