Wikipedia:Votacións/Novo texto para os criterios de calidade
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
![]() | Votación PECHADA: Novo texto para os criterios de calidade
Período de votación: 11/11/2016 - 11/12/2016
SI: 5 — NON: 1 — NEUTRO: 2 — CONCLUSIÓN: Aprobada |
De novo, e por mor da falta de participación na votación previa, faigo esta proposta para decidir se aprobar como oficial un novo texto para os criterios dos Wikipedia:Artigos de calidade. O novo texto proposto pode atoparse en Usuario:Banjo/Wikipedia:O que é un artigo de calidade, xunto co texto actual dos criterios para facilitar a comparación das modificacións propostas. Como xa indiquei na votación previa, non é unha modificación radical, pero o texto proposto detalla e especifíca varios dos puntos, como por exemplo un reforzo do peso específico das políticas básicas (WP:V,WP:PVN,WP:CITA), a consistencia nos formatos ou o uso de imaxes axeitadas na medida do posible.
- A favor
Concordo. --☣Banjo tell me 11 de novembro de 2016 ás 06:59 (UTC)[responder]
Concordo --Atobar (conversa comigo) 11 de novembro de 2016 ás 10:33 (UTC)[responder]
Concordo, de novo. --. HombreDHojalata.conversa 11 de novembro de 2016 ás 15:45 (UTC)[responder]
Concordo. --Xoacas(ti si que es lindo, ho) 17 de novembro de 2016 ás 17:47 (UTC)[responder]
Concordo. --Chairego apc (conversa) 9 de decembro de 2016 ás 18:50 (UTC)[responder]
- En contra
Discordo. Véxase comentario. Piquito (conversa) 11 de novembro de 2016 ás 11:56 (UTC)[responder]
- Neutros
Neutro. --Agremon(contacto) 18 de novembro de 2016 ás 20:59 (UTC)[responder]
Neutro. -- Non vexo moita diferencia entre un e outro. --Norrin (Fálame) 25 de novembro de 2016 ás 09:59 (UTC)[responder]
Comentarios
[editar a fonte]Comentario. Os motivos da anterior votación persisten, a maiores, considero que esta mudanza é, a todas luces, innecesaria. Non hai necesidade porque non temos ningún problema de falta de calidade dos artigos escollidos, especialmente duns anos para aquí, chega con ver todos os artigos escollidos este ano, que son dunha gran calidade. A comunidade e madura neste sentido e xa ten un criterio na escolla que fai que se elixan artigos que teñen un nivel alto e, se a comunidade xa ten un criterio que funciona para que imos modificar esta política? Reitero que a impresión que dá a política e de dar argumentos para votar en contra as propostas simplemente mirando por riba e mirando se hai referencias ao final de todos os parágrafos, por exemplo. Todo ten que estar referenciado? E as afirmacións certas que non son referenciables? Como referencias que en practicamente a totalidade (por non dicir todas) das audicións para orquestra de frauta piden o concerto en sol maior de Mozart? É unha información relevante que se deba incluír no artigo? Si. É referenciable? Creo que non. É certo? Ao 100%. Lembro un caso recente, na votación de Wagner, na que se requería unha referencia que apoiara a afirmación de que o Anel "é a única empresa de tal magnitude que é representada regularmente nos escenarios de todo o mundo", algo que é evidente polas propias características da obra. Reitero que hai que confiar nos coñecementos dos editores, se eu non sei sobre bioloxía e Miguelferig (por exemplo) di que o artigo X ten nivel de artigo de calidade, non creo que lle teña que discutir a el, que coñece ben o tema, aínda que haxa un parágrafo ou dous sen unha referencia. Algo que non entendo é que se poña tanto énfase nas referencias e non se faga referencia a un tema que é mesmo máis importante, a bibliografía... como pode ser que un artigo de calidade poida selo sen recomendar bibliografía?
- Na miña opinión está ben ser estritos neste tema, pero creo que nos pretendemos mirar no lugar equivocado, a referencia para nós non debe ser a Wikipedia en lingua inglesa, deben ser Wikipedias de linguas nunha situación social e de falantes medianamente similar á nosa, eu creo que deberiamos mirarnos no espello da Wikipedia en catalán.
- Para finalizar e como conclusión, creo que o problema que temos cos artigos de calidade non é precisamente a calidade (que imos sobrados), o problema que temos é a participación nas votacións (con frecuencia moi pobre), e é nese sentido no que debemos traballar. Un saúdo, Piquito (conversa) 11 de novembro de 2016 ás 11:56 (UTC)[responder]
- Piquito, non estou nin a favor nin en contra do cambio, pero o que teño claro é que unha afirmación que non se pode verificar cunha referencia non debe estar nun artigo de calidade (non debería estar en ningún artigo pero nun de calidade moito menos). Se é unha cousa que todo o mundo sabe haberá milleiros de sitios onde comprobala, doutro xeito é que non é tan coñecida... A información que sexa relevante, que un editor saiba que é correcta, pero que non se poida referenciar para que poida ser verificada...., lamentablemente entendo que non pode ser incluída nun artigo, porque os artigos non poden basearse nos coñecementos dos editores, teñen que basearse nas fontes e nas referencias... Pero por eliminar unha frase ou dúas nun artigo de calidade tampouco se desfai o mundo, non? Máis adiante, cando se atopen as referencias axeitadas, pode engadirse toda a información relevante que se queira. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de novembro de 2016 ás 12:54 (UTC)[responder]
- Elisardojm, só unha apreciación: coido que algunhas das cousas 'sabidas por todos' son difíciles de referenciar: non teñen por que estar recollidas en sitios de referencia precisamente porque son do dominio público.--Agremon(contacto) 18 de novembro de 2016 ás 20:59 (UTC)[responder]
- Agremon, se son sabidas por todos nalgún sitio terán que estar, aínda que sexa nun libro de EXB, non? Se son cousas que forman parte da tradición seguro que están compiladas nalgunha obra etnográfica, e cousas así... Todo o mundo sabe que o ceo é azul, pero ademais hai centos de libros que explican a razón. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de novembro de 2016 ás 21:53 (UTC)[responder]
- Elisardo, dende a wikipedia ás veces esquecemos que existen cousas a tradición oral/transmisión oral aínda sen recoller na escrita, outras que non son recollidas na escrita que se poda considerar como fonte primaria porque quen se encarga desa fonte non as considera importantes ou as considera perigosas e aínda outras (menos, por sorte) que existen en fontes que co seu uso implican unha menor fiabilidade e/ou maior aleatoriedade da propia wikipedia. Saúdos, --Agremon(contacto) 20 de novembro de 2016 ás 14:44 (UTC)[responder]
- Agremon, se son sabidas por todos nalgún sitio terán que estar, aínda que sexa nun libro de EXB, non? Se son cousas que forman parte da tradición seguro que están compiladas nalgunha obra etnográfica, e cousas así... Todo o mundo sabe que o ceo é azul, pero ademais hai centos de libros que explican a razón. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de novembro de 2016 ás 21:53 (UTC)[responder]
- Elisardojm, só unha apreciación: coido que algunhas das cousas 'sabidas por todos' son difíciles de referenciar: non teñen por que estar recollidas en sitios de referencia precisamente porque son do dominio público.--Agremon(contacto) 18 de novembro de 2016 ás 20:59 (UTC)[responder]
- Piquito, non estou nin a favor nin en contra do cambio, pero o que teño claro é que unha afirmación que non se pode verificar cunha referencia non debe estar nun artigo de calidade (non debería estar en ningún artigo pero nun de calidade moito menos). Se é unha cousa que todo o mundo sabe haberá milleiros de sitios onde comprobala, doutro xeito é que non é tan coñecida... A información que sexa relevante, que un editor saiba que é correcta, pero que non se poida referenciar para que poida ser verificada...., lamentablemente entendo que non pode ser incluída nun artigo, porque os artigos non poden basearse nos coñecementos dos editores, teñen que basearse nas fontes e nas referencias... Pero por eliminar unha frase ou dúas nun artigo de calidade tampouco se desfai o mundo, non? Máis adiante, cando se atopen as referencias axeitadas, pode engadirse toda a información relevante que se queira. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de novembro de 2016 ás 12:54 (UTC)[responder]
- Só un detalle. Creo que todas as afirmacións relevantes nun artigo de calidade deben referenciarse. Pero hai veces que son trivialidades que non é necesario referenciar. Por exemplo, se eu digo que a vaca é un mamífero pois creo que non é necesario referenciar xusto iso, porque é trivial. Pero se hai polémica sobre se tal especie de ave debe ser clasificada na familia A ou na B, debo referenciar as afirmacións. Hai veces que nun parágrafo se desenvolve unha información e non hai que referenciala en cada frase, abonda con referenciala ao final do parágrafo. Todo o mundo se pode equivocar ou estar errado en algo, mesmo sendo experto ou estando no allo do tema, por iso as referencias son necesarias. Nas traducións pode haber erros no orixinal, que xa se corrixen moitas veces, pero que poden pasar desapercibidos. Xa comentei unha vez que hai excepcións na referenciación, especialmente no cabezallo dos artigos, que son un resumo do artigo que vén despois, que penso que só hai que referenciar en casos particulares. Por outra parte, aclarar que eu só considerei artigos de calidade (porque esa era a miña opinión) os artigos feitos por outras persoas, xa que eu nunca voto nin propoño os feitos ou traducidos por min (un costume puramente persoal). Por último, navegando polas wikipedias e coa experiencia de ter feito e traducido moitos artigos, opino que se nun artigo pon un aviso xeral de "necesita referencias" ou ás veces mesmo un "Cita requirida" nunha frase, non quere dicir en absoluto que estea mal, senón que lle falta a referencia. Teño visto artigos con "Necesita referencias" sen absolutamente ningún erro. Pero o formalismo da referencia é necesario nas wikipedias, xa que é a garantía de que é correcto e non é unha opinión do editor. Mesmo o de garantía habería que matizalo, porque ás veces tamén se ve que se malinterpretaron as referencias ou non son as axeitadas, polo que a referencia non é tampouco un seguro a todo risco. Pero se ten a referencia podes comprobala se é accesible on line. En sentido contrario, tamén vin artigos co aviso de necesita referencias que estaban cheos de referencias e non lles faltaba en ningún parágrafo, porque seguramente os foron arranxando e engadíndolles referencias pero ninguén se atreveu a quitar despois o aviso antigo de "Necesita referencias". Outras veces os erros son erros lingüísticos de tradución, nas cales hai moitas veces que afinar moito e non sempre é doado.--Miguelferig (conversa) 15 de novembro de 2016 ás 20:19 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
![]() |
Período de votación: 18/3/2016 - 17/4/2016
SI: 3 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: rexeitado |
Esta proposta é para decidir se aprobar como oficial un novo texto para os criterios dos Wikipedia:Artigos de calidade. O novo texto proposto pode atoparse en Usuario:Banjo/Wikipedia:O que é un artigo de calidade, xunto co texto actual dos criterios para facilitar a comparación das modificacións propostas. Non é unha modificación radical, pero o texto proposto supón unha ampliación e especifícanse varios dos puntos, por exemplo para reforzar o peso específico das políticas básicas (WP:V,WP:PVN,WP:CITA), consistencias nos formatos ou o uso de imaxes axeitadas na medida do posible.
- A favor
Concordo. --☣Banjo tell me 18 de marzo de 2016 ás 06:50 (UTC)[responder]
Concordo. --Chairego apc (conversa) 18 de marzo de 2016 ás 10:59 (UTC)[responder]
Concordo. --. HombreDHojalata.conversa 18 de marzo de 2016 ás 21:49 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
Comentarios
[editar a fonte]Comentario. O texto actual é moi escaso e o novo aporta moitas cousas boas, porén penso que os apartados 1.4 e 2.4 que fan referencia ás referencias (valga a redundancia) parécenme perigosos. Considero que eses dous apartados poden levarnos non a ter máis artigos de calidade, senón a ser máis restrictivos e polo tanto a ter menos artigos de calidade, algo que non considero nada positivo. As referencias son importantes, pero non creo que o feito de que un artigo teña máis ou menos referencias sexa un indicador de calidade, hai outros factores como a bibliografía que tamén son un indicativo de calidade. Quen consulte a bibliografía e as referencias pode verificar os contidos dos artigo. Por outra banda, hai afirmacións certas e non referenciables. As referencias están ben, pero tampouco creo que haxa que pasarse, e con eses puntos pode caerse nunha excesiva referenciación e a ter que referenciar ata o básico e evidente. Penso tamén que a esixencia de tantas referencias poden dar a sensación de desconfianza cara aos editores e os seus coñecementos: se eu analizo formalmente un movemento dunha sinfonía e sinalo que o primeiro tema chega ao compás "x" o fago dende o meu coñecemento, e non é unha investigación orixinal (calquera estudante de música coa formación suficiente podería chegar ás mesmas conclusións) Creo que habería que matizar eses puntos para evitar que as votacións para calidade se "saian de madre", esixamos máis que nas grandes Wikipedias (o cal penso que non ten sentido) e iso desemboque en que saian adiante menos propostas e teñamos menos artigos de calidade dos que poderiamos ter (teriamos moitos artigos de calidade sen ningún recoñecemento, e iso non beneficia á Galipedia). --Piquito (conversa) 18 de marzo de 2016 ás 11:22 (UTC)[responder]
- 1.4 Non é máis que un reforzo das políticas fundamentais WP:V e WP:CITA. Se un artigo non cumple esas dúas normas básicas, non pode ser de calidade. No texto actual tamén se indica o mesmo en 1.4, máis non tan especificamente. 2.4 simplemente indica que as referencias nun artigo deben seguir un mesmo formato para achegar consistencia a todas elas, non obriga a escoller un formato en particular. En canto a comparación con outras wikipedias meirandes es, pt, en, non son nin de lonxe tan específicas. Algo máis que esta última si, pero baséanse no que se di nela combinándoo co texto actual que temos agora. Que un artigo de ~100k (a media dos de calidade actuais máis ou menos) teña especificado as referencias só en formato de bibliografía non chega, se non hai citas ao pé pérdese a consistencia entre referencia-texto referenciado e pérdese capacidade de verificabilidade. Non é necesariamente "necesitar máis referencias", simplemente que todo o que se diga no artigo sexa verificable e sexa doado de identificar a fonte en cada caso. En ocasións chegará cunha referencia por parágrafo, noutras non. Depende sempre do propio uso que se faga das fontes e do que se afirme en cada caso, sempre hai temas máis cuestionables ou susceptibles de selo que outros. A existencia de referencias non da sensación de desconfianza, precisamente o que fai e facer que o que se di está basado en fontes verificables e fiables e non é investigación orixinal nin invención propia. Se ti analizas formalmente un movemento dunha sinfonía estás facendo unha investigación orixinal, non todos os lectores son estudantes de música con coñecementos suficientes para saber que o que estás a indicar por propia experiencia e sen basealo nunha fonte é totalmente certo (aínda que así sexa), mentres que se o fas en base a unha fonte externa achegas que esa información non é unha elaboración 100% propia dun usuario ou grupo de usuarios dunha wiki, senón baseada nun estudo/publicación/fonte externa que (idealmente) ten a consideración pública de ter coñecementos na materia tratada. Isto só achega verificabilidade, veracidade e confianza ó lector, nunca ó contrario. Se indicas un análise feito por unha fonte fiable dese mesmo movemento tomando como referencia unha fonte fiable e indicándo dita referencia estás a validar que ese análise é correcto, e está feito por unha persoa/entidade con coñecementos do tema. Os coñecementos propios serven para avaliar as fontes e decidir cales empregar, pero non se pode caer na investigación orixinal, de aí o reforzo cara WP:V e WP:CITA no texto proposto. ☣Banjo tell me 18 de marzo de 2016 ás 11:49 (UTC)[responder]
- Ao que me refiro é a que non vexo positivo que este texto poida fundamentar o voto en contra nunha votación para artigo de calidade argumentando que hai parágrafos ou frases sen referenciar aínda que estes conteñan información 100 certa e fiable. Creo logo que este punto pode facer que se vote en contra dun artigo simplemente por non ter coñecementos do tema e non confiar no que o seu creador (ou ampliador) escribe, penso xa que logo que hai que matizar ese punto e dicir que teñen que referenciarse obrigatoriamente afirmacións controvertidas, o resto debe estar cumpridamente referenciado, pero sen pasarse, se hai unha frase ou parágrafo non controvertido que non estea referenciado (ben porque aparece na bibliografía e o editor estimou oportuno non incluído, ben porque sexa algo básico, ou algo obvio...) creo que tampouco pasa nada e non debería xustificar un voto en contra se o global do artigo é bo. Piquito (conversa) 18 de marzo de 2016 ás 13:00 (UTC)[responder]
- Os lugares onde fan falta as referencias márcao WP:V, que vai citada varias veces no texto proposto. Segun a norma: Todas as citas textuais e calquera material cuestionable ou suxeito a ser cuestionable deben atribuírse a unha fonte acreditada mediante unha referencia. A nota ao pé debe identificar a fonte ao completo, así como o lugar dentro da fonte (a páxina, a sección ou calquera outra división segundo sexa axeitado) onde se atopa o material. Iso marca ata onde chega a necesidade dunha frase/parágrafo/texto de ter as referencias axeitadas. Non vexo necesaria máis aclaración que ler a propia norma, que como digo, vai citada 3 veces no texto. De haber algún voto en contra por falta de referencias, deberá ir xustificado en base á falta de referencias tal e como marca a norma. Se iso supón unha referencia por frase ou parágrafo dependerá de cada caso e de cada artigo no seu tema e contexto particular, aí é donde entra o propio proceso de revisión e votación por parte dos usuarios. O texto fornece un mínimo para un criterio unificado en base a normas básicas, a partir de aí cada un tamén terá a súa opinión, respectable en tódolos casos. ☣Banjo tell me 18 de marzo de 2016 ás 14:06 (UTC)[responder]
- Ao que me refiro é a que non vexo positivo que este texto poida fundamentar o voto en contra nunha votación para artigo de calidade argumentando que hai parágrafos ou frases sen referenciar aínda que estes conteñan información 100 certa e fiable. Creo logo que este punto pode facer que se vote en contra dun artigo simplemente por non ter coñecementos do tema e non confiar no que o seu creador (ou ampliador) escribe, penso xa que logo que hai que matizar ese punto e dicir que teñen que referenciarse obrigatoriamente afirmacións controvertidas, o resto debe estar cumpridamente referenciado, pero sen pasarse, se hai unha frase ou parágrafo non controvertido que non estea referenciado (ben porque aparece na bibliografía e o editor estimou oportuno non incluído, ben porque sexa algo básico, ou algo obvio...) creo que tampouco pasa nada e non debería xustificar un voto en contra se o global do artigo é bo. Piquito (conversa) 18 de marzo de 2016 ás 13:00 (UTC)[responder]
- 1.4 Non é máis que un reforzo das políticas fundamentais WP:V e WP:CITA. Se un artigo non cumple esas dúas normas básicas, non pode ser de calidade. No texto actual tamén se indica o mesmo en 1.4, máis non tan especificamente. 2.4 simplemente indica que as referencias nun artigo deben seguir un mesmo formato para achegar consistencia a todas elas, non obriga a escoller un formato en particular. En canto a comparación con outras wikipedias meirandes es, pt, en, non son nin de lonxe tan específicas. Algo máis que esta última si, pero baséanse no que se di nela combinándoo co texto actual que temos agora. Que un artigo de ~100k (a media dos de calidade actuais máis ou menos) teña especificado as referencias só en formato de bibliografía non chega, se non hai citas ao pé pérdese a consistencia entre referencia-texto referenciado e pérdese capacidade de verificabilidade. Non é necesariamente "necesitar máis referencias", simplemente que todo o que se diga no artigo sexa verificable e sexa doado de identificar a fonte en cada caso. En ocasións chegará cunha referencia por parágrafo, noutras non. Depende sempre do propio uso que se faga das fontes e do que se afirme en cada caso, sempre hai temas máis cuestionables ou susceptibles de selo que outros. A existencia de referencias non da sensación de desconfianza, precisamente o que fai e facer que o que se di está basado en fontes verificables e fiables e non é investigación orixinal nin invención propia. Se ti analizas formalmente un movemento dunha sinfonía estás facendo unha investigación orixinal, non todos os lectores son estudantes de música con coñecementos suficientes para saber que o que estás a indicar por propia experiencia e sen basealo nunha fonte é totalmente certo (aínda que así sexa), mentres que se o fas en base a unha fonte externa achegas que esa información non é unha elaboración 100% propia dun usuario ou grupo de usuarios dunha wiki, senón baseada nun estudo/publicación/fonte externa que (idealmente) ten a consideración pública de ter coñecementos na materia tratada. Isto só achega verificabilidade, veracidade e confianza ó lector, nunca ó contrario. Se indicas un análise feito por unha fonte fiable dese mesmo movemento tomando como referencia unha fonte fiable e indicándo dita referencia estás a validar que ese análise é correcto, e está feito por unha persoa/entidade con coñecementos do tema. Os coñecementos propios serven para avaliar as fontes e decidir cales empregar, pero non se pode caer na investigación orixinal, de aí o reforzo cara WP:V e WP:CITA no texto proposto. ☣Banjo tell me 18 de marzo de 2016 ás 11:49 (UTC)[responder]
- Eu entendo que con esta redacción non se engaden máis requisitos dos que xa había, simplemente o que se fai é ampliar a redacción e poñer ligazóns ás políticas de verificabilidade e asociadas. É bo que iso se teña en conta, a información que hai nos artigos debe ser verificable, e máis nos de calidade, pero o cambio na redacción non ten por que cambiar a escolla de artigos de calidade como se viña facendo ata o de agora.
- A cantidade de referencias dun artigo de calidade ten que ser alta, precisamente para que se poida comprobar esa calidade, pero isto tampouco quere dicir que sexa obrigatorio engadir unha referencia a cada parágrafo. Non é así Banjo? Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de marzo de 2016 ás 14:26 (UTC)[responder]
┌────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────┘ Mentres que a verificabilidade marca cando engadir as referencias, a integridade entre a fonte e o texto marca onde engadilas. Un artigo completo que vaia ser de calidade tomará información dun número considerable de fontes, e será demasiado extenso como para apoiarse só en referencias xerais. Para manter a integridade e a verificabilidade moitas veces isto significa que cada parágrafo debe levar unha referencia, aínda que sexa reutilizada. Noutras ocasións varias frases dun mesmo parágrafo terán que levar a súa propia referencia. Depende sempre caso por caso da propia redacción, dos contidos do artigo e de como se faga uso das fontes. ☣Banjo tell me 22 de marzo de 2016 ás 15:01 (UTC)[responder]
- Xa, pero iso xa se derivaba da anterior redacción, agora non se engade nada novo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de marzo de 2016 ás 22:55 (UTC)[responder]
- Si, no fondo é o mesmo que xa había na redacción anterior pero revisado e ampliado, incidindo neses puntos e aclarando outros. ☣Banjo tell me 22 de marzo de 2016 ás 23:07 (UTC)[responder]