Saltar ao contido

Anna Gabriel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Biografíailustre Editar o valor en Wikidata
Anna Gabriel

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Anna Gabriel i Sabaté Editar o valor en Wikidata
13 de setembro de 1975 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Sallent, España Editar o valor en Wikidata
Deputada do Parlamento de Cataluña
26 de outubro de 2015 – 28 de outubro de 2017 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Barcelona

Concelleira de Sallent
2003 – 2011 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaXenebra (2018–) Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Barcelona Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica, profesora de dereito público, educadora social Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Autónoma de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Partido políticoCandidatura d'Unitat Popular (2002–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
2021Stop JJOO 2030
marzo de 2019Manifesto por un novo internacionalismo dos pobos en Europa Editar o valor en Wikidata
Familia
NaiMaribel Sabaté Sánchez Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm8063936 Twitter: AnnaGaSabate BNE: XX4781255 Editar o valor en Wikidata

Anna Gabriel i Sabaté, nada en Sallent en 1975, é unha educadora social, mestra de dereito e política catalá. É deputada no Parlamento de Cataluña pola CUP dende setembro do 2015.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Sallent, un concello obreiro con importante tradición anarquista e pertence a unha familia mineira comprometida coa loita social. O seu pai emigrou dende Minas de Riotinto e chegou a Sallent para traballar na mina e súa nai, nada en Sallent, provén dunha familia mineira de Murcia e militou no PSUC. O seu avó era da CNT, o mesmo que o seu bisavó.[1]

Diplomouse en educación social e despois licenciouse en dereito e realizou un máster en dereitos sociolaborais na Universidade Autónoma de Barcelona. É mestra da Facultade de Dereito da Universidade Autónoma de Barcelona e foi técnica da Dirección Xeral de Atención á Infancia da Generalitat de Cataluña e dos concellos de Manresa e Gironella.

Comezou a militancia política ós 16 anos no eido local, na Plataforma Antifeixista e o Agrupament Roques Albes. Despois de estudar educación social, traballou en diferentes concellos e entidades como educadora da rúa e participou na fundación da Coordinadora d'Associacions per la Llengua Catalana.[2] Está afiliada á Confederación Xeral de Traballo e é membro de Endavant e do colectivo Terra i Llibertat. Milita dende 2002 na CUP, onde defende o feminismo como un dos alicerces fundamentais da formación, aposta por plans de igualdade nos concellos, ademais dun plan de choque contra o feminicidio[3] e para a paridade.[4]

Foi portavoz da campaña Independència per canviar-ho tot e rexedora do concello de Sallent entre os anos 2003 e 2011. Presentouse coa CUP ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2004 como número tres. Durante a lexislatura 2012-2015 traballou como coordinadora do grupo parlamentario da CUP.[5] Nas Eleccións ao Parlamento de Cataluña 2015, foi candidata da CUP - Crida Constituent despois de ser escollida en primarias e escollida deputada por Barcelona.

Traslado a Suíza

[editar | editar a fonte]

En febreiro de 2018 foi chamada a declarar polo Tribunal Supremo de España en referencia ó referendo de independencia de 2017.[6] A ex-deputada trasladouse despois a Suíza asegurando que non iría ó Tribunal Supremo porque segundo ela en España non tería un xuízo xusto.[7] Un representante da Oficina Federal de Xustiza de Suíza dixo que Suíza non colaboraría en caso de orde de extradición.[8]

En xullo de 2022 fíxose público que Anna Gabriel compareceu voluntariamente ante o Tribunal Supremo de España para regularizar a súa situación procesual.[9]

  1. VilaWeb, ed. (22 de outubro de 2012). "Anna Gabriel Sabaté (Sallent): ?Som una prova pilot, un laboratori: la fórmula CUP s?està inventant?". Cop de CUP. Viatge a l'ànima i a les arrels de les Candidatures d'Unitat Popular. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2015. Consultado o 27 de setembro de 2015. 
  2. González Liste, Ana (31 de xullo de 2015). "Baños : “La CUP sí pactará para romper con el Estado”". El País (Barcelona: Grupo PRISA). Consultado o 29 de setembro de 2015. 
  3. La Haine, ed. (25 de setembro de 2015). "Entrevista a Isabel Vallet y Anna Gabriel". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2015. Consultado o 4 de outubro de 2015. 
  4. Regió 7 (ed.). "La CUP tria la sallentina Anna Gabriel de número dos per a "l´etapa clau" que obre el 27-S". Consultado o 31 de xullo de 2015. 
  5. "Los diez diputados electos". La Vanguardia: 21. 4/10/2015. 
  6. "La CUP mantiene la incógnita sobre si Gabriel declarará en el Supremo". El Periódico (en castelán). 19 de febreiro de 2018. 
  7. "Anna Gabriel no irá a declarar ante el Supremo y se plantea pedir asilo político en Suiza". La Vanguardia. 
  8. "Spain: Judge orders arrest of separatist if she returns". ABC news. 21 de febreiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2018. Consultado o 21 de febreiro de 2018. 
  9. "Anna Gabriel compareix davant Pablo Llarena al Tribunal Suprem espanyol". VilaWeb (en catalán). Consultado o 2022-07-20. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]