Premios Mestre Mateo
- Véxase tamén: Mestre Mateu.
Premios Mestre Mateo | |
---|---|
Tipo | grupo de premios e evento periódico |
Data de fundación | 2002 |
Nomeado en referencia a | Mestre Mateu |
País | Galicia |
Na rede | |
https://premiosmestremateo.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os Premios Mestre Mateo son os galardóns anuais á excelencia das producións audiovisuais de Galicia. Organizados e supervisados pola Academia Galega do Audiovisual (AGA),[1] os premios son concedidos cada ano nunha cerimonia formal. A Academia foi orixinalmente concibida como unha entidade profesional que podería asumir a organización dos premios, ademais de ser un xeito de mellorar a imaxe da industria audiovisual galega.
Os primeiros Premios Mestre Mateo celebráronse no 2002 nunha cerimonia no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. Ó longo dos anos, as categorías presentadas foron cambiando, e no presente, os Premios contan 25 categorías.
O trofeo está inspirado na imaxe do Santo dos Croques, popularmente identificado co mestre Mateu.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]Antes de que se constituíse a Academia Galega do Audiovisual, a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) era a responsable de organizar os premios anuais do audiovisual galego, baixo o nome de Premios AGAPI. As cerimonias dos premios celebráronse entre os anos 1996 e 2001. En 2002 os premios recibiron o nome do cineasta Chano Piñeiro, e foron organizados conxuntamente por AGAPI e pola nova asociación de produtoras que se acabara de constituír, a AEGA.
No 2002 adoptaron a súa denominación actual, polo que se fixeron dúas cerimonias do mesmo ano.
Cerimonias
[editar | editar a fonte]A continuación, unha lista de tódalas cerimonias dos Mestre Mateo.
Categorías
[editar | editar a fonte]- Premio Mestre Mateo ó mellor filme
- Mellor longametraxe de animación
- Mellor documental
- Mellor serie de televisión
- Mellor serie web
- Mellor programa de televisión
- Mellor película de televisión
- Mellor curtametraxe de imaxe real
- Mellor curtametraxe de animación
- Mellor anuncio publicitario
- Mellor videoclip
Categorías profesionais:
- Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina protagonista
- Premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina protagonista
- Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina secundaria
- Premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina secundaria
- Mellor comunicador/a de televisión
- Premio Mestre Mateo á mellor dirección
- Mellor guión
- Mellor dirección de fotografía
- Mellor dirección de arte
- Mellor montaxe
- Mellor realización
- Mellor música orixinal
- Mellor son
- Mellor vestiario
- Mellor maquillaxe e peiteado
- Mellor dirección de produción
Récords
[editar | editar a fonte]- Filme máis premiado: Dhogs en 2017 con 13 premios.[5] O segundo é O descoñecido en 2015 con 12 premios.[6]
- Serie de TV máis premiada nunha edición: As leis de Celavella en 2005 con 10 premios.
- Filme máis nomeado: Os mortos van á présa en 2008 con 20 nomeamentos. O segundo é Dhogs en 2017 con 17.
- Serie de TV máis nomeada nunha edición: Matalobos en 2011 con 15 nomeamentos.
- Actor máis premiado: Luís Tosar con 9 premios.
- Actor máis nomeado: Antonio Durán "Morris" con 18 nomeamentos.
- Actriz máis premiada: María Bouzas con 4 premios.
- Actriz máis nomeada: María Bouzas con 8 nomeamentos.
- Director máis premiado: Jorge Coira con 4 premios.
- Director máis nomeado: Jorge Coira con 7 nomeamentos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Academia Galega do Audiovisual: Premios Mestre Mateo". Academia Galega do Audiovisual. Consultado o 10 de novembro de 2010.
- ↑ El camino de Santiago (ed.). "El Maestro Mateo o el Santo dos Croques". Centro virtual Cervantes. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2000. Consultado o 17 de outubro de 2010.
- ↑ "Palmarés-XXI-PMM.pdf". Google Docs. Consultado o 2024-03-24.
- ↑ Pontevedra, Diario de (2024-03-24). "'O Corno' arrasa nos Mestre Mateo con sete galardóns". Diario de Pontevedra. Consultado o 2024-03-24.
- ↑ Academia Galega do Audiovisual (ed.). "A longametraxe Dhogs arrasa nos XVI Premios Mestre Mateo". Consultado o 4 de marzo de 2018.
- ↑ Dopico, Montse (24 de abril de 2016). "O audiovisual galego reclama a igualdade de xénero nuns Mestre Mateo nos que 'O Descoñecido' leva 12 premios". Praza.gal. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2016. Consultado o 25 de abril de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Premios Mestre Mateo |