Şalom
Aparencia
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Şalom | |
---|---|
Fundación | 29 de outubro de 1947 |
Fundador | Avram Leyon |
Lingua | lingua turca, Lingua sefardí e lingua castelá |
Na rede | |
https://salom.com.tr | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Şalom (en hebreo: שלום, "Paz") é un xornal semanal de noticias xudeu-turcas, fundado o 29 de outubro de 1947 e sito en Istambul. É publicado en turco xunto cunha páxina publicada en ladino (sefardí). Está orientado para o público xudeu da grande área metropolitana.
Traxectoria e características
[editar | editar a fonte]Fundado polo xornalista xudeu-turco Avram Leyon, propietario da empresa de medios, Gözlem Gazetecilik Basın ve Yayın A.Ş.. A tirada semanal do xornal non excede os 5.000 exemplares (2005), incluíndo un suplemento denominado El Amaneser enteramente en ladino dende 2005.
O director é İvo Molinas e o redactor xefe é Yakup Barokas. A súa redacción e oficina gráfica están en Teşvikiye en Istambul e tamén mantén unha páxina de Internet en turco e en ladino.
Columnistas
[editar | editar a fonte]- Yakup Barokas.
- İvo Molinas.
- Doğan Levent.
- Vedat Levent.
- Batya Kebudi.
- Eli Kebudi.
- Beril Elhadef.
- Betül Benarditi.
- İzi Darsa.
- Erol Güney.
- Alev Seren.