Xabi Alonso
(2018) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Xabier Alonso Olano 25 de novembro de 1981 (42 anos) Tolosa, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 183 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 76 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | - 20 de maio de 2017 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Primeira División Española, Premier League e Fußball-Bundesliga | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2014 | Mundial de Fútbol Brasil 2014 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2012 | Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2010 | Mundial de Fútbol Suráfrica 2010 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2009 | Copa Confederacións Suráfrica 2009 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 2008 | Eurocopa de Fútbol Austria/Suíza 2008 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2006 | Mundial de Fútbol Alemaña 2006 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2004 | Eurocopa de Fútbol Portugal 2004 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pai | Miguel Ángel Alonso | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Mikel Alonso | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Xabier Alonso Olano, máis coñecido como Xabi Alonso, nado en Tolosa (Guipúscoa) o 25 de novembro de 1981, é un exfutbolista e adestrador vasco. Dende outubro de 2022 adestra o Bayer Leverkusen da Bundesliga. Xogaba na posición de centrocampista e foi 114 veces internacional coa selección española, coa que gañou a Copa do Mundo en 2010 e as Eurocopas de 2008 e 2012, un triplete inédito na historia do fútbol.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Alonso comezou a súa carreira na Real Sociedad, de onde foi cedido brevemente ao SD Eibar. John Toshack apostou por Alonso como capitán txuri urdin e o xogador logrou triunfar no seu novo rol, conseguindo levar a Real Sociedad ao subcampionato na tempada 2002-03 que acabou gañando o Real Madrid. O mediocentro tolosarra foi traspasado ao final desa mesma tempada ao Liverpool FC por 10,5 millóns de libras. Con este conxunto conquistou unha Liga de Campións da UEFA na súa primeira tempada nas illas británicas. Na súa segunda campaña en Anfield gañou a FA Cup e a FA Community Shield. Tras cinco tempadas no Liverpool, Alonso fichou polo Real Madrid o 4 de agosto de 2009 a cambio de 30 millóns de libras (máis de 35 millóns de euros).
Clubs
[editar | editar a fonte]Selección nacional de España
[editar | editar a fonte]O seu debut produciuse o 30 de abril de 2003 en Madrid, nun partido amigable no que a Selección de fútbol de España gañou 4-0 a Ecuador.
Participou nas fases finais da Eurocopa 2004 e do Mundial de Alemaña 2006. Neste Mundial marcou o primeiro gol de España na competición, no partido contra Ucraína, que terminaría 4-0 a favor do combinado español.
O 29 de xuño de 2008, Alonso proclamouse xunto ao seu equipo, campión da Eurocopa 2008. Alonso debutou no terceiro partido da fase de clasificación ante Grecia, encontro no que foi elixido mellor xogador.[2] Tamén xogou nas roldas eliminatorias do torneo como suplente.
No 2009, disputou a Copa Confederacións con España, onde no partido de consolación polo terceiro posto contra Suráfrica marcou un gol de libre directo na prórroga, gol decisivo para a vitoria de España por 3-2.
O 11 de xullo de 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española en Suráfrica.
Alonso disputou tamén partidos internacionais amigables coa selección de Euskadi.[3]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Campionatos nacionais
[editar | editar a fonte]Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
FA Cup | Liverpool FC | Inglaterra | 2006 |
Community Shield | Liverpool FC | Inglaterra | 2006 |
Copas internacionais
[editar | editar a fonte]Distincións individuais
[editar | editar a fonte]- Mellor xogador do partido contra Grecia na fase clasificatoria da Eurocopa 2008.
- Mellor xogador do partido polo terceiro posto na Copa Confederacións 2009 convertendo o gol da vitoria.
- Elixido entre os 30 mellores xogadores da FIFA na tempada 2004-05.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Marca, ed. (1 de xullo de 2012). "España reescribe a historia".
- ↑ UEFA Euro 2008. "Gañadores do xogador do partido". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2008. Consultado o 29 de xuño de 2008.
- ↑ Lerena, Ángela (8 de agosto de 2009). "A personalidade vasca de Xabi Alonso". Crítica de la Argentina. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2010. Consultado o 31 de xaneiro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xabi Alonso |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xabi Alonso Online Arquivado 21 de abril de 2020 en Wayback Machine.
- Nados en 1981
- Nados en Tolosa, España
- Futbolistas do País Vasco
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores da Real Sociedad B
- Xogadores da Real Sociedad
- Xogadores do SD Eibar
- Xogadores do Liverpool FC
- Xogadores do Real Madrid CF
- Xogadores do FC Bayern München
- Xogadores da selección de fútbol do País Vasco
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014
- Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA
- Futbolistas gañadores da Eurocopa
- Futbolistas gañadores do Mundial
- Adestradores de fútbol do País Vasco
- Adestradores do Bayer Leverkusen