Brendan Canty
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de marzo de 1966 (58 anos) Teaneck, Estados Unidos de América (pt) |
Educación | Emerson Preparatory School (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estados Unidos de América |
Ocupación | batería, cineasta, músico, compositor, guitarrista |
Membro de | |
Xénero artístico | Hardcore punk |
Instrumento | Batería |
Selo discográfico | Dischord Records |
Páxina web | dischord.com… |
|
Brendan Canty, nado o 9 de marzo de 1966 en Teaneck, Nova Jersey, é un músico estadounidense, coñecido por ser o batería da banda de post-hardcore Fugazi.
Biografía
[editar | editar a fonte]Canty e o seu amigo Guy Picciotto foron compañeiros en varias bandas da zona de Washington, D.C. a principios e mediados dos anos 80, incluíndo Rites of Spring, One Last Wish, Insurrection e Happy Go Licky. Tamén tocou a batería na banda de curta vida Deadline. Uniuse a Fugazi en 1987, e Picciotto seguiríao pouco despois.
Moitas das cancións de Fugazi dende Steady Diet of Nothing están baseadas en riffs de guitarra que Canty lle ensinou nos ensaios. Canty tamén compón cancións con piano, ademais das liñas de baixo dalgúns temas.
Entre as xiras de Fugazi, Canty adoitaba compoñer música para producións audiovisuais, principalmente para documentais das canles Discovery Channel e The Learning Channel. Tamén contribuíu ou axudou a producir varias gravacións de bandas da zona de Washington.
Canty formou parte do proxecto paralelo Garland Of Hours, co vocalista/chelista/teclista Amy Domingues e o batería/percusionista Jerry Busher, que traballaran con Fugazi en gravacións e actuacións. O seu primeiro álbum, Garland Of Hours, foi editado polo selo Arrest Records (fundado por Busher e o irmán máis novo de Canty, James).
No 2004 Canty e o director Christoph Green cofundaron o selo de DVD Trixie para editar unha serie de películas relacionadas coa música titulada Burn to Shine. A serie trata bandas independentes de música alternativa dunha determinada rexión tocando unha canción ao vivo, sen overdubs ou correccións, nunha casa que está a piques de ser demolida. O primeiro volume foi rodado na rexión de Washington, e conta coas actuacións de Bob Mould, Weird War, Q and Not U, Ted Leo, French Toast, The Medications, o proxecto do seu compañeiro en Fugazi Ian MacKaye chamado The Evens e Garland Of Hours. O segundo volume, rodado na zona de Chicago, apareceu no ano 2005, e o terceiro, rodado en Portland, Oregón, lanzouse en agosto do 2006. Hai tres volumes máis en produción na actualidade [cando?], rodados en Louisville, Kentucky; Seattle, Washington, e Atlanta, Xeorxia.
Usando o mesmo persoal e o estilo de rodaxe que nas series Burn to Shine, Canty e Green fixeron unha película dun concerto de Bob Mould, titulada Circle of Friends. Canty non só produciu o filme, senón que tamén tocou a batería no mesmo, que tivo lugar no 9:30 Club de Washington, D.C. Canty e Green tamén fixeron Sunken Treasure: Live in the Pacific Northwest, unha película dunha xira en 2006 de Jeff Tweedy (Wilco).
A finais do 2004 de principios do 2005, Canty contribuíu coa batería no álbum en solitario de Bob Mould Body Of Song. Canty tamén foi o batería en varios concertos da xira de primoción do álbum. Canty volveu a tocar no álbum de Moulda District Line, editado no 2008.
Canty compuxo a música para as series documentais do Sundance Channel The Hill, estreadas o 26 de agosto do 2006.
Produciuo os álbums de Ted Leo and the Pharmacists Living With the Living e The Tyranny of Distance, a Benjy Ferree, e o álbum de The Thermals The Body, The Blood, The Machine. Tamén realizou as mesturas do álbum de estrea de The Aquarium.