Saltar ao contido

Organización Anarquista da Rexión Española

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 3 de decembro de 2024 ás 19:13 por HombreDHojalata (conversa | contribucións) (elimino a Categoría:Anarquismo; engado a Categoría:Anarquismo en España mediante HotCat)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

A Organización Anarquista da Rexión Española (OARE) foi unha organización impulsada polos anarquistas colectivistas en Valencia en outubro de 1888,[1] ao non querer secundar o acordo do congreso da Federación de Traballadores da Rexión Española celebrado en Barcelona en maio de 1888, onde os sectores máis sindicalistas crearon a Federación Española de Resistencia ao Capital (FERC), tamén chamada Pacto de Unión e Solidariedade (Pacte d'Unió i Solidaritat).

No congreso fundacional da OARE, foi disolto formalmente a FTRE e rexeitada a FERC, xa que deixaba de lado os principios revolucionarios. Tivo unha oposición frontal dos anarcocomunistas sevillanos, que non querían a transformación da FTRE. Disolveuse no ano 1889.

  1. Gómez Casas, Juan (2006). Historia del anarcosindicalismo español: epílogo hasta nuestros días (en castelán) (5ª ed.). Madrid: LaMalatesta editorial. p. 88. ISBN 978-84-934762-1-2. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.