Saltar ao contido

50 metros lisos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Donovan Bailey, récord do mundo sénior na especialidade.

Os 50 metros lisos son unha disciplina do atletismo que consiste en correr no menor tempo posíbel 50 metros en liña recta sobre unha superficie cha sen obstáculos.

Os récords e as melllores marcas persoais acádanse frecuentemente nos meses de febreiro ou marzo en competicións en pista cuberta.

En Europa, os Xogos Europeos en pista cubrta celebráronse por primeira vez en 1966 e, desde 1970, denomínanse Campionatos de Europa en pista cuberta.[1] [2]

Atletas participantes

[editar | editar a fonte]

É unha proba practicada sobre todo por atletas moi novos (de 13 anos de idade, ou menos) e destinada a avaliar as cualidades de velocistas dos nenos e nenas evitando un sobreesforzo no adestramento. Pero tamén se celebran competicións de atetas sénior. Practícase en pista cuberta ou ao aire libre.

Récords mundiais

[editar | editar a fonte]

O récords do mundo en categoría masculina posúeo na actualidade o xamaicano nacionalizado canadense Donovan Bailey, con 5,56 seg, alcanzado o 9 de febreiro de 1996 en Reno, Nevada (Estados Unidos),[3] [4] aos 29 anos.[4]

Na categoría feminina o récord mundial posúeo a rusa Irina Privalova, con 5,96 seg, conseguido o 9 de febreiro de 1995 en Madrid,[5] [6] aos 27 anos.[6]

En Galicia

[editar | editar a fonte]

En Galicia destaca a marca de Ana Peleteiro, 6,66 seg, rexistrada na Coruña en pista cuberta o 9 de febreiro de 2013, aos 18 anos.[7]

  1. EUROPEAN INDOOR CHAMPIONSHIPS (MEN), na Web gbrathletics.com
  2. European Athletics Indoor Championships Statistics – Women na Web de European Athletica.
  3. Récords 50 metros en pista cuberta, homes, na web da IAAF.
  4. 4,0 4,1 Donovan Bailey, Perfil na web da IAAF.
  5. Récords 50 metros en pista cuberta, mulleres, na web da IAAF.
  6. 6,0 6,1 Irina Privalova. Perfil na web da IAAF.
  7. Ana Peleteiro. Perfil na web da IAAF.