Saltar ao contido

Pelmeni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 26 de setembro de 2021 ás 22:51 por InternetArchiveBot (conversa | contribucións) (Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8.1)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Prato servido con pelmeni e unha porción de smetana, pronto para comer.

O pelmeni (пельмени en ruso, singular pel'men`, пельмень; пяльмені en belaruso; pilmän(när)/пилмән(нәр) en tártaro) é un prato tradicional da Europa do leste (principalmente da cociña rusa). Elabórase con recheo de pequenas bólas de carne elaboradas de carne picada de porco, de año ou boi.[1] A masa que arrodea a bóla de carne realízase con fariña, ovos, auga e ás veces de leite. A receita tradicional do Ural cómpre o 45% de carne de vaca, o 35% de año e o 20% de porco para facer o recheo. As especias a miúdo difiren, tales como pementa, cebolas, e o allo, mestúranse no recheo. O pelmeni é unha comida con claras connotacións sociais, trátase da "comida dos traballadores".[2]

  1. "Food culture in Russia and Central Asia", Glenn Randall Mack, Asele Surina, Ed. Greenwood Publishing Group, 2005, ISBN 0-313-32773-4, 9780313327735
  2. "St Petersburg: city guide", Tom Masters, Steve Kokker, Ed. Lonely Planet, 2005, ISBN 1-74104-169-4, 9781741041699

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]