Consciencia
En termos filosóficos, a consciencia é a facultade de decidir e facerse suxeito, é dicir, actor dos seus actos e responsable das consecuencias que deles seguen, segundo a percepción do ben e do mal. Como concepto moral, da ética, un campo da filosofía. Como fenómeno psíquico, a consciencia é obxecto de estudo da psicoloxía e a ciencia cognitiva.
Desenvolvemento
Na filosofía occidental o concepto de consciencia toma relevo a partir dos sistemas de René Descartes, John Locke, Gottfried Leibniz, Emmanuel Kant. Descartes expúxose a dúbida metódica como vía de coñecemento. Destacou a facultade do home de captar o seu propio pensamento. Interrogouse, ademais, acerca da existencia física da consciencia. Para Locke, esta é o conxunto das informacións recibidas a través dos sentidos. Leibniz, matemático e filósofo, perseguiu un "alfabeto dos pensamentos humanos" semellante a unha orde matemática. Kant coincidía con Locke en canto a que o coñecemento nos chega desde fóra, mediante os sentidos, pero a orde deses coñecementos determínano mecanismos internos da consciencia. Para Kant, a ética sintetízase na idea de que se debe obrar coma se a regra que se utiliza para un mesmo se puidese converter en norma universal.[1]
A partir de Franz Brentano e os pre-fenomenólogos (ou proto-fenomenólogos) a consciencia adquire un papel central para as filosofías derivadas do redescubrimiento do concepto de intencionalidade, como a fenomenoloxía de Edmund Husserl. Segundo este punto de vista, a consciencia é o correlato do fenómeno, e é o punto de partida válido para a investigación filosófica.
Visión científica
O exame científico da consciencia, que estaba xa contido nas ideas de Locke e Leibniz, comezou a desenvolverse no século XIX. Wilhelm Wundt creou un laboratorio de estudo da consciencia. O seu propósito era investigar como se forman as sensacións, as imaxes no cerebro, a memoria, as percepcións de tempo e espazo etc. Wilhelm Wundt desenvolveu o seu traballo sobre a base do único medio de que dispuña, que era a introspección: é o propio individuo quen mellor pode examinar o comportamento da súa consciencia.
Filosofía dialéctica
A consciencia é definida como “a reprodución polo individuo da imaxe ideal da súa actividade tendente a unha finalidade e da representación ideal nela das posicións das outras persoas. A actividade consciente do home está mediatizada polo colectivo; durante a súa realización o home toma en conta as posicións dos outros membros do colectivo"..A consciencia do individuo é a forma subxectiva, ideal, en que se presentan as súas relacións sociais reais, a súa existencia real.[3]
Impacto social
De forma paralela ás ideas de Freud, o marxismo (inspirado na filosofía de Hegel) sostiña que a consciencia de clase era determinante nos actos dos seres humanos, levando o concepto de consciencia ao terreo político práctico e definindo de feito ao ser humano polas súas decisións en tanto partícipe dun grupo social.
Notas
- ↑ Estudio de la conciencia desde un perspectiva analítica en: Jesús Padilla Gálvez, Yo, máscara y reflexión, Ed. Plaza y Valdés, Madrid, 2012. pp. 151-169. ISBN 978-84-15271-51-2.
- ↑ Conciencia, fe, razón, ciencia, religión
- ↑ Davídov Vasili, La enseñanza escolar y el desarrollo psíquico, Investigación psicológica teórica y experimental, Editorial Progeso, Moscú, 1986, 277p, ISBN 5-01-000621-9, Impreso na URSS
Véxase tamén
Bibliografía
- Millán-Puelles, A., La estructura de la subjetividad, Madrid, 1966. Trata sobre a relación entre a consciencia e a subxectividade, a través dunha análise fenomenolóxica-ontolóxica dos actos de consciencia.