Wikipedia:Efemérides destacadas/1 de maio
Aparencia
- 1834, queda abolida a escravitude no Imperio Británico.
- 1886, folga xeral nos Estados Unidos coa manifestación nas rúas de Chicago esixindo 8 horas de traballo semanais. Os acontecementos posteriores motivaron a creación do Día do Traballo nesta data na maioría dos países industrializados.
- 1945, durante a Segunda Guerra Mundial, as tropas soviéticas izan a súa bandeira no Reichstag de Berlín (Alemaña).
- 2004, a Unión Europea incorpora 10 novos países: Chequia, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Malta e Polonia.
- 2006, o presidente boliviano Evo Morales nacionaliza os hidrocarburos.
Hoxe é o Día Internacional dos Traballadores (na imaxe).