Ŋ
Aparencia
O eng ou engma ( Ŋ, ŋ ) é unha letra suplementaria do alfabeto latino, empregada para representar unha consoante velar nasal.
Historia
[editar | editar a fonte]No Fyrsta Málfræðiritgerðin,[1] tratado do século XII sobre a fonética do antigo nórdico e do antigo islandés emprega o carácter g para representar o son n velar. Xa en 1619 Alexander Gill “o Vello” utiliza un n minúsculo cun gancho semellante ao do g no seu libro Logonomia Anglica.[2] No caso da letra maiúscula emprega G cun trazo. Desde entón, lingüistas coma William Holder ou Benjamin Franklin continuaron a empregar o símbolo para representar ese fonema.
Os antigos impresores, que non dispoñían do símbolo adoitaban empregar un G maiúsculo rotado ou ben a letra grega eta ( ƞ ).
Uso
[editar | editar a fonte]- O Alfabeto Fonético Internacional emprega o símbolo [ŋ] para representar a consoante velar nasal, como no galego “unha” ([ˈuŋa̝]) ou “non” ([ˈnoŋ]).[3]
- O ŋ é unha letra do alfabeto africano de referencia.[4] A letra é empregada en máis de cen linguas africanas,[5] entre elas no wolof, no ewe, no luganda, no basaa, no bambara ou no fula.
- No o'odham,[6] en Norteamérica e nos dialectos norte, inari, skolt, ter e ume das linguas saamis,[7] en Europa tamén empregan a letra para representar o mesmo fonema.
- No yolŋu, de Australia representa o fonema [ɲ].[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Reprodución dixital en Old Norse etexts.
- ↑ Crystal, David (2003). The Cambridge Encyclopedia of the English Language.
- ↑ Universidade de Santiago de Compostela, Instituto da Lingua Galega (ed.). "Dicionario de pronuncia da lingua galega". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2018. Consultado o 01 de febreiro de 2014.
- ↑ "African Alphabet Reference". Consultado o 1 de febreiro de 2014.
- ↑ LLACAN (ed.). "Systèmes alphabétiques des langues africaines". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2018. Consultado o 1 de febreiro de 2014.
- ↑ Omniglot (ed.). "O’odham". Consultado o 1 de febreiro de 2014.
- ↑ Omniglot (ed.). "Sámi Languages". Consultado o 1 de febreiro de 2014.
- ↑ Omniglot (ed.). "Yolngu". Consultado o 1 de febreiro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ŋ |