Zipacón
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamentos | Cundinamarca | |||
Poboación | ||||
Poboación | 5.570 (2016) (79,57 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 70 km² | |||
Altitude | 2.550 m | |||
Creación | 5 de xullo de 1561 | |||
Páxina web | zipacon-cundinamarca.gov.co… |
Zipacón é un dos 116 concellos do departamento de Cundinamarca, Colombia. Atópase na provincia de Sabana Occidente, a 50 km de Bogotá.
Historia
[editar | editar a fonte]Período precolombiano
[editar | editar a fonte]Zipacón é o territorio do altiplano cundiboyacense onde se atoparon as evidencias máis antigas de agricultura e olaría, que datan do ano 1270 a. C.
Durante o dominio da Confederación muisca, estivo baixo a xurisdición do Zipazgo, e foi un punto de gornición para espiar ós panches, que pola grande abertura deste lado adoitaban invadir frecuentemente o territorio muisca.
Dise que o Zipa se retiraba a Zipacón a meditar no medio dunha gran tristeza, polo que se lle deu á palabra Zipacón o significado de «O pranto do Zipa», frase que á súa vez é emblema do escudo do concello. A este respecto, o Manuscrito 158 BNC da Biblioteca Nacional de Colombia, que probablemente é unha copia encargada por José Celestino Mutis a finais do século XVIII, dálle á palabra Cone o significado de «pranto». Porén, o dicionario chibcha de Joaquín Acosta Ortegón di que a palabra quere dicir «Aliado do noso pai».[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ chb.cubun.org (ed.). "Manuscrito 158 BNC". Consultado o 31 de xullo de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zipacón |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficialArquivado 31 de xullo de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)