Östra Göinge
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Escania | ||||
Capital | Broby (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 14.020 (2024) (31,08 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 451,15 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos hist��ricos | |||||
Precedido por | Broby Municipality (en) , Glimåkra Municipality (en) , Hjärsås Municipality (en) e Knislinge Municipality (en) | ||||
Creación | 1 de xaneiro de 1974 | ||||
Sitio web | ostragoinge.se | ||||
Östra Göinge é un municipio sueco (kommun) do condado de Escania.[1] A súa capital é Broby. O concello limita con Kristianstad ao sur e sueste, con Hässleholm ao oeste e con Osby an norte. No ano 2022 o municipio tiña unha poboación de 14 887 habitantes.[2]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Hidrografía
[editar | editar a fonte]O río Ekeshultsån abastece ao lago Immeln ao redor da metade da súa auga, pero o río ten problemas de, entre outras cousas, acidificación e eutrofización, que tamén afectan ao lago. O Immeln e o seu sistema de lagos é unha das zonas de nidación máis importantes en Escania para aguias peixeiras e movellas árticas.[3] Nos lagos Rolstorpssjön e Tydingesjön hai zonas de baño.[4]
Protección natural
[editar | editar a fonte]No concello hai seis reservas naturais que son administradas pola xunta do condado de Escania.[5] Na reserva de Wanås hai ao redor de 1 100 grandes árbores, entre eles o carballo Snapphaneeken cunha circunferencia de 7,5 metros, e ambientes que son cómodos para polo menos 45 especies incluídas na lista vermella da IUCN.[6] As tres reservas naturais de Dalshult, Sporrakulla e Grävlingabackarna dan xuntas unha idea de como se utilizaron as terras de Escania durante centos de anos ata principios do século XX.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-11.
- ↑ "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-08-28.
- ↑ "Rädda Immeln : Östra Göinge kommun". www.ostragoinge.se. Consultado o 2022-12-31.
- ↑ "Badplatser i Östra Göinge kommun". Havs- och vattenmyndigheten (en sueco). Consultado o 2022-12-31.
- ↑ "Naturreservat". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-12-31.
- ↑ "Wanås". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-12-31.
- ↑ "Sporrakulla". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-12-31.