Saltar ao contido

Pura Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPura Vázquez
Biografía
Nacemento31 de marzo de 1918 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte25 de xullo de 2006 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Lugar de sepulturaCemiterio de San Francisco de Ourense Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalMaxisterio
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía
Familia
IrmánsDora Vázquez Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1639632 Bitraga: 1228 AELG: 166 BUSC: vazquez-pura-1918-2006

Carmen Pura Vázquez Iglesias, nada en Ourense (no barrio do Polvorín) o 31 de marzo de 1918 e finada na mesma cidade o 25 de xullo de 2006, foi unha poeta galega. Representante da poesía de posguerra, apostou por unha saída lírica e existencialista fronte a liñas máis combativas. Poeta en galego e castelán e irmá da escritora Dora Vázquez, tamén se conta entre as escritoras vencelladas á emigración. Foi a primeira muller que comezou a publicar en galego nos xornais e revistas de Galiza e da emigración tras a guerra civil. Tamén foi unha das pioneiras no eido da literatura infantil e xuvenil.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Escultura en homenaxe a Pura e Dora Vázquez na Insua dos Poetas.
Escultura en homenaxe a Pura e Dora Vázquez na Insua dos Poetas.

Criouse na cidade da Coruña desde case o seu nacemento ata os sete anos de idade, cando regresou coa súa familia a Ourense, logo de que seu pai, funcionario de Correos, fose sancionado durante a guerra civil. Estudou alí a primaria, o bacharelato e a carreira de Maxisterio. Desempeñou a primeira escola, logo da oposición, en diversas localidades da provincia ourensá e logo por Segovia, Toledo, Sevilla ou Madrid. Nesta última capital xubilouse en 1985, cando enviuvou, e regresou definitivamente a Ourense, onde viviu os seus derradeiros vinte anos de vida.

En 1955 viaxou por primeira vez a Venezuela, onde foi encargada polas autoridades venezolanas de organizar e dirixir un xardín de infancia piloto en Caracas. Un ano despois, é chamada pola Universidade Central para ser secretaria da Escola de Xornalismo, que daquela funcionaba dentro da Facultade de Letras. Alí tamén mantivo contactos co ámbito literario da emigración galega. Regresou á docencia na península en 1968.

Comezou a escribir e publicar desde moi nova, en revistas e prensa galegas, fundamentalmente ourensás. En 1944 a Deputación de Ourense publicoulle o seu primeiro libro de poesía en castelá. Antes, en 1943, publicáranlle xa persoas particulares unha edici��n de 18 exemplares doutro libro tamén escrito en castelán, pero que incluía xa nove poemas en galego, o que para aquela data era algo insólito. Neste idioma publica tamén xa entón contos e poesías en xornais e revistas galegas de Galiza e da emigración, como no Centro Gallego de Buenos Aires.

En 1952 editouse como número dous da Colección Xistral, o seu libro Íntimas totalmente xa escrito en galego. En Galiza, e logo en Castela e en Venezuela, seguiu publicando poesía, alternando o galego co castelán. Posteriormente atravesou un intervalo de preto de nove anos sen escribir, por motivos familiares e de saúde.

Xa xubilada e volvida para a casa familiar das Mercedes, en Ourense, publicou en 1990 e 1991 unha antoloxía poética en castelán e outra en galego, onde recolleu parte da obra que fora editando en todos os seus anos anteriores. A partir dese momento, seguiu publicando poesía, fundamentalmente en galego. Moitas das súas obras foron editadas por ela mesma, fóra de editoriais comerciais, e escritas a miúdo a catro mans coa súa irmá Dora Vázquez.

Produción literaria en galego

[editar | editar a fonte]

Narrativa

[editar | editar a fonte]
  • Os Aldán foron a América, 1996, Deputación de Ourense.
  • Edras do vento: narrativa, 2001, edición da autora.
  • O frade era galego e outros relatos, 2002, Ediciós do Castro.

Ensaios e artigos xornalísticos

[editar | editar a fonte]
  • Terra matria dos soños, 1999, Abano, Ourense.
  • O mundo máxico das ideas, 2001, edición da autora.

Literatura infanto-xuvenil

[editar | editar a fonte]
  • Rondas de norte a sur: poesía infantil, 1968, Caixa de Aforros Provincial de Ourense.
  • Versos para os nenos da aldea, 1968, Ourense.
  • Un niño para xílgaros cantores, 2002, publicado en Internet.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]

"Festa na nogueira"
......
Presume
a bubela
co seu moño
de cores.
O melro
loce
unha prumaxe
de charol
i enfarruscado
canta
ledamente.

—Pura Vázquez [2]
Obras con Dora Vázquez
  • O páxaro azul e O trasno enredador, en Monicreques, 1974, La Región.
  • Oriolos neneiros, 1975, edición das autoras.
  • Segundo Pereira, en Dúas novelas galegas, 1978, edición das autoras.
  • Estreliña na Terra e O anel, en Ronseles, 1980, La Región.
  • Viaxe ó país dos contos e da poesía, 1985, Caixa Ourense.
  • Teatro completo para nenos, 2000, Abano, Ourense.

Produción literaria en castelán

[editar | editar a fonte]

Algunhas das súas obras en castelán son:

  • Márgenes veladas: poesía, 1944, Ourense.
  • Peregrino de amor, Ourense.
  • En torno a la voz, Ourense.
  • Desde la niebla, 1951, Casa de Antonio Machado, Segovia.
  • Tiempo mío, 1952, Palma, Madrid.
  • Mañana del amor: poesía, 1956, Surco.
  • Destinos, Lírica Hispana, Caracas.
  • 13 poemas a mi sombra, Arte, Caracas.
  • Presencia de Venezuela, Lírica Hispana, Caracas.
  • Contacto humano del recuerdo: poemas, 1985, Rondas.
  • Herida soledad hacia lo alto, 1988, Torremozas.
  • Antología poética en castellano, 1990, edición da autora.
  • Zodíaco, opúsculo, 1992.
  • Los silencios de Alargán, 1994.

Literatura infanto-xuvenil

[editar | editar a fonte]
  • Columpio de luna a sol, Boris Bureba, Madrid.

Obras con Dora Vázquez

[editar | editar a fonte]
  • Los poetas, 1971, edición da autora.

Premios e homenaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da literatura galega. Obras III. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 421–423. ISBN 84-8288-365-8. 
  2. Oriolos neneiros. 1975. 
  3. Académicos e académicas correspondentes RAG.
  4. O premio ten unha primeira fase de narracións, e unha segunda de ilustración, baseada na narración que obtivo a vitoria no premio dese ano. Na edición de 2006 a contía do galardón era de 3.000 euros para cada unha das categorías.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]