Saltar ao contido

Mandala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 17 de outubro de 2024 ás 16:28 por Gasparoff (conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Mandala tatuada con henna.

Mandala[1] é unha palabra do sánscrito (máṇḍala) que significa 'disco', 'círculo', ‘roda’ e representa a unidade, a harmonía e a infinitude do universo mediante o equilibrio dos elementos visuais. Formada por unha estrutura de deseños concéntricos que representan a composición fractal ou repetitiva do universo e da natureza, xorden nas culturas orientais (hinduísmo, budismo…). Teñen como obxectivo o cesamento do pensamento e da mente, aspirando alcanzar un estado meditativo. As mandalas están asociadas ao loto sagrado, que no hinduísmo simboliza a resurrección.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mandala.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]