Saltar ao contido

Kerala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 11 de novembro de 2024 ás 11:45 por Gasparoff (conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:Xeografía políticaKerala
കേരളം (ml) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 10°00′N 76°18′L / 10, 76.3
PaísIndia Editar o valor en Wikidata
CapitalThiruvananthapuram (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación34.523.726 (2017) Editar o valor en Wikidata (888,34 hab./km²)
Lingua oficiallingua malayalam Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie38.863 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Arábigo Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoAnamudi (pt) Traducir (2.695 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoKuttanad (−2 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de novembro de 1956 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernounicameralidade Editar o valor en Wikidata
• Xefe de estadoArif Mohammad Khan (pt) Traducir (2019–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoCouncil of Ministers of Kerala (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Chief Minister of Kerala (en) Traducir Editar o valor en WikidataPinarayi Vijayan (en) Traducir (2016–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoKerala Legislative Assembly (en) Traducir Circunscrición: 140, (Escano: 140) Editar o valor en Wikidata
Moedarupia india Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2IN-KL Editar o valor en Wikidata

Páxina webkerala.gov.in Editar o valor en Wikidata
Facebook: keralainformation Twitter: iprdkerala BNE: XX453704 Editar o valor en Wikidata
Botes en Puvar, Kerala.

Kerala (en malabar ou malayalam: കേരളം) é un Estado da República da India situado no suroeste do país. A costa oeste dá ao mar de Arabia. Limita ao leste con Tamil Nadu e con Karnataka ao norte.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A capital estatal é Thiruvananthapuram തിരുവനന്തപുരം Tiruvanantapuraṁ, tamén coñecida como Trivandrum), aínda que a cidade de Kochin é máis densamente poboada. A área de Kerala é de 15.005 mi2 (38.863 km2), que é máis extenso que Bután pero menor que Suíza. Na xeografía tradicional india, forma parte do sur da India.

Distritos

[editar | editar a fonte]

Hai 14 distritos en Kerala: Alappuzha, Ernakulam, Idukki, Kannur, Kasaragod, Kollam, Kottayam, Kozhikode, Malappuram, Palakkad, Pathanamthitta, Thiruvananthapuram, Thrissur e Wayanad.

A lingua oficial do Estado é malayalam, que é falada ou lida por máis do 90% da poboación.[1]

Unha mestura de inglés e malayalam chámase "manglish", e é usado con moita facilidade e fluidez por algunha xente de Kerala.

Kerala é coñecida polas artes tradicionais e a xente goza da música chea de percusión tradicional. Tamén están moi presentes na cultura de Kerala as cerimonias tribais, as artes marciais e deportes como fútbol, cricket e bádminton. Kerala é popular por Kalaripayattu, unha forma de artes marciais e Kathakali, unha arte escénica hindú.

A maioría da poboación ten acceso a internet, televisións, xornais e libros. A cantidade media de lecturas semanais é dunhas sete horas. A taxa de alfabetización é de aproximadamente o 96,2%, polo que é a rexión máis alfabetizada da India.[2]

Símbolos provinciais de Kerala

[editar | editar a fonte]

As festas máis famosas realizadas pola xente de Kerala son Onam, o festival da colleita e Vishu, o calendario malayalam do ano novo. Ademais destes, diversos templos e igrexas celebran festivais en varios días do ano. Unha tradición común en todas estas festas é a "celebración da bandeira sagrada", que se baixa o último día da festa. Algúns festivais do templo chámanse poorams, e o máis famoso entre estes é "Thrissur Pooram". Os principais atractivos dos poorams son os fogos artificiais, formas de baile tradicionais como "Theyyam, Kathakali, Chakyar Koothu etc. Os festivais son coñecidos localmente como utsavams.[4]

Kerala é unha das maiores atraccións turísticas da India, tanto para os indios como para os estranxeiros.

A rexión é coñecida pola súa natureza diversa, e ten numerosas praias na costa de Malabar, estacións de montaña e amplos remansos.

Agricultura

[editar | editar a fonte]
  1. "Kerala's literacy rate up by 3%, says Aksharalaksham survey". The Times of India. 2018-01-25. ISSN 0971-8257. Consultado o 2024-10-30. 
  2. "Kerala most literate state at 96.2% in new report, Andhra, Rajasthan worst performers". India Today (en inglés). 2020-09-08. Consultado o 2024-10-30. 
  3. "10-most-famous-festivals-of-Kerala". Way to India. 
  4. "Utsavam - The Kerala Folklore Festival 2021, Kerala, India". Utsavam (en inglés). Consultado o 2024-10-30. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]


Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.