Saltar ao contido

Jim Sheridan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJim Sheridan

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de febreiro de 1949 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Dublín, Irlanda Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversity College Dublin Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Irlanda Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactor, produtor de cinema, guionista, director de cinema, realizador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1989 Editar o valor en Wikidata -
Obra
Obras destacables
Familia
FillosKirsten Sheridan Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0006487 Allocine: 17785 Allmovie: p111165 TCM: 176083 TV.com: people/jim-sheridan-1
BNE: XX1086623 Musicbrainz: a869a286-249e-404f-9fbd-7428d185c97f Editar o valor en Wikidata

Jim Sheridan, nado en Dublín o 6 de febreiro de 1949, é un director, produtor e guionista de cine irlandés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira no teatro coma un dos fundadores do Project Art Centre de Dublín. Nesa época estivo adicado á produción teatral.

A comezos dos anos 80, emigrou aos Estados Unidos xunto coa súa muller e as súas dúas fillas, coa intención de internarse no mundo de Broadway. Unha vez alí, matriculouse na Escola de Cine da Universidade de Nova York.

Non será ata finais da década dos 80 cando Sheridan dea o salto á dirección cinematográfica co filme O meu pé esquerdo, que ademais de ser un éxito de público, impulsaría o renacemento da cinema irlandés. O filme obtivo cinco candidaturas aos Óscar, incluíndo Mellor Película, Mellor dirección e Mellor guión adaptado, e facéndose con dous, os correspondentes ao Mellor actor principal e á Mellor actriz secundaria, que foron para Daniel Day-Lewis e Brenda Fricker.

A pesar das numerosas ofertas que recibiu de Hollywood, Sheridan decidiu continuar dirixindo na súa Irlanda natal. A súa seguinte película sería The Field, pola que Richard Harris resultaría candidato ao Óscar pola interpretación dun granxeiro que defende a súa terra das garras dos especuladores inmobiliarios. Posteriormente escribiu o guión do filme Into the West que dirixiu o inglés Mike Newell.

En 1993, Sheridan escribiu, produciu e dirixiu In the Name of the Father ("No nome do pai"), drama que conta a loita de Gerry Conlon, un home acusado falsamente e encarcerado coma terrorista do IRA. Para este filme, Sheridan volveu contar con Daniel Day-Lewis, ademais de Emma Thompson e de Pete Postlethwaite. Sheridan obtivo a súa segunda candidatura para o Óscar ao Mellor director, ao que lle habería de sumar as candidaturas ao Mellor guión adaptado e á Mellor película.

Nos anos seguintes, Sheridan produce e escribe diferentes filmes, ata que en 1997 volve á dirección con The Boxer na que é a súa última colaboración con Day-Lewis. En 2002 escribe, dirixe e produce o filme con trazos autobiográficos In America, onde retrata a vida dunha familia irlandesa inmigrante nos Estados Unidos dos anos 80.

Posteriormente dirixiu, xa nos Estados Unidos, Get Rich Or Die Tryin, Brothers, remake do filme dinamarqués de Susanne Bier Brødre, e o suspense Dream House, polo que non obtivo moi boas críticas.[1]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Filme Funcións
2015 The Secret Scripture Director e guionista
2012 Dollhouse Produtor executivo
2011 Dream House Director
2009 Brothers Director
2005 Get Rich or Die Tryin' Director e produtor
2003 In America Guionista, director e produtor
2002 Bloody Sunday Produtor executivo
2001 On the Edge Produtor executivo
2000 Borstal Boy Produtor executivo
1999 Agnes Browne Produtor executivo
1997 The Boxer Guionista, director e produtor
1996 Some Mother's Son Guionista e produtor
1993 In the Name of the Father Director, guionista e produtor
1993 Into the West Guionista
1990 The Field Director e guionista
1989 O meu pé esquerdo Director e guionista
  1. "Naomi Watts Takes Residence in Murdered Family's 'Dream House'". Bloody Disgusting. 23-1-2010. Consultado o 23-7-2013.