55 Cancri e
Planeta extrasolar | Lista de planetas extrasolares | |
---|---|---|
Estrela nai | ||
Estrela | 55 Cancri A | |
Constelación | Cáncer | |
Ascensión recta | (α) | 08h 52m 35.8s |
Declinación | (δ) | +28° 19′ 51″ |
Magnitude aparente | (mV) | 5,95 |
Distancia | 40,3 ± 0,4 al (12,3 ± 0,1 pc) | |
Tipo espectral | G8V | |
Masa | (m) | 0,95 ± 0,10 M☉ |
Raio | (r) | 1,152 ± 0,035 R☉ |
Temperatura | (T) | 5.373 ± 9,7 K |
Metalicidade | [Fe/H] | 0,29 |
Idade | 7,4–8,7 Ga | |
Elementos orbitais | ||
Eixo semimaior | (a) | 0,01560 ± 0,00011[1] UA (2,333 Gm) |
1,27 mas | ||
Periastro | (q) | 0,0129 UA (1,94 Gm) |
Apoastro | (Q) | 0,0183 UA (2,73 Gm) |
Excentricidade | (e) | 0,17 ± 0,04[1] |
Período orbital | (P) | 0,7365449 (± 0,000005)[1] a |
(17,677 h) | ||
Inclinación | (i) | 83,4 ± 1,7° |
Semi-amplitude | (K) | 6,2 ± 0,2[1] m/s |
Características físicas | ||
Masa | (m) | 8,63 ± 0,35[2] M⊕ |
Raio | (r) | 2,00 ± 0,14[2] R⊕ |
Fluxo estelar | (F⊙) | 2.590 ⊕ |
Densidade | (ρ) | 5,9+1,5 −1,1[2] g cm-3 |
Información do descubrimento | ||
Data do descubrimento | 20-08-2004 | |
Descubridor(es) | ||
Método do descubrimento | Velocidade radial | |
Outros métodos de detección | Tránsito, variacións orbitais da curva de luz | |
Lugar do descubrimento | Texas, USA | |
Status do descubrimento | Publicado | |
Outras designacións | ||
55 Cancri Ae, Rho1 Cancri e, HD 75732 e.
| ||
Referencias nas bases de datos | ||
Enciclopedia Planetas Extrasolares | datos | |
SIMBAD | datos |
55 Cancri e (abreviadamente 55 Cnc e) é un planeta extrasolar en órbita ó redor da estrela 55 Cancri A, semellante ó noso Sol. A súa masa é de case 7,8 masas terrestres e o seu diámetro é de case dúas veces maior có da Terra,[3] sendo clasificado coma a primeira Super-Terra descuberta ó redor dunha estrela na secuencia principal, anticipándose a Gliese 876 d nun ano. Lévalle menos de 18 horas completar unha órbita e é o planeta máis interior (do que se ten coñecemento) do seu sistema planetario. 55 Cancri e foi descuberto o 30 de agosto de 2004. Ata o 2010, no que se fixeron novas observacións e cálculos, pensábase que este planeta tardaba case 2,8 días en completar unha órbita.[4] En outubro do 2012, anunciouse que 55 Cancri e podería ser un planeta de carbono.[5][6]
Descubrimento
[editar | editar a fonte]Como a maioría dos planetas extrasolares coñecidos (atopados con anterioridade ó lanzamento da misión Kepler), 55 Cancri e foi descuberto a través da detección de variacións da velocidade radial da súa estrela. Isto foi conseguido a través de medicións sensibles ó efecto Doppler do espectro de 55 Cancri A. No momento do seu descubrimento, xa se coñecían outros tres planetas orbitando a estrela. Despois de descubrir eses planetas, quedaba un sinal do redor de 2,8 días, o que podería ser explicado por un planeta de polo menos 14,2 masas terrestres nunha órbita moi próxima á estrela.[7] Estas mesmas observacións serviron para confirma-la existencia de 55 Cancri c.
55 Cancri e foi un dos primeiros planetas extrasolares descuberto cunha masa comparable á de Neptuno. Anúnciase ó mesmo tempo o descubrimento doutro "Neptuno quente", Gliese 436 b, que orbita ó redor da anana vermella Gliese 436.
Existencia do planeta cuestionada
[editar | editar a fonte]No ano 2005, a existencia do planeta 'e' foi cuestionada por Jack Wisdom nunha re-análise dos datos.[8] Segundo el, no sitio dun planeta cun período de 2,8 días, o que en realidade había era un planeta cunha masa semellante a de Neptuno cun período orbital de 261 días ó redor de 55 Cancri A. No 2007, Debra Fischer e os seus colegas da San Francisco State University publicaron unha nova análise[9] indicando que ambos planetas existían; o planeta de 261 días de período orbital recibiu a designación de 55 Cancri f.
Tránsito
[editar | editar a fonte]O planeta transita a súa estrela primaria, o cal foi anunciado o 27 de abril do 2011, baseándose en dúas semanas de monitorización fotométrica case continua co telescopio espacial MOST.[10] O tránsito ocorre co período (0,74 días) e fase que predixeron Dawson & Fabrycky. Este é un dos poucos tránsitos confirmados ó redor dunha estrela ben estudada, e que lle permitiu ós investigadores indagar sobre a composición do planeta.
Órbita e masa
[editar | editar a fonte]O método de velocidade radial empregado para detectar 55 Cancri e obtén unha masa mínima de 7,8 veces a da Terra,[3] ou o 48% da masa de Neptuno. O tránsito mostra que a súa inclinación é de preto de 83,4 ± 1,7. Así pois, a masa real é próxima ó rango mínimo. 55 Cancri 'e' é coplanar con 'b'.
Características
[editar | editar a fonte]55 Cancri e recibe máis radiación cá Gliese 436 b.[11] A cara que mira cara a súa estrela está a máis de 2.000 Kelvin (máis de 3.140 Fahrenheit), quente de abondo coma para fundi-lo metal.[12]
Inicialmente non se sabía se 55 Cancri e era un pequeno xigante de gas coma Neptuno ou un gran planeta rochoso. No 2011, un tránsito do planeta foi confirmado, permitindo ós científicos calcula-la súa densidade. Ó principio sospeitábase que podía ser un planeta de auga.[2][3] As observación iniciais non amosaban hidróxeno na súa sinatura de tránsito Lyman-alpha, Ehrenreich cavilaba con que eses volátiles poderían ser dióxido de carbano, no sitio de auga ou hidróxeno.[13]
Unha posibilidade alternativa é que 55 Cancri e sexa un planeta sólido feito de material rico en carbono, no canto de material rico en osíxeno, que é o que compón os planetas terrestres no noso sistema solar.[14] Nese caso, ó redor dun terzo da masa do planeta sería de carbono, moita desa masa podería estar en forma de diamante, coma resultado das altas temperaturas e presións do interior do planeta. Son necesarias máis observacións para confirma-la natureza do planeta.[5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Dawson, e o seu equipo., Fabrycky (21-05-2010). "Radial velocity planets de-aliased. A new, short period for Super-Earth 55 Cnc e". The Astrophysical Journal 722: 937–953. Bibcode:2010ApJ...722..937D. arXiv:1005.4050. doi:10.1088/0004-637X/722/1/937.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Winn, J.N e o seu equipo. (2008). "A Super Earth Transiting a Naked-Eye Star". Astronomy & Astrophysics. Bibcode:2011ApJ...737L..18W. arXiv:1104.5230. doi:10.1088/2041-8205/737/1/L18.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Staff (20-01-2012). Space.com, ed. "Oozing Super-Earth: Images of Alien Planet 55 Cancri e". Consultado o 21-01-2012.
- ↑ Fischer, D. A. e o seu equipo. (23-12-2007). "Five Planets Orbiting 55 Cancri". Astrophysics 675: 790–801. Bibcode:2008ApJ...675..790F. arXiv:0712.3917. doi:10.1086/525512.
- ↑ 5,0 5,1 Chris Wickham (11-10-2012). "A diamond bigger than Earth?". Reuters. Arquivado dende o orixinal o 19-11-2015. Consultado o 11-10-2012.
- ↑ 6,0 6,1 Nikku Madhusudhan, Olivier Mousis, Kanani K. M. Lee (2012). "A Possible Carbon-rich Interior in Super-Earth 55 Cancri e". Astrophysical Journal Letters. Bibcode:2012ApJ...759L..40M. arXiv:1210.2720. doi:10.1088/2041-8205/759/2/L40.
- ↑ McArthur, B. e o seu equipo. (2004). "Detection of a NEPTUNE-mass planet in the ρ1 Cnc system using the Hobby-Eberly Telescope". The Astrophysical Journal 614 (1): L81 – L84. Bibcode:2004ApJ...614L..81M. arXiv:astro-ph/0408585. doi:10.1086/425561.
- ↑ Wisdom, J. (2005). "Evidence of a Neptune-Sized Planet in the ρ1 Cancri System". The Astrophysical Journal Letters (submitted). Arquivado dende o orixinal (PostScript) o 19 de marzo de 2007. Consultado o 11 de xaneiro de 2014.
- ↑ Minkel, J. R. "Record Fifth Planet Discovered Around Distant Star". Scientific American (en inglés). Consultado o 10 de decembro de 2018.
- ↑ Winn, J.N. e o seu equipo. (2011). "A Super-Earth Transiting a Naked-Eye Star". The Astrophysical Journal Letters 737 (1). Bibcode:2011ApJ...737L..18W. arXiv:1104.5230. doi:10.1088/2041-8205/737/1/L18.
- ↑ Lucas, P. W.; Hough, J. H.; Bailey, J. A.; Tamura, M.; Hirst, E.; Harrison, D.; (2007). "Planetpol polarimetry of the exoplanet systems 55 Cnc and tau Boo". Monthly Notices of the Royal Astronomical Society 393: 229–244. Bibcode:2009MNRAS.393..229L. arXiv:0807.2568. doi:10.1111/j.1365-2966.2008.14182.x.
- ↑ Science@NASA. NASA, ed. "NASA Space Telescope Sees the Light from an Alien Super-Earth". Arquivado dende o orixinal o 26-01-2021. Consultado o 10-05-2012.
- ↑ D. Ehrenreich e o seu equipo. (02-10-2012). "Hint of a transiting extended atmosphere on 55 Cancri b". Astronomy & Astrophysics. Bibcode:2012A&A...547A..18E. arXiv:1210.0531. doi:10.1051/0004-6361/201219981.
- ↑ "Nearby Super-Earth Likely a Diamond Planet". Science Daily. 11-10-2012. Consultado o 11-102012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 55 Cancri e |
- Jean Schneider (2011). Extrasolar Planets Encyclopaedia, ed. "Notes for Planet 55 Cnc e". Consultado o 08-10-2011. (en inglés)
- Extrasolar Visions: 55 Cancri e (en inglés)
- Spitzer Detects a Steaming Super-Earth Eclipsing Its Star (JPL 09.26.11) (en inglés)