Venancio Gavín Gallo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Santa Marta de Meilán, España |
Morte | século XX |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Venancio Gavín Gallo, nado en Santa Marta de Meilán (Riotorto), foi un agrarista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no Seminario de Mondoñedo até 1907, cando marchou estudar a Lugo. En 1906, xunto cos irmáns Santomé Santamarina e de Eduardo Blanco organizou a Sociedad de Labradores y Agricultores de Riotorto e sacou á luz o seu voceiro El Agricultor do que foi redactor. Este grupo agrario sumouse a Solidaridad Gallega, e Gavín Gallo representou á sociedade de Riotorto na I Asemblea Agraria de Galicia, onde presidiu a súa primeira mesa e asinou as conclusións. Tamén asistiu á II Asemblea Agraria de Galicia con Severiano Aguiar Moirón, na que propuxo a Portela Valladares como presidente honorario e interveu a favor de Acción Gallega na IV Asemblea Agraria de Galicia. Deulle á Sociedad de Labradores y Agricultores unha orientación gandeira e participou na constitución da Federación Agropecuaria del Norte Galaico, unindo varias parroquias dos concellos da A Pontenova, A Pastoriza e Meira. Dende abril de 1910 estivo á fronte das oficinas da Federación en Lugo. Na política municipal de Riotorto obtivo o seu primeiro triunfo electoral nas eleccións municipais de 1909 e foi nomeado Xuíz municipal ese ano. Foi nomeado notario eclesiástico de Mondoñedo en decembro de 1912[1]. Tamén colaborou en Mondoñedo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de la Verdad, 30-12-1912, p. 3
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández Salgado, Benigno (2007). Sociedade Anónima Xestión do Plan Xacobeo, ed. “El Agricultor: agrarismo solidario e rexionalismo lingüístico” en El Agricultor. Edición Facsimilar. Santiago de Compostela. pp. 7–166.
- Durán, José Antonio. "Gavín Gallo, Venancio" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.