Antependium
Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario Xoio (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 2 anos. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse. |
O antependium (traducíbel en galego como antipendio), do latín ante, "diante", e pendere, "colgar"),[1] tamén chamado fronte ou frontal de altar, é unha estrutura decorativa das igrexas cristiás.
É un paramento que serve para cubrir e decorar a parte inferior dos altares pola súa fronte e os seus lados, entre a mesa do altar e o solo, tendo en conta que nesa parte adoitaban custodiarse as reliquias.
Historia
Con antecedentes nos sarcófagos esculpidos, utilizáronse nas igrexas paleocristiás desde o século IV, e a súa evolución posterior orixinou os retablos da Baixa Idade Media.
Ao principio eran cortinaxes de ricos tecidos (tapices ou estofas), pero de contado (no mesmo século IV) comezaron a empregarse algúnos de metais preciosos, facéndose cada vez máis frecuentes na arte bizantina e en Italia.
Desde o século X a [[século XIII] prevaleceron os de prata e cobre esmaltado, segundo consta en documentos de doacións e polos restos que chegaron até nosoutros e a imitación súa, os de madeira pintada ou en relevo, que especialmente se produciron no Románico catalán.
Nos séculos da arte Gótico usáronse con preferencia os de pezas de seda, bordadas con figuras ou esceas bíblicas.
E xa na arte da Idade Moderna, desde o século XVII, adáptanse á fronte do altar uns bastidores con teas de seda, o con lenzos pintados, que se cambian segundo a cor litúrxica da festa, sen que falten ás veces os de prata repuxada.[3]
Outros usos
O antipendio tamén se pode usar para describir a parte frontal do propio altar, especialmente se está elaborado ou dourado. A famosa Pala d'Oro da basílica de San Marcos en Venecia orixinouse como antipendio, aínda que agora se usa como retablo.[Cómpre referencia]
Notas
- ↑ Lajo Pérez, Rosina (1990). Léxico de arte. Madrid - España: Akal. p. 15. ISBN 978-84-460-0924-5.
- ↑ "Altar Frontal with Christ in Majesty and the Life of Saint Martin". The Walters Art Museum.
- ↑ Francisco Naval y Ayerbe (1920-1922): Tratado compendioso de Arqueología y Bellas Artes. Tomos I y II. Madrid: Ruiz Hermanos Editores.
Véxase tamén
Vexa a entrada do Galizionario acerca de frontal |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antependium |
Bibliografía
- Cross, F. L., ed. (1957): The Oxford Dictionary of the Christian Church. London: Oxford University Press; p. 530.
Ligazóns externas
- Altar Frontal na Catholic Encyclopedia.